mércores, 31 de outubro de 2012
luns, 29 de outubro de 2012
Samaín 2012
Samaín... xa está aquí.
Mañá, martes e o mércores, o instituto estará cheo de trasnos,osos, cabazas, músicas de ultratumba , sonidos terroríficos, libros que fan tremer e...medo. MOITO MEDO.
A semana que ven, veredes imaxes .
Graciñas aos colabodadores. O que podedes ver, escoitar e... sufrir é traballo de moita xente.
martes, 23 de outubro de 2012
domingo, 21 de outubro de 2012
martes, 9 de outubro de 2012
Novidades para o outono 2012
Xa temos na biblioteca esas novidades que ao comezar o curso vos prometeramos.
Aquí deixámosvos un pequeno adianto, pero chegarán máis.
Vide a buscalas rápido que voan do estante!!!!!!
martes, 18 de setembro de 2012
Benvida
Como todos os anos, en setembro, comezamos un novo curso cheos de ilusións e proxectos que queremos compartir convosco.
O equipo de Biblioteca deséxavos un feliz comezo de curso e esperamos a vosa visita con impaciencia.
Teremos moitas novidades!!
O equipo de Biblioteca deséxavos un feliz comezo de curso e esperamos a vosa visita con impaciencia.
Teremos moitas novidades!!
mércores, 12 de setembro de 2012
Marabillosa curtametraxe
Navegando por a rede atopei esta marabillosa curtametraxe que conta a historia dun zapato boneca.
Disfrutade dela. Merece a pena
martes, 3 de xullo de 2012
sábado, 23 de xuño de 2012
Os máis emprestados
xoves, 21 de xuño de 2012
mércores, 20 de xuño de 2012
Emili Teixidor. Tot un amic
Foise Emili Teixidor. O escritor que ademais de múltiples historias de ficción (como Pa negre, que dou lugar á premiada película) escribiu ese libro de referencia para os mediadores, La lectura y la vida. Cómo incitar a los niños y adolescentes a la lectura: una guía para padres y maestros, e o artigo "Estrategias del deseo o trucos para leer" publicado no suplemento Culturas do diario La Vanguardia, que resultou ganador do VI Premio Xornalístico da Fundación Germán Sánchez Ruipérez no 2005 sobre lectura.
Emili Teixidor acompañaranos nunha das actividades de formación de bibliotecas escolares. As súas palabras resultaron sabias e poderosas, igual que a súa presenza.
Hai unhas semanas volveunos acompañar, neste caso a través do libro citado que formaba parte dos materiais entregados ao profesorado participante na V Xornada dos Clubs realizada o 9 de xuño no Palacio de Congresos. Así de forte é o vínculo que nos unía e nos une a alguén que tanto dixo e escribiu sobre eses temas que tanto nos interesan. Un bo momento para volver ás súas obras, para seguir os seus consellos...
--
Publicado por Asesoría Bibliotecas Escolares para Rede Lectura el 6/20/2012
Emili Teixidor acompañaranos nunha das actividades de formación de bibliotecas escolares. As súas palabras resultaron sabias e poderosas, igual que a súa presenza.
Hai unhas semanas volveunos acompañar, neste caso a través do libro citado que formaba parte dos materiais entregados ao profesorado participante na V Xornada dos Clubs realizada o 9 de xuño no Palacio de Congresos. Así de forte é o vínculo que nos unía e nos une a alguén que tanto dixo e escribiu sobre eses temas que tanto nos interesan. Un bo momento para volver ás súas obras, para seguir os seus consellos...
--
Publicado por Asesoría Bibliotecas Escolares para Rede Lectura el 6/20/2012
sábado, 16 de xuño de 2012
Cursos de verán en "O garaxe hermético"
venres, 15 de xuño de 2012
Fomentando a lectura en Forcarei
Fantástico vídeo sobre "fomento da lectura", feito no IES Chano Piñeiro de Forcarei. Graciñas a Anxo e a Gracia por facer cousas tan bonitas e sentidas. Noraboa.
Un traballo sobre a Constitución
Antes de rematar o curso non queremos terminar sen mostrar o traballo que fixeron os alumnos de 3º Diversificación co gallo do Día da Constitución. Estivo en paneis pero agora o tedes en formato libro. Tarde pero seguro
Etiquetas:
Conmemoracións,
traballos feitos polos alumnos
xoves, 14 de xuño de 2012
Eurocopa II
En cada país, tedes o enlace do traballo que fixeron os alumnos e alumnas de 3º D, sobre os participantes na Eurocopa. É unha labor ben feita e querémola mostrar:
Alemania, República Checa, Croacia, Dinamarca, España,Francia, Grecia, Holanda, Inglaterra, Irlanda, Italia, Polonia,Portugal,Suecia, Ucrania.
Bo traballo, e noraboa para Nerea, Iago, Elena, Beatriz, Christian e Alberto. Os mellores.
Etiquetas:
cultura,
fútbol,
países,
traballos feitos polos alumnos
mércores, 13 de xuño de 2012
Xa están aquí!
Xa están aquí!, algúns agardabádelos con impaciencia...
Pasen e vexan! Ide elixindo os que vos gusten que son todos para vós.
Boas lecturas!
Traballo interdisciplinar
Os alumnos de 3º ESO D, dirixidos polo profesor do Ámbito Socio-lingüístico Pedro Iturburua e o de EPV Manuel Couso, elaboraron este traballo no que nos poñen ao día de todo o que está a acontecer na Eurocopa 2012.
Grazas a eles decatámonos dun montón de información sobre os diferentes países participantes, pois quixeron compartilo con todo o Instituto colocando no "hall" estes paneis resultado de toda a información que foron recollendo.
Bo traballo mozos! e....
Bo traballo "profes"!
Estatísticas de préstamo neste curso
Estamos a piques de rematar o curso. É un bo momento para coñecer os préstamos que fixemos este ano na Biblioteca. Aquí tedes as estatísticas deste ano cun moi breve comentario do que consideramos máis interesante delas.
Bo verano cheo de historias.
venres, 8 de xuño de 2012
Libros frescos para o verán
Estes libros estarán na Biblioteca para préstamo a partir do día 20 de xuño. Anímate!!!
martes, 5 de xuño de 2012
Libros para o verán
Este ano tamén nos gustaría moito que aproveitases as vacacións para ler, por iso queremos facerche un
"Préstamo especial verán"
Só tes que pasar por a biblioteca e elixir aqueles libros que terías querido ler durante o curso e non puideches, as vacacións son estupendas para facelo.
Pásate nas datas indicadas a recollelo.
Tamén haberá novidades
O equipo de Biblioteca
venres, 25 de maio de 2012
Exposición do traxe galego e visita de Iria Morgade á Biblioteca
Mirade que ben resultou o encontro coa escritora Iria Morgade, a Biblio estaba moi animada, todos mostrastes moito interese polo que nos contou e inda máis por recibir os premios que, moi merecidamente, gañastes no concurso de Narrativa e na Olimpiada.
Como podedes observar, a "Biblio" vestiuse para a ocasión, grazas a xenerosa cesión do secretario da Asociación do traxe Galego duns marabillosos traxes galegos. Moitos de vos, orientados polo voso profe de Debuxo Manuel Martí, non so poidestes admiralos senon que tamén os debuxastes.
Parabéns para todos, e novamente moitas grazas a Iria por compartir con nos uns momentos moi agradables.
Xa sabedes, o ano que ben máis!!!
Seguimos querendo engadir máis nomes vosos nos murais da Biblioteca, inda quedan moitos libros a espera de Título e Autor.
mércores, 16 de maio de 2012
II Certame de Narrativa "Mª Victoria Moreno"
Non se pode mostrar o resumo. No seu lugar, podes
ver a publicación.
And the winners are!
IV OLIMPIADA DO SABER
Gañadores do primeiro ciclo
LA FAROLA (36 puntos)
-Antía Ares 2º ESO A
-Antía López 2º ESO C
-Lucía Martínez 2º ESO C
-Kidist Rios 2º ESO C
Gañadores do segundo Ciclo
TRAFICANTES DEL SABER ( 37 puntos)
-Antonio Rodríguez 4º ESO B
-Manuel García 4º ESO B
-Juan Manuel Araujo 4º ESO B
Segundos clasificados "ex aequo"
Primeiro ciclo
LOS SINNOMBRE
-Adrián Pereiro 1º ESO C
-Xavier Lima 1º ESO C
-Laura Bravo 1º ESO C
-Adrián Arzúa 1º ESO C
HOLMES
-Julien Cortegoso 2º ESO A
-Gabriel Gestido 2º ESO A
-Héctor Gestido 2º ESO A
-Fikremariam Mendoza 2º ESO C
Segundos clasificados "ex aequo"
Segundo ciclo
A CABEZA NON PARA
-Noelia Riveiro 3º ESO A
-Maite Cachafeiro 3º ESO A
-Lucía Souto 3º ESO A
-Aldara Otero 3º ESO A
LOS TELETUBIES
-Enrique Dios 4º ESO C
-Cristian Flores 4º ESO C
-Jaime Rodríguez 4º ESO C
PARABÉNS A TOD@S!!!!!!
Iria Morgade visita a nosa Biblioteca
Hoxe, a nosa exalumna, Iria Morgade, honrounos coa súa presenza na Biblioteca.
Ante un público composto por profesores e alumnos do Centro presentounos a súa novela "Verbas no ar", recordou como foi o seu paso polo Instituto e como, estimulada por algúns dos seus profesores, comezou a presentarse a diferentes concursos literarios, logo falounos do premio do que foi gañadora.
Tamén explicou a todos os presentes os pasos que seguiu ata chegar á publicación, desta, a súa primeira novela.
Os alumnos estiveron moi interesados, facéndolle numerosas preguntas ao respecto, ás que ela contestou con cariño e os animou a que sigan interesados pola literatura tanto lendo coma escribindo.
Abusando da súa amabilidade fíxonos de madriña entregando os premios aos gañadores do II certame de Relatos "Mª Victoria Moreno" e da IV Olimpíada Cultural organizados ambos os dous polo equipo de Biblioteca en colaboración co EDLG.
Resultou un acto moi entrañable.
Grazas, Iria, por este agasallo que nos fixeches hoxe e.... Xa sabes, este segue sendo o teu Insti.
Etiquetas:
actividades,
Animación a lectura,
Concursos
xoves, 10 de maio de 2012
mércores, 9 de maio de 2012
Abril-Maio con libros
Mirade que repleta está nestes días a biblioteca.
Non fai case nada que estabamos coa novela negra e xa cambiamos.
Dende hai uns días Rosalía e Paz Andrade están connosco.
Estes meses de Abril e Maio son para nós dunha febril actividade, mirade se non
O día 16 visitaranos unha exalumna, Iria Morgade, presentaranos a súa primeira novela, fará entrega dos premios aos gañadores da IV olimpíada do saber e aos gañadores do segundo certame de narrativa Mª Victoria Moreno.
Tamén teremos unha interesantísima exposición do "Traxe galego"
Ánimo!!! Pasa pola Biblioteca!!!
Hai moito que ver!!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)


















