martes, 21 de setembro de 2010

Benvida

Un novo curso acaba de comenzar, e coma sempre o equipo de BIBLIOTECA do "INSTI" deséxavos a todos, en especial aos que chegades por primeira vez ao noso Centro, que tiverades unha moi boa entrada, e xa sabedes 

 ¡¡¡¡¡¡ Esperamos as vosas visitas!!!!!!.

Temos moitas cousas para vos emprestar, non so os libros de lectura obrigada, tamén hai pelis, novidades de lectura xuvenil.......

Xa sabedes aquí estaremos para vos axudar en todo canto precisedes, so tedes que  pedir e trataremos de vos complacer en todo o que nos sexa posible.
¡¡¡¡Bo comenzo de curso para todas e todos!!!!!

xoves, 16 de setembro de 2010

Agatha Christie estaría de cumpreanos

 É a creadora de "Hércules Poirot", un detective retirado que sempre ten gran cantidade de traballo, e sempre busca resolver misterios que lle atraian pola súa complexidade intelectual e "Miss Marple" unha anciá solterona e solitaria, pero optimista e a pesar da súa idade, idealista , que axuda a descubrir moitos casos imposibles ata para os máis importantes inspectores de Scotland Yard.
As súas novelas policíacas foron levadas en numerosas ocasións ao cine.
 PODES LER ALGUNHA DAS SÚAS NOVELAS, na BIBLIO temos varias,
QUE MELLOR FORMA DE COMENZAR O CURSO QUE LENDO!!!!!!!!!!