martes, 26 de marzo de 2013

Visitamos o Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra


XIV Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra from Biblioteca Torrente Ballester on Vimeo.





O xoves 21 de marzo fomos ao SALÓN DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL de Pontevedra, este áno dedicado ás máquinas: A TODA MÁQUINA.
Alí vimos os traballos presentados polos centros de ensino de Pontevedra, unha exposición sobre Marilar Aleixandre e unha serie de inventos ao longo da historia que lle debemos a persoas como Leonardo da Vinci.
Ademais, Kiko da Silva falounos do seu Garaxe Hermético, unha escola galega de ilustración, creada por el, para formar nesta profesión, ata o de agora autodidacta, dado que non se imparte na docencia universitaria por non considerar o cómic unha arte. Tamén nos amosou algunhas das súas bandas deseñadas e explicounos o laborioso proceso de transformar as ideas en imaxes e palabras.
Foi moi interesante.

venres, 8 de marzo de 2013

8 de Marzo

Un 8 de marzo de 1857, un grupo de obreiras téxtiles tomou a decisión de saír ás rúas de Nova York a protestar polas míseras condicións nas que traballaban.

Distintos movementos sucedéronse a partir desa data. O 5 de marzo de 1908, Nova York foi escenario de novo dunha folga polémica para aqueles tempos. Un grupo de mulleres reclamaba a igualdade salarial, a diminución da xornada laboral a 10 horas e un tempo para poder dar de mamar os seus fillos. Durante esa folga, pereceron máis dun centenar de mulleres queimadas nunha fábrica de Sirtwoot Cotton, nun incendio que se atribuíu ao dono da fábrica como resposta á folga.

En 1910, durante a Segunda Conferencia Internacional de Mulleres Traballadoras celebrada en Copenhaguen (Dinamarca) máis de 100 mulleres aprobaron declarar o 8 de marzo como Día Internacional da Muller Traballadora.

Actualmente, celébrase como o Día Internacional da Muller.