martes, 31 de xaneiro de 2012

Concurso logotipo ANPA

                


                 Concurso para o deseño  dun
                 logotipo para a ANPA El Pino


O IES Gonzalo Torrente Ballester e a Asociación de Nais e Pais de Alumnos (ANPA)
El Pino convocan un concurso que ten como obxecto deseñar un logotipo que será
utilizado pola ANPA.
  O certame rexerase polas seguintes bases:


1. Haberá un único premio para o mellor logotipo que será sufragado pola ANPA.

2. Poderá participar calquera alumno do instituto.


3. O logotipo debe conter ou incluír obrigatoriamente a inscrición “ANPA El Pino”
e debe gardar algunha relación coa asociación ou co seu nome.


4. A imaxe elaborada será de técnica e estilo libres, e poderase presentar en formato
dixital ou en papel.


5. Os logotipos deberanse entregar na Vicedirección do instituto, sendo o último
día para facelo o vindeiro 13 de febreiro.


6. O xurado estará formado por profesores do instituto e membros da ANPA, e
terá en conta os seguintes criterios:
.- a orixinalidade do deseño;
.- a súa calidade;
.- a súa adecuación ó nome da asociación e ó obxecto desta convocatoria.


7. O persoa gañadora do concurso acepta ceder á ANPA El Pino os dereitos de uso
do logotipo deseñado.


                                                                                       A Vicedirección
                                                                       Pontevedra, 17 de xaneiro de 2012

venres, 6 de xaneiro de 2012

Un sentido adeus

No día de onte deixounos aos 91 anos de idade un insigne galego, pero...
"Díaz Pardo non morreu, porque a súa obra está en todas as esquinas de Galicia, nas tendas que hai por todo o mundo de Sargadelos, no Parlamento, coa vidreira que preside o hemiciclo, na Biblioteca de Galicia, nos nosos xenes, na nosa forma de enfocar a vida," segundo as palabras  do presidente galego, que destacou a modestia , a coherencia e a amabilidade de Díaz Pardo.
Manolo Rivas di lembrando a Isaac
Era tan pouco egoista, ou sexa, ególatra, que iso fai que un o vexa como alguén especialmente grande. Mesmo fisicamente era un home miúdo, que ás veces só comía unha mazá e un café expresso. Iso faicho ver como un Gulliver, un pequeno grande home que en moitas ocasións tivo que verllas cos liliputianos.
Foi un home do Renacemento que constrúe en Galicia a utopía da Bauhaus. Un pioneiro no ambiental, pois Sargadelos está construído con criterios de aforro enerxético. No campo da memoria, malia que era amable de trato, mostrouse irredutible (...) Era o último reduto".