venres, 6 de xaneiro de 2012

Un sentido adeus

No día de onte deixounos aos 91 anos de idade un insigne galego, pero...
"Díaz Pardo non morreu, porque a súa obra está en todas as esquinas de Galicia, nas tendas que hai por todo o mundo de Sargadelos, no Parlamento, coa vidreira que preside o hemiciclo, na Biblioteca de Galicia, nos nosos xenes, na nosa forma de enfocar a vida," segundo as palabras  do presidente galego, que destacou a modestia , a coherencia e a amabilidade de Díaz Pardo.
Manolo Rivas di lembrando a Isaac
Era tan pouco egoista, ou sexa, ególatra, que iso fai que un o vexa como alguén especialmente grande. Mesmo fisicamente era un home miúdo, que ás veces só comía unha mazá e un café expresso. Iso faicho ver como un Gulliver, un pequeno grande home que en moitas ocasións tivo que verllas cos liliputianos.
Foi un home do Renacemento que constrúe en Galicia a utopía da Bauhaus. Un pioneiro no ambiental, pois Sargadelos está construído con criterios de aforro enerxético. No campo da memoria, malia que era amable de trato, mostrouse irredutible (...) Era o último reduto".

Ningún comentario: