xoves, 17 de decembro de 2009

martes, 15 de decembro de 2009

Nadal con libros

Aquí tedes algunhas novidades para o Nadal. Esperemos que as disfrutedes.


sábado, 12 de decembro de 2009

Novo Académico

Manuel Rivas,xornalista, novelista, ensaísta e poeta coruñés, autor entre outras de "Un millón de vacas" , "O lapis do carpinteiro" ou "¿Que me queres, amor?" é, dende hoxe, Académico de Número da Real Academia Galega.
            Parabéns !!!!
Neste enlace poderás ver os libros que temos do autor na "BIBLIO"

xoves, 10 de decembro de 2009

sábado, 21 de novembro de 2009

DÍA UNIVERAL DO NENO



O 20 de novembro conmemórase a data en que a Asemblea Xeral das Nacións Unidas aprobou a Declaración sobre os Dereitos do Neno en 1959 e a Convención sobre os Dereitos do Neno en 1989.

Pasaron  anos pero..........

Fíxate nestes datos extraídos da páxina que publica Mans Unidas

Un de cada catro nenos nas rexións en desenvolvemento está malnutrido.
Máis de 72 millóns de nenos non van á escola. O 54% son nenas.
Cada ano morren no mundo 9 millóns de nenos menores de 5 anos por causas prevenibles e tratables.
Máis de 4.000 menores de cinco anos morren ao día pola falta de auga potable.
No mundo hai máis de 15 millóns de orfos pola SIDA.
A maioría dos falecidos por paludismo son nenos subsaharianos menores de cinco anos.
Hai máis de 2 millóns de nenos envolvidos en redes de prostitución infantil.
Máis de 215 millóns de nenos pasan a súa infancia traballando.

Algo segue fallando............ e non son os nenos!!!!!!

mércores, 11 de novembro de 2009

Regáloche un conto

Que mellor regalo que un conto, que mellor regalo que un libro e que mellor agasallo para dicir tantas cousas que este libro.
Jorge Gonzalvo regálanos este conto e Cecilia Varela pon imaxes a este bonito agasallo



Mdremei, moitas grazas por permitirnos compartir esta fermosa presentación

luns, 9 de novembro de 2009

Novas na biblioteca




Todos estes libros veñen de aterrar na nosa BIBLIOTECA, están esperando por ti para que os liberes dos andéis onde están prisioneiros

xoves, 5 de novembro de 2009

Finou o último representante da Xeración do 27



Aos 103 anos finou en Madrid o escritor Francisco Ayala , último representante da Xeración do 27.
Este académico foi galardoado co "Premio  Nacional de Narrativa " co "Premio Nacional das Letras Españolas" , co "Cervantes" , co "Príncipe de Asturias" e mesmo foi proposto en dúas ocasións para o premio "Nobel".
O noso adeus a este escritor, filósofo e siciólogo español.

mércores, 4 de novembro de 2009

Xoga cos libros

Que che parece se xogamos con algúns libros coñecidos?
Podes obter información das portadas, tamén buscando na biblioteca

venres, 23 de outubro de 2009

Astérix e Obélix

xoves, 22 de outubro de 2009

ANIVERSARIO




Hoxe, xoves 22 de outubro, cúmprense  os 50 anos da saída á venda do primeiro libro de Astérix e Obélix. Para celebralo,  nas librerías de todo o mundo ponse a venda
"O aniversario de Astérix e Obélix. O libro de ouro", onde os nosos heroes, xa xubilados, cóntanlles aos seus netos as súas batallas contra os romanos.


"Estamos no ano 50 antes de Xesucristo. Toda a Galia está ocupada polos romanos? Toda? Non! Unha aldea poboada por irredutibles galos resiste aínda e sempre ao invasor..."
Así comezan tódalas aventuras de Astérix e Obélix, dous galos froito da imaxinación e o enxeño de Albert Uderzo e Rene Goscinny que fixeron ,e fan ,as ledicias de varias xeracións de lectores de libros de banda deseñada.
                  Bo aniversario Astérix!    Bo aniversario Obélix!

Na BIBLIOTECA podes encontrar varios libros destes dous famosos "Galos" e mesmo en diferentes idiomas.

venres, 16 de outubro de 2009

ÁGORA


Esta película de Alejandro Amenábar está baseada na vida dunha muller adiantada ao seu tempo.

HYPATIA DE ALEXANDRÍA (370-415)

Filósofa, astrónoma e matemática grega, nacida e morta en Alexandría. É a primeira muller da que se ten noticia que dedicou a súa vida ás matemáticas. A súa morte no ano 415 a mans de cristiáns fanáticos marcou o ocaso da escola de Alexandría que iniciou as súas actividades con Euclides (300 a.C) e continuou con grandes matemáticos como Arquímedes, Apolonio ou Pappo. A obra de Hypatia centrouse nos comentarios sobre as obras dos matemáticos anteriormente citados e en traballos orixinais sobre curvas cónicas. Hypatia foi a última lumbrera da Biblioteca de Alexandría e o seu martirio estivo moi ligado á destrución da mesma.

Anímovos a  vela, estase a proxectar nestes días na nosa cidade, de seguro que vos vai gustar.

XA ESTÁ NA BIBLIOTECA


Non sabe como se chama. Non sabe onde está. Só sabe que acaba de espertarse, que está sentada nun banco en metade dun parque destartalado. Pero non sabe nin de que cidade, nin como chegou ata alí.
As súas pertenzas son escasas: un caderno de notas, un boli e un tirachinas "tuneado". E nada disto parece darlle pistas sobre quen é e que está facendo nese sitio tan inhóspito. Así que decide comezar a apuntalo todo e darse un paseo pola cidade.

Definitivamente, non sabe que a espera un misterio aínda maior que o da súa propia amnesia .

Se queres descubrir o misterio, xa sabes pásate pola Biblioteca e ...........Pídeo

FÍCHA BIBLIOGRÁFICA
TÍTULO: Emily the Strange. Los días Perdidos
AUTOR:  REGER, Rob
EDITORIAL. S.M.

mércores, 14 de outubro de 2009

E de que irá isto?











O Concello de Pontevedra   ven de anunciar o concurso
E DE QUE IRÁ ISTO?

Dende a Biblioteca animámoste a participar pois terás a posibilidade de gañar moitos premios.
Se o queres facer tes un enlace  dende aquí mesmo, so clica
  
 http://www.edequeiraisto.com/  e........

  A CONCURSAR.....!  ÁNIMO!   e ,  MOITA SORTE!

venres, 18 de setembro de 2009

BENVID@S A TOD@S


Comeza un novo curso e a biblioteca quere darvos a benvida a tod@s, pero en especial aos que chegades por primeira vez ao noso centro.Esperamos que vos encontredes entre nós como na vosa casa e que nos veñades visitar con frecuencia, ¡con moiiiiiitaaaaa..... frecuencia!

Agardámosvos con impaciencia, aos de sempre e aos nov@s.
¡Vémonos logo!

martes, 19 de maio de 2009

presentación de libro

Onte, presentouse no Salón de actos do IES, ún libro póstumo da escritora e profesora deste centro, Mª Victora Moreno: "Onde o aire non era brisa"
Aquí tedes uns momentos do acto.
 
Posted by Picasa

luns, 18 de maio de 2009

A voz de Benedetti

Finou Mario Benedetti


Yo no te pido

Yo no te pido que me bajes
una estrella azul
solo te pido que mi espacio
llenes con tu luz.

Yo no te pido que me firmes
diez papeles grises para amar
sólo te pido que tu quieras
las palomas que suelo mirar.

De lo pasado no lo voy a negar
el futuro algún día llegara
y del presente
que le importa a la gente
si es que siempre van a hablar.

Sigue llenando este minuto
de razones para respirar
no me complazcas no te niegues
no hables por hablar.

Yo no te pido que me bajes
una estrella azul
solo te pido que mi espacio
llenes con tu luz.

venres, 15 de maio de 2009

17 de Maio "Día das Letras Galegas"




No ano 1963 a Real Academia Galega instituíu esta celebración para homenaxear a aquelas persoas que se destacaron pola defensa do idioma ,da cultura galega ou polo seu labor literario na nosa lingua.

Ese día foi elixido porque un 17 de maio de 1863 saíu do prelo o primeiro exemplar da obra "Cantares Gallegos " de Rosalía de Castro.

Dende entón, cada ano, elíxese unha persoa diferente coa condición de que teñen que pasar 10 anos dende o seu pasamento.

Este ano o Día das Letras Galegas está adicado a RAMÓN PIÑEIRO LÓPEZ

Esta biblioteca únese ao Departamento de Lingua e Literatura Galega e ao de Normalización Lingüística do Centro na celebración desta data amosándovos algúns libros relacionados co persoeiro ao que adicamos este ano e convidámoste a reflexionar cunhas verbas de Ramón Piñeiro.

"Para que unha comunidade humana teña categoría de pobo, para que teña unidade íntima e transcendente, ha de ter unha alma de seu. E un poblo ten alma de seu cando posúe idioma , cando fala nunha lingua propia, que tal é o que significa a palabra idioma. A lingua vén a ser a alma viva do pobo que a fala, vén a ser a súa comunidade esencial."

mércores, 6 de maio de 2009

And the winners are......


Rematada xa a olimpiada aquí van os gañadores:

SEGUNDO CICLO de ESO
Con 25 puntos o equipo "ANÓNIMOS" formado por:
Adriana Acuña, Rosa Alegre, Ángel García e Raquel Pérez, todos eles alumnos de 4ºB

PRIMEIRO CICLO de ESO
Con 17 puntos o equipo "RATOS DE BIBLIOTECA" formado por:Román Filgueira, Andrés Garrido e Rubén Gómez , alumnos de 2ºB

Con 13 puntos "ex aequo" os equipos "LINKING PARK" formado por: José Carlos Dorado, Joaquín Medrano e Andrea Salgado de 1ºA e "AS TRES" formado por: Cintia Cabada, Clara Díaz e Alicia Pérez alumnas de 1ºA e C

Parabéns a todas e todos

venres, 1 de maio de 2009

"Olimpiada 2009"


¡Que dúas semanas! Todo un bulicio de nenas e nenos na biblioteca, un entrar e saír.......
Onde están os refraneiros? E os libros de adivinanzas, onde os encontro ?
Pásasme a Enciclopedia? Cal será o resultado de sumar os 100 primeiros números naturais?
Que prezado tesouro compartirán Maquiavelo e Eustaquio que non teñen.....?
¡Esta si que é gorda! Un rei e unha raíña, nun palacio, montados en cadanseu caracol xigante.
¡Nós sabémolo! ¡Mira cantos puntos temos xa!
Isto e moito máis, oíase por todo o Instituto mentres durou a Olimpíada.
Chegamos ao final, uns equipos conseguistes moitos puntos, outros menos; pero, todos gañastes porque traballastes en equipo ; tivestes que agudizar o voso enxeño para resolver as preguntas que cada mañá aparecían na entrada da "Biblio" e sobre todo ,divertístesvos.
¡Ben por todos vós! Esperámosvos na Olimpíada do ano próximo e, ata entón, seguímosvos agardando na "VOSA" BIBLIOTECA

xoves, 30 de abril de 2009

Nova Novela de Domingo Villar



"Nunha praia de Panxón, na ría de Vigo, aparece o cadáver dun mariñeiro coas mans atadas cunha brida de plástico..."

Así é o argumento da nova novela de Domingo Villar: " A praia dos afogados". Gustouche "OLLOS DE AUGA"? Agora tés a segunda historia do inspector Leo Caldas.

martes, 28 de abril de 2009

Libro electrónico para ciegos

Sergio Trujillo acaba de inventar fai pouco tempo un libro electrónico para invidentes. De nome Braille Book o Bbook.
O Braille Book conta con Bluetooth para o intercambio de información entre arquivos e revistas electrónicas. Ven con botones para mover o texto e pasar páxinas. Tamén podese empregar en diferentes sistemas operativos como Windows, Mac y Linux.


OLIMPIADA CULTURAL


Por segundo ano consecutivo estase a celebrar na nosa biblioteca "A OLIMPIADA DO SABER".
Este ano fixémola coincidir coa IV QUINCENA DA CULTURA CIENTÍFICA E TECNOLÓXICA, por iso, as preguntas do DÍA a DÍA son de enxeño.
Os trece equipos, formados por alumnas e alumnos do primeiro e segundo ciclo da ESO, están a competir bravamente, como non podía ser menos.
¡Ánimo! e ¡Boa sorte!

luns, 27 de abril de 2009

Queres un? Ven e pídeo