venres, 15 de maio de 2009

17 de Maio "Día das Letras Galegas"




No ano 1963 a Real Academia Galega instituíu esta celebración para homenaxear a aquelas persoas que se destacaron pola defensa do idioma ,da cultura galega ou polo seu labor literario na nosa lingua.

Ese día foi elixido porque un 17 de maio de 1863 saíu do prelo o primeiro exemplar da obra "Cantares Gallegos " de Rosalía de Castro.

Dende entón, cada ano, elíxese unha persoa diferente coa condición de que teñen que pasar 10 anos dende o seu pasamento.

Este ano o Día das Letras Galegas está adicado a RAMÓN PIÑEIRO LÓPEZ

Esta biblioteca únese ao Departamento de Lingua e Literatura Galega e ao de Normalización Lingüística do Centro na celebración desta data amosándovos algúns libros relacionados co persoeiro ao que adicamos este ano e convidámoste a reflexionar cunhas verbas de Ramón Piñeiro.

"Para que unha comunidade humana teña categoría de pobo, para que teña unidade íntima e transcendente, ha de ter unha alma de seu. E un poblo ten alma de seu cando posúe idioma , cando fala nunha lingua propia, que tal é o que significa a palabra idioma. A lingua vén a ser a alma viva do pobo que a fala, vén a ser a súa comunidade esencial."

Ningún comentario: