venres, 23 de outubro de 2009
xoves, 22 de outubro de 2009
ANIVERSARIO
Hoxe, xoves 22 de outubro, cúmprense os 50 anos da saída á venda do primeiro libro de Astérix e Obélix. Para celebralo, nas librerías de todo o mundo ponse a venda
"O aniversario de Astérix e Obélix. O libro de ouro", onde os nosos heroes, xa xubilados, cóntanlles aos seus netos as súas batallas contra os romanos.
"Estamos no ano 50 antes de Xesucristo. Toda a Galia está ocupada polos romanos? Toda? Non! Unha aldea poboada por irredutibles galos resiste aínda e sempre ao invasor..."
Así comezan tódalas aventuras de Astérix e Obélix, dous galos froito da imaxinación e o enxeño de Albert Uderzo e Rene Goscinny que fixeron ,e fan ,as ledicias de varias xeracións de lectores de libros de banda deseñada.

Bo aniversario Astérix! Bo aniversario Obélix!
Na BIBLIOTECA podes encontrar varios libros destes dous famosos "Galos" e mesmo en diferentes idiomas.
Na BIBLIOTECA podes encontrar varios libros destes dous famosos "Galos" e mesmo en diferentes idiomas.
venres, 16 de outubro de 2009
ÁGORA
Esta película de Alejandro Amenábar está baseada na vida dunha muller adiantada ao seu tempo.
HYPATIA DE ALEXANDRÍA (370-415)
Filósofa, astrónoma e matemática grega, nacida e morta en Alexandría. É a primeira muller da que se ten noticia que dedicou a súa vida ás matemáticas. A súa morte no ano 415 a mans de cristiáns fanáticos marcou o ocaso da escola de Alexandría que iniciou as súas actividades con Euclides (300 a.C) e continuou con grandes matemáticos como Arquímedes, Apolonio ou Pappo. A obra de Hypatia centrouse nos comentarios sobre as obras dos matemáticos anteriormente citados e en traballos orixinais sobre curvas cónicas. Hypatia foi a última lumbrera da Biblioteca de Alexandría e o seu martirio estivo moi ligado á destrución da mesma.
Anímovos a vela, estase a proxectar nestes días na nosa cidade, de seguro que vos vai gustar.
XA ESTÁ NA BIBLIOTECA
Non sabe como se chama. Non sabe onde está. Só sabe que acaba de espertarse, que está sentada nun banco en metade dun parque destartalado. Pero non sabe nin de que cidade, nin como chegou ata alí.
As súas pertenzas son escasas: un caderno de notas, un boli e un tirachinas "tuneado". E nada disto parece darlle pistas sobre quen é e que está facendo nese sitio tan inhóspito. Así que decide comezar a apuntalo todo e darse un paseo pola cidade.
Se queres descubrir o misterio, xa sabes pásate pola Biblioteca e ...........Pídeo
FÍCHA BIBLIOGRÁFICA
TÍTULO: Emily the Strange. Los días Perdidos
AUTOR: REGER, Rob
EDITORIAL. S.M.

Definitivamente, non sabe que a espera un misterio aínda maior que o da súa propia amnesia .
Se queres descubrir o misterio, xa sabes pásate pola Biblioteca e ...........Pídeo
FÍCHA BIBLIOGRÁFICA
TÍTULO: Emily the Strange. Los días Perdidos
AUTOR: REGER, Rob
EDITORIAL. S.M.
mércores, 14 de outubro de 2009
E de que irá isto?
O Concello de Pontevedra ven de anunciar o concurso
E DE QUE IRÁ ISTO?
Dende a Biblioteca animámoste a participar pois terás a posibilidade de gañar moitos premios.
Se o queres facer tes un enlace dende aquí mesmo, so clica
http://www.edequeiraisto.com/ e........
A CONCURSAR.....! ÁNIMO! e , MOITA SORTE!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)