ANA MARÍA MATUTE CONVÍRTESE NA TERCEIRA MULLER QUE GAÑA O PREMIO CERVANTES.
A escritora de "Los Abel", "Los hijos muertos", "La torre vijía", "Olvidado rey Gudú", "Los niños tontos", "Tres y un sueño" ou "Paulina, el mundo y la pizarra" ven de ser galardoada co Premio Cervantes 2010.
Parabéns, Ana María!!!!
Queres ler algunha das súas obras? pasa logo pola biblioteca.
Se queres saber máis sobre esta escritora, mesmo escoitar coa súa voz algún dos seus contos ,clica no seu nome e chegarás a súa páxina.
venres, 26 de novembro de 2010
xoves, 25 de novembro de 2010
25 de Novembro
"LAPSUS"
O meu pai dicía sempre que eu nacera por un “lapsus”, o día do casamento do seu irmán, que el e a miña nai beberan un pouco e xa se sabe. Tamén, polo que se ve, foi un “lapsus” do coordinador de planta que non me incluíse nas listas para renovar os contratos e o avogado do seguro dixo que fora un “lapsus” do rapaz aquel que me turrou co coche no semáforo e deixou o meu para o desmantelamento. Así que cando o meu Fernando me deu aquela torta en plena cara con toda a súa manaza aberta e despois dixo con vociña de bo aquilo de “non mo tomes en conta, bonita, só foi un “lapsus”, pois pensei que xa fora bastante. E por iso estou aquí, señora xuíza, porque non aguanto máis “lapsus”.

Etiquetas:
Dereitos humanos,
Días especiáis,
Mulleres
luns, 22 de novembro de 2010
Un pouco de astronomía
mércores, 17 de novembro de 2010
Decálogo contra a violencia
A violencia exercida contra as mulleres é un fenómeno universal que persiste en todos os países do mundo. Así mesmo, non é un problema recente: estivo presente ao longo de toda a historia, sendo aceptada, tolerada e normalizada social e xurídicamente debido a que se cría que pertencía exclusivamente ao ámbito privado das relacións da parella.
A incansábel loita do movemento de mulleres e de organizacións polos dereitos humanos conseguiu sacar á luz o problema da violencia contra as mulleres, considerándoa a consecuencia máis grave da desigualdade entre homes e mulleres e a expresión dramática dun sistema de poder (patriarcado) que colocou ás mulleres en situación de inferioridade respecto aos homes.
CONSTRUAMOS unha sociedade xusta, libre e igualitaria, na que non haxa que lamentar máis asasinatos por violencia machista.
NON Á VIOLENCIA MACHISTA
Etiquetas:
Dereitos humanos,
Días especiáis,
Mulleres
mércores, 10 de novembro de 2010
Legado Mª Victoria Moreno
Estes días a nosa biblioteca é un maremagnun de caixas, de libros que soben e baixan, de estanterias que se baleiran para volver encherse de libros.... e é que, por fin, xa podemos empezar a colocar o legado que nos deixou María Vitoria Moreno.
Logo de todo o traballo que supuxo inventariar os seus libros, introducilos na base de datos, ampliar o espazo físico, habilitar un lugar especial para colocalos, organizalos.....empezamos a ver que todo este esforzo está a se notar na biblioteca.
Falta aínda moito por facer, esperamos que ao terminar este curso estea todo en orde, pero mentres tanto xa podedes tocar, ler, consultar...... algunhas desas xoias que a nosa compañeira e mestra deixounos tan xenerosamente.
O equipo de Biblioteca

Novidades da biblioteca
LA LLAVE DEL TIEMPO
de Ana Alonso e Javier Pelegrín
![]() |
Novidades da biblioteca
Reckless. Carne de Pedra de Cornelia Funke
De que vai Reckless? Pois é a historia de dous irmáns, Jacob e Will (os nomes non son ao azar xa que remiten directamente a outra parella de irmáns) e as súas aventuras no mundo que se esconde detrás dun espello do despacho do seu pai. Basicamente son as aventuras de Jacob por salvar ao seu irmán Will de converterse nun ser de pedra. Todo cunha guerra entre razas por medio, por un mundo máxico sacado dos contos dos irmáns Grimm, pero moito máis óscuro, un par de historias de amor, unhas intrigas polo poder e criaturas marabillosas.

Novas da biblioteca
A estrada de Cormac McCarthy
Un pai e o seu fillo emprenden unha viaxe de salvación buscando o mar.
Desde as montañas do interior, o chairo e a costa, percorren unha paisaxe arrasada, infinitamente queimado e cuberto de cinzas onde a única presenza con vida é a dos homes e a do ladrido dun can. Todo o demais, ao redor e visto desde a estrada, está morto e extinguido.
A súa viaxe, de vida e de morte permanente, vese ameazado pola ausencia de alimentos e pola presenza de bandas de caníbales. Só téñense o un ao outro, sendo a razón da existencia de ambos a vida do outro.

A pensión Eva de Andrea Camilleri:
Inspirado polos recordos da súa infancia, Andrea Camilleri escribiu unha deliciosa novela de iniciación sentimental e erótica, descrita polo mesmo autor como «unhas vacacións narrativas [?] na inminencia dos meus oitenta anos». O argumento vira en torno ao espertar á vida dun raparigo algo inxenuo, a finais dos anos trinta, sobre o transfondo do mundo provinciano e soñoliento de Vigàta, a cidade imaxinada polo autor para situar ao comisario Salvo Montalbano.
Coas súas persianas permanentemente pechadas, a misteriosa casa de nome tan suxestivo é como un imán irresistible para o adolescente Nenè e os seus amigos da alma, Ciccio e Jacolino, que fantasean co que ocorre no interior da pensión e soñan con acceder algún día a ese mundo descoñecido que imaxinan rebosante de sensualidade. Cando, ao cabo duns anos, conseguen traspasar inesperadamente as súas portas, descobren un cúmulo de personaxes e historias difíciles de esquecer. A guerra vai cobrando protagonismo ata que a súa presenza vólvese abafadora e, finalmente, tráxica. Entón, o amor e a amizade aparecen como o único sentimento capaz de devolvernos a ilusión e a vontade de vivir. A pensión Eva é unha nova mostra da vitalidade narrativa de Camilleri. Co seu socarronería habitual e o seu estilo irónico e vivaz, o gran autor siciliano mergúllanos nunha historia colmada de humanidade, que consegue divertirnos e conmovernos á vez

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)