xoves, 25 de novembro de 2010

25 de Novembro

"LAPSUS"

O meu pai dicía sempre que eu nacera por un “lapsus, o día do casamento do seu irmán, que el e a miña nai beberan un pouco e xa se sabe. Tamén, polo que se ve, foi un “lapsus” do coordinador de planta que non me incluíse nas listas para renovar os contratos e o avogado do seguro dixo que fora un “lapsus” do rapaz aquel que me turrou co coche no semáforo e deixou o meu para o desmantelamento. Así que cando o meu Fernando me deu aquela torta en plena cara con toda a súa manaza aberta e despois dixo con vociña de bo aquilo de “non mo tomes en conta, bonita, só foi un “lapsus”, pois pensei que xa fora bastante. E por iso estou aquí, señora xuíza, porque non aguanto máis “lapsus”.

Ningún comentario: