domingo, 12 de xaneiro de 2020

II certame de ilustración


Feliz ano a tod@s! Voltamos a biblioteca un ano máis e o facemos cunha nova entrega do certame de ilustracíón!







II Certame de ilustración



Biblioteca María Victoria Moreno, o Departamento de Artes Plásticas,Equipo de Dinamización da Lingua Galega  e a ANPA do IES Gonzalo Torrente Ballester convocan o II certame de ilustración, no que poderán participar alumnos/as e ex-alumnos/as do instituto.

Qué técnicas podedes empregar?

A técnica sera libre, podendo ser incluso fotografía. Lembrade que as obras deben ser orixinais e inéditas.


Qué categorías hai?

Haberá dúas categorías:

A. Primeiro, segundo e terceiro cursos da ESO.

B. Cuarto curso da ESO, Bacharelato, Ciclos Formativos, e ex-alumnos/as.


Cal é a temática?

As obras presentadas deberá estar relacionadas co eixo das actividades da Biblioteca neste curso escolar: Piratas. Concretamente, deberán realizarse como ilustración da portada das seguintes obras:

Categoría A: Peter Pan (de J. M. Barrie)

Categoría B: Morning Star (de Xosé Miranda)


En qué formato poden presentarse as obras?

formato de presentación das obras será libre, recomendándose como máximo, o tamaño DIN A-3 (297 x 420 mm).


Cal é o prazo de presentación?

prazo de presentación de orixinais comezará o 30 de xaneiro, Día da Ilustración, e rematará o 24 de febreiro de 2020. 


Onde se poden entregar as nosas obras?

As obras presentaranse na biblioteca do instituto nun sobre pechado en cuxo exterior figurará un lema ou pseudónimo e a categoría pola que se participa. Entregarase outro sobre pechado co lema ou pseudónimo no exterior e en cuxo interior figurarán os seguintes datos do/a autor/a: nome e apelidos, curso e grupo (no seu caso). No caso de presentarse a obra en formato dixital enviarase un correo electrónico á dirección ies.torrente.ballester@edu.xunta.es indicando no asunto “II certame de ilustración” e no corpo da mensaxe o lema ou pseudónimo; engadiranse dous arquivos, un coa obra que se presenta ao certame, e outro co lema ou pseudónimo como nome do arquivo e no que consten o nome e apelidos, curso e grupo (no seu caso) do/a autor/a.

Quén xulgará as obras e decidirá aos gañadores?

Un xurado integrado por profesorado, membros da ANPA e alumnado do centro seleccionará as obras gañadoras. A tal efecto, establécense dous premios (1º e 2º) en cada categoría. O xurado poderá conceder mencións a outras obras ou deixar algún premio deserto.


Cales son os premios?

Os premiados recibirán un agasallo e un vale para mercar material escolar, deportivo, informático… en tendas de Pontevedra. O xurado tamén seleccionará un máximo de catro obras que pasarán a formar parte da decoración da Biblioteca.


Cando entregaranse os premios?

Os premios serán entregados no mes de maio, coincidindo coas actividades do “Día das Letras Galegas”.


Animádevos e xa sabedes: A PARTICIPAR!