venres, 26 de marzo de 2010

Acto de clausura


Onte,e como estaba previsto, tivemos o Acto de clausura das xornadas conmemorativas do XX aniversario de creación do IES.

Estivemos acompañados por diversas autoridades entre as que cabe mencionar ao Sr.Alcalde de Pontevedra, ao Director Xeral de Centros e Recursos Humanos. e ao Xefe Territorial de Educación.

O acto deu comenzo, xa na porta, entregándonos a todos os presentes un pin conmemorativo.

Logo dunha proxección audiovisual ,na que estaba recollida parte da historia destes 20 anos do Centro, o alumno RUBÉN GÓMEZ DOPAZO (de 3º da ESO) deleitounos coa interpretación musical de varias pezas de Chopin e Bach ao piano.

Houbo discursos, como era de esperar, pero o momento máis cálido do acto foi a entrega de agasallos aos docentes xa xubilados e ao persoal que comenzou a traballar no IES en 1990 tanto docente como non docente e seguen aínda connosco.

Como non podía ser menos, rematamos cun aperitivo, que estes días imos ben de comer.

mércores, 24 de marzo de 2010

Seguimos lendo


A pesar de que a nosa biblioteca está en obras e, as veces cústanos encontrar as cousas  que nos pedides, congratulámonos moito de que algúns sigades vindo nos recreos a bucear por entre os prásticos e o po na procura deses libros que, con grande pracer, buscamos sen importarnos botar o tempo que precisemos para volos atopar.
Estes son algúns dos que máis nos solicitastes neste segundo trimestre.
Moitas grazas por loitar contra a adversidade e seguir lendo

CONVIVENCIA NO INSTITUTO



O pasado día 18 de Marzo no TORRRENTE estivemos de convivencia; trouxemos comida, bebida e lambetadas da casa para logo  compartilas no ximnasio uns cos outros.
Andivemos probando dun lado e doutro, todo  estaba boíiiiisimo! E tendo en conta a hora que era, non era de estranar.......  tiñamos fame, por iso demos boa conta de todas as viandas ao son da música ,que soou perante toda a celebración.
          BO CUMPREANOS "INSTI" !!!!!

domingo, 21 de marzo de 2010

Día Mundial da Poesía



 O "Día mundial da poesía"  , tributo á palabra poética, proposto no ano 2001 pola Unesco, celébrase cada 21 de marzo (equinoccio de primavera) .

Ten como   obxectivo  recoñecer as actividades poéticas que se realizan nos diferentes países e promover a poesía como unha forma de cultura esencial.

 Xa que este ano celebramos o centenario do nacemento do poeta Miguel Hernández , velaí vos vai outro dos seus poemas.



Canción última

Pintada, no vacía:
pintada está mi casa
del color de las grandes
pasiones y desgracias.

Regresará del llanto
adonde fue llevada
con su desierta mesa,
con su ruinosa cama.

Florecerán los besos
sobre las almohadas.

Y en torno de los cuerpos
elevará la sábana
su intensa enredadera
nocturna, perfumada.

El odio se amortigua
detrás de la ventana.

Será la garra suave.

Dejadme la esperanza.
Miguel Hernández

(El hombre acecha, 1939)



domingo, 14 de marzo de 2010

FÉLIX RODRÍGUEZ DE LA FUENTE


Hoxe ,este burgales que adicou parte da súa vida á loita pola conservación do noso patrimonio natural ,cumpriría 82 anos; e, por non se sabe que casualidades ,hoxe recordamos os 30 anos da súa morte naqueles xeos de Alaska.

Na  Biblioteca temos  moitas das súas publicacións por se che interesan

sábado, 13 de marzo de 2010

LA HOJA ROJA

Por tercera vez en la vida el viejo Eloy se erigía esta noche en protagonista de algo. La primera fue cuando su boda; la segunda cuando su intervención en la Sociedad Fotográfica allá por el año 1933. Tres años antes, su amigo Pepín Vázquez le dijo un día aquella cosa tremenda de que la jubilación era la antesala de la muerte. Pero, en 1933, Pepín Vázquez ya se había largado al otro mundo sin necesidad de guardar antesala.En puridad, los mejores ratos de su vida los pasó el viejo Eloy con sus amigos de la Sociedad Fotográfica. A Pacheco, el óptico, su Presidente, le decía: «Pacheco, si desearía ser rico es por la fotografía. Hoy día la fotografía es un lujo». Más el viejo Eloy nunca logró pasar de aficionado. Una vez allá por el 1932, cuando Leoncito, el chico, ganó las oposiciones, se mercó una «Contax» a plazos, con una luminosidad de lente 3,5, y entonces advirtió su sensibilidad, su buena disposición para la plástica. Obtuvo alguna fotografía de mérito y se dio de alta en la Sociedad. Le atraían los problemas técnicos y asistía con avidez a las conferencias y las proyecciones.Un día, Pacheco, el óptico, le dijo de improviso: «Don Eloy, el domingo actuará usted». Él se sintió abochornado. Dijo: «No tengo nada que valga la pena, hijo». Pero Pacheco sonreía: «Lo dicho», dijo. Insistió él, tenuemente: «Me explico mal y tengo poca voz». Sin embargo a Lucita le cayó en gracia la cosa. Lucita, su mujer, nunca debió casarse con él; debió hacerlo con un hombre un poco más decorativo. Él la hizo vivir en un plano de extremada modestia. En realidad, el viejo Eloy vivió 36 años junto a Lucita, pero jamás llegó a comprenderla del todo. Aquel domingo, al regreso de las proyecciones, Lucita le dijo: «Para ese papel, más hubiéramos adelantado quedándonos en casa». Él apuntó tímidamente: «Ya le advertí a Pacheco; yo no tengo ingenio ni tengo voz, pero él se obstinó». Dijo ella irritada: «No basta con decirlo».
"Se queres seguir lendo pasa pola biblioteca"

venres, 12 de marzo de 2010

MIGUEL DELIBES

          
                      Hoxe, en Valladolid, cidade que hai 90 anos o vira nacer, finou Miguel Delibes, Autor de obras como "La sombra del ciprés es alargada" , "El camino" , "Cinco horas con Mario" ou "Los santos inocentes"     Para saber máís deste escritor preme no seu nome

xoves, 11 de marzo de 2010

11 de marzo: Día Europeo en Recordo ás Víctimas do terrorismo

"....Debemos empezar recordando aquel fatídico 11 de marzo de fai seis anos, en 2004, no que 192 persoas foron asasinadas, e 1.893 resultaron feridas, en Madrid. Un día en que esa cidade converteuse na capital da dor. Todos sabemos que os terroristas non teñen o máis mínimo reparo, nin a menor consideración pola vida humana. E este desprezo alcanza a súa máxima expresión, a súa maior irracionalidade, nos atentados masivos, como o de Madrid. Os máis de dous milleiros de familias afectadas directamente sábeno ben. Todas elas continúan tratando de recuperar as súas vidas tras o horror...."

CECILIA MALSTRÖM / ALFREDO PÉREZ RUBALCABA 11/03/2010  EL PAIS

martes, 9 de marzo de 2010

Dous libros interesantes

As mulleres, que len, son perigosas   Autor Stefan Bollmann

Relegadas tradicionalmente a un papel secundario e a miúdo pasivo na sociedade, as mulleres atoparon moi pronto na lectura un xeito de romper as estreitezas do seu mundo. A porta aberta ao coñecemento, á imaxinación, o acceso a outro mundo, un mundo de liberdade e independencia, permitiulles desenvolverse e adoptar, aos poucos, novos roles na sociedade. A través dun percorrido polas numerosas obras de arte que reflicten a estreita relación entre libros e mulleres, Stefan Bollmann rende unha sentida homenaxe ás mulleres e confirma o excepcional poder que confire a lectura.

              As mulleres que escriben tamén son perigosas
                                                          Autor Stefan Bollmann
Si as mulleres que len son perigosas, que dicir daquelas que, superando todas as trabas, impuxéronse como escritoras nun mundo cheo de prexuizos que non as tomaba en serio?

A literatura foi tradicionalmente un terreo reservado aos homes e, ata ben entrado o século XX, as poucas mulleres que se atrevían a tomar a pluma adoitaban utilizar pseudónimos masculinos para ocultar semellante acto de rebeldía. Con todo, xa no século XIII algunhas mulleres atrevíanse a escribir nun mundo no que só unhas poquísimas privilexiadas tiñan acceso sequera á lectura. Esta interesantísima e reveladora obra, chea de ilustracións e fotografías, propón repasar a traxectoria das escritoras máis destacadas que deu a historia, como as irmás Brontë, Jane Austen, George Sand ou Virginia Woolf

luns, 1 de marzo de 2010

Nanas de la cebollla



Este poema adicoullo ao seu fillo logo de recibir unha carta da súa muller na que lle dicia que non comía máis que pan e cebola.

Miguel Hernández


Este ano celébrase o centenario do nacemento do poeta Miguel Hernández podes ler algunhas da súas obras  ou mesmo buscar alguha información da vida deste poeta da xeración do 27, na Biblioteca hai material dabondo, so tes que vir por el.
Estes versos que van de seguido parece ser que foron os derradeiros que escribiu o poeta
"Me tendí en la arena
para que el mar me enterrara,
me dejara, me cogiera,
¡ay de la ausencia!"