mércores, 24 de marzo de 2010

Seguimos lendo


A pesar de que a nosa biblioteca está en obras e, as veces cústanos encontrar as cousas  que nos pedides, congratulámonos moito de que algúns sigades vindo nos recreos a bucear por entre os prásticos e o po na procura deses libros que, con grande pracer, buscamos sen importarnos botar o tempo que precisemos para volos atopar.
Estes son algúns dos que máis nos solicitastes neste segundo trimestre.
Moitas grazas por loitar contra a adversidade e seguir lendo

Ningún comentario: