Chegou o momento da despedida, despois dalgúns anos nos que a Biblioteca formou parte da miña vida, tócame dicirlle ata logo a algo que vin crecer pouco a pouco co esforzo de todos os que nos ilusionamos con este proxecto.
Foi un pracer traballar con e para vós e aínda que me sinto feliz porque gozarei dun merecido descanso, logo de tantos anos de traballo, no meu corazón gardarei sempre un canto especial para "Esta Biblioteca" á que considero un pouco miña.
Moitos bicos e ata sempre.
Mª Jesús
martes, 25 de xuño de 2013
xoves, 13 de xuño de 2013
O tendal dos máis lidos no curso 2012-2013
Aquí tedes as portadas dos libros non obrigatorios máis lidos neste curso. Esta é a outra recomendación que presentamos.
mércores, 12 de xuño de 2013
Os máis lidos no curso 2012-13
luns, 10 de xuño de 2013
Lecturas de verán no Torrente
Como todos os anos, próximamente, comenzará a campaña de verán. A partir do día 20 de xuño podedes levar da biblioteca novidades entretidas e divertidas. A disfrutar.
Preme sobre a imaxe
Preme sobre a imaxe
Etiquetas:
animación á lectura,
novidades,
Recomendacións
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)