xoves, 22 de decembro de 2011

Lectura dramatizada

O ano 2011 foi proclamado pola ONU o Ano Internacional da Química, ao cumprirse cen anos da concesión do premio Nóbel de Química a Madame Curie.

Desde o Instituto Gonzalo Torrente Ballester queremos contribuir ao mesmo, levando a cabo unha lectura dramatizada da vida do primeiro ser humano que conseguíu gañar dous premios Nóbel en dúas disciplinas distintas. O de Física en 1903 e o do Química en 1911.

















Alumnado participante (Por orde de aparición)


Presentadora: Uxía Domato Filgueira
Narrador: Alexandre Balea Grela
Enfermeira: Rebeca Seco Luna
Marie: Marta Gómez Martín
Bronia: Ana María González Arias
Narradora: Cintia Cabada Malvar
Pierre: César Díaz García
Irene: Helena Lemiña Gómez
Röntgen: Héctor Gestido Hervés
Becquerel: Gabriel Gestido Hervés
Informática: Joaquín de Medrano Sóñora


 Dirección: Xabier Paredes Rivadulla (Profesor do departamento de química)

Marie Curie from Grupobiblio on Vimeo.
Aquí tedes unha pequena mostra do que foi a representación.
Felicidades aos alumnos e ao director por este traballo tan ben feito.

martes, 20 de decembro de 2011

IRIA MORGADE, antiga alumna do Centro, gañadora do Premio Biblos


GALARDÓN
Iria Morgade gaña o Premio Biblos novelando as protestas dos novos
O premio busca a autores de menos de 25 anos que presenten un borrador de novela.
Santiago / La Voz 23/7/2011
(5 votos)
Verbas no ar é o título do proxecto de novela gañadora do Premio Biblos, que na tarde noite de onte deuse a coñecer na Casa Grande do Bachao, preto de Compostela. Iria Morgade é a autora desta proposta de novela que ao longo dun mes poderá rematar baixo a titoría do escritor Xabier P. Docampo.

O Premio Biblos, que este ano acadou a súa sétima edición, busca a autores de menos de 25 anos que presenten un borrador de novela. O xurado escolle entre os borradores e ao gañador dáselle a oportunidade de pasar o mes de outubro na Casa do Bachao completando o texto, que será publicado en galego e mais en castelán contra finais de ano.

Segundo o xurado desta edición, Xabier P. Docampo, Elena Veiga e Tucho Calvo, «a obra está escrita cunha vocación de estilo que acode a unha linguaxe directa, construída cunha disposición do texto baseada nas frases curtas». Argumentalmente, o texto gañador é unha obra «actual e oportuna que procura relacionar as revoltas nos países do norte de África coa actitude de descontento e protesta da xuventude protagonista dos movementos que estamos a contemplar no noso entorno». O xurado sinala tamén que o texto prescinde das florituras e abre os ollos do lector «ante un mundo en conflito a golpe de linguaxe tweet». Iria Morgade Valcárcel é de Poio (Pontevedra) e licenciada en Ciencias Políticas.
(La Voz de Galicia.es)


Os nosos parabéns Iria por este premio, toda a comunidade educativa do teu "Insti" sentímonos moi orgullosos de ti.

luns, 19 de decembro de 2011

domingo, 4 de decembro de 2011