domingo, 28 de febreiro de 2010

PROGRAMA DE ACTIVIDADES

Por se vos interesa velaí o programa das actividades previstas para estas datas

TEMOS AO "INSTI" DE CUMPREANOS

Este 2010  o  noso"Insti" cumpre 20 anos e querémolo celebrar por todo o alto.

Este  Venres 26 de febreiro,  tivemos o Acto de apertura das xornadas conmemorativas do XX Aniversario de creación do IES, presidido polo Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, don Xesús Vázquez Abad
O xoves 25 de marzo  será o Acto de clausura onde esperamos contar coa presenza do Alcalde da nosa cidade don Miguel Anxo Fernández Lores 
  Ao longo de todo este mes no Instituto realizaranse moitas e variadas actividades, unhas dirixidas ao alumnado,  outras as familias, tamén as haberá para os profesores e para todos aqueles que se queiran achegar ao Centro e así celebrar connosco este aniversario