Este 2010 o noso"Insti" cumpre 20 anos e querémolo celebrar por todo o alto.
Este Venres 26 de febreiro, tivemos o Acto de apertura das xornadas conmemorativas do XX Aniversario de creación do IES, presidido polo Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, don Xesús Vázquez Abad
O xoves 25 de marzo será o Acto de clausura onde esperamos contar coa presenza do Alcalde da nosa cidade don Miguel Anxo Fernández Lores
Ao longo de todo este mes no Instituto realizaranse moitas e variadas actividades, unhas dirixidas ao alumnado, outras as familias, tamén as haberá para os profesores e para todos aqueles que se queiran achegar ao Centro e así celebrar connosco este aniversario
Ningún comentario:
Publicar un comentario