venres, 26 de marzo de 2010

Acto de clausura


Onte,e como estaba previsto, tivemos o Acto de clausura das xornadas conmemorativas do XX aniversario de creación do IES.

Estivemos acompañados por diversas autoridades entre as que cabe mencionar ao Sr.Alcalde de Pontevedra, ao Director Xeral de Centros e Recursos Humanos. e ao Xefe Territorial de Educación.

O acto deu comenzo, xa na porta, entregándonos a todos os presentes un pin conmemorativo.

Logo dunha proxección audiovisual ,na que estaba recollida parte da historia destes 20 anos do Centro, o alumno RUBÉN GÓMEZ DOPAZO (de 3º da ESO) deleitounos coa interpretación musical de varias pezas de Chopin e Bach ao piano.

Houbo discursos, como era de esperar, pero o momento máis cálido do acto foi a entrega de agasallos aos docentes xa xubilados e ao persoal que comenzou a traballar no IES en 1990 tanto docente como non docente e seguen aínda connosco.

Como non podía ser menos, rematamos cun aperitivo, que estes días imos ben de comer.

Ningún comentario: