mércores, 10 de novembro de 2010

Novidades da biblioteca

Reckless. Carne de Pedra de Cornelia Funke

De que vai Reckless? Pois é a historia de dous irmáns, Jacob e Will (os nomes non son ao azar xa que remiten directamente a outra parella de irmáns) e as súas aventuras no mundo que se esconde detrás dun espello do despacho do seu pai. Basicamente son as aventuras de Jacob por salvar ao seu irmán Will de converterse nun ser de pedra. Todo cunha guerra entre razas por medio, por un mundo máxico sacado dos contos dos irmáns Grimm, pero moito máis óscuro, un par de historias de amor, unhas intrigas polo poder e criaturas marabillosas.

Ningún comentario: