Amosando publicacións coa etiqueta Escritores b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Escritores b>. Amosar todas as publicacións
mércores, 25 de febreiro de 2015
Imaxe resumo dos Encontros e outros agasallos...
Desde a Biblioteca do IES A Xunqueira II, a nosa amiga Pepa fai unha acertada crónica do que foi a xornada, dos temas que se trataron e da empatía que houbo entre escritores e público.Coma sempre, gracias, Pepa.
Etiquetas:
Acontecementos,
Animación a lectura,
Escritores
xoves, 19 de febreiro de 2015
Tríptico dos Encontros en Negro
Coa xornada de onte, presentábamos un triptico sobre os autores participantes. Non quedou ningunha mostra!
Etiquetas:
Acontecementos,
animación á lectura,
Escritores
ENCONTROS EN NEGRO
Fantástica a xornada que disfrutamos onte no IES, con tres grandes autores do panorama literario actual: Dolores Redondo, Domingo Villar e Pedro Feijoo. O tema era a novela negra, pero tivemos a sorte de poder escoitar falar de creación, de literatura de xéneros, de produción e de vida en definitiva. Gracias aos autores pola súa maestría e gracias ao público por acudir nun día festivo en Pontevedra.
Aquí tedes algunhas imaxes do encontro.
Etiquetas:
Acontecementos,
Escritores,
fomento da lectura
xoves, 18 de abril de 2013
Catálogo da exposición sobre Manuel Lourenzo González
Aquí tedes un catálogo cos paneis e obxectos que temos nestes días na Biblioteca.
venres, 12 de abril de 2013
De Catamarca a Atl
Manuel Lourenzo from Biblioteca Torrente Ballester on Vimeo.
O Equipo de Dinamización da Lingua Galega e o Equipo de Biblioteca do instituto elaboraron e montaron na biblioteca unha exposición sobre a persoa e a obra do noso compañeiro Manuel Lourenzo González. Esta exposición pretende ser un xeito de recoñecer o seu labor como escritor, unha carreira que nos últimos anos foi distinguida con diferentes premios (Xerais 2008, Barco de Vapor 2011 e Blanco Amor 2011). A mostra, que permanecerá montada ata os últimos días do mes de maio, inclúe paneis informativos sobre a súa vida e a súa obra, unha selección dos seus textos publicados e unha pequena colección de "obxectos dunha realidade ficticia".
Etiquetas:
animación á lectura,
Escritores,
Exposicións
mércores, 20 de xuño de 2012
Emili Teixidor. Tot un amic
Foise Emili Teixidor. O escritor que ademais de múltiples historias de ficción (como Pa negre, que dou lugar á premiada película) escribiu ese libro de referencia para os mediadores, La lectura y la vida. Cómo incitar a los niños y adolescentes a la lectura: una guía para padres y maestros, e o artigo "Estrategias del deseo o trucos para leer" publicado no suplemento Culturas do diario La Vanguardia, que resultou ganador do VI Premio Xornalístico da Fundación Germán Sánchez Ruipérez no 2005 sobre lectura.
Emili Teixidor acompañaranos nunha das actividades de formación de bibliotecas escolares. As súas palabras resultaron sabias e poderosas, igual que a súa presenza.
Hai unhas semanas volveunos acompañar, neste caso a través do libro citado que formaba parte dos materiais entregados ao profesorado participante na V Xornada dos Clubs realizada o 9 de xuño no Palacio de Congresos. Así de forte é o vínculo que nos unía e nos une a alguén que tanto dixo e escribiu sobre eses temas que tanto nos interesan. Un bo momento para volver ás súas obras, para seguir os seus consellos...
--
Publicado por Asesoría Bibliotecas Escolares para Rede Lectura el 6/20/2012
Emili Teixidor acompañaranos nunha das actividades de formación de bibliotecas escolares. As súas palabras resultaron sabias e poderosas, igual que a súa presenza.
Hai unhas semanas volveunos acompañar, neste caso a través do libro citado que formaba parte dos materiais entregados ao profesorado participante na V Xornada dos Clubs realizada o 9 de xuño no Palacio de Congresos. Así de forte é o vínculo que nos unía e nos une a alguén que tanto dixo e escribiu sobre eses temas que tanto nos interesan. Un bo momento para volver ás súas obras, para seguir os seus consellos...
--
Publicado por Asesoría Bibliotecas Escolares para Rede Lectura el 6/20/2012
martes, 8 de febreiro de 2011
Xullo Verne
Xullo Verne
( Nantes, 1828 - Amiens, 1905) Escritor francés, considerado o fundador da moderna literatura de ciencia ficción. Predixo con gran precisión nos seus relatos fantásticos a aparición dalgúns dos produtos xerados polo avance tecnolóxico do século XX, como a televisión, os helicópteros, os submarinos ou as naves espaciais.
Os seus inicios literarios foron difíciles pero coñece ao editor Hetzel, quen se interesa polos seus textos e publicalle "Cinco semanas en globo" (1862), obra que o lanzou ao éxito e estimulouno a proseguir coa temática da novela de aventuras e fantasía. O mesmo editor encargoulle unha colaboración regular para a revista ·Magazine déducation et de récréation", e en pouco tempo alcanzou unha gran celebridade.
Entre as súas numerosas obras, pódense citar:
Cinco semanas en globo, Viaxe ao centro da terra, Da terra á lúa, Os fillos do capitán Grant, 20.000 leguas de viaxe submarina, A volta ao mundo en oitenta días, Miguel Strogoff, Un capitán de quince anos ou As tribulacións dun chinés na China,
Na biblioteca podes atopar algúns libros deste escritor que hoxe estaría de aniversario.
xoves, 5 de novembro de 2009
Finou o último representante da Xeración do 27
Aos 103 anos finou en Madrid o escritor Francisco Ayala , último representante da Xeración do 27.
Este académico foi galardoado co "Premio Nacional de Narrativa " co "Premio Nacional das Letras Españolas" , co "Cervantes" , co "Príncipe de Asturias" e mesmo foi proposto en dúas ocasións para o premio "Nobel".
O noso adeus a este escritor, filósofo e siciólogo español.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)








