mércores, 16 de maio de 2012

II Certame de Narrativa "Mª Victoria Moreno"


ACTA DO XURADO

DO II CERTAME DE NARRATIVA "Mª VICTORIA MORENO" 
DO IES GONZALO TORRENTE BALLESTER DE PONTEVEDRA


En Pontevedra, sendo as 10:15 horas do día 9 de Maio de 2012, reúnense, no IES Gonzalo Torrente Ballester, os membros do xurado do "Segundo Certame da Narrativa Mª Victoria Moreno" co obxecto de elixir as narracións gañadoras.

Compoñen o Xurado: Dona Nahid Brikat, Dona Lucía Carbajales, Dona Patricia Escudero, Don Manuel Lourenzo, Don Samuel Saeta e Don Xurxo Pereira que actúa como secretario.

Tras varias deliberacións o xurado acordou outorgar os seguintes premios:

Categoría A ( 1º ciclo de ESO)

1º PREMIO: "O saber si ocupa lugar", presentado baixo o pseudónimo de Pesego, o lurpio. Julien Fabrice Coucier Cortegoso  2º ESO A
2º PREMIO: "Misterio no museo", presentado baixo o pseudónimo de Cristy.com. Cristina Rodríguez González 1º ESO A

Categoría B (2º ciclo de ESO)

1º PREMIO: "Unha vocación para a historia", presentado baixo o pseudónimo Papagena. Aldara Otero López 3º ESO A
2º PREMIO: "O mestre da vila", presentado baixo o pseudónimo de País de papel. Sara Vidal García 4º ESO A

Categoría C (Bacharelato, exalumn@s)


1º PREMIO: "Pinga de Tintura", presentado baixo o pseudónimo de O neno da Teucra. Daniel Mora Félix 2º B  Bach.
2º PREMIO: "Nioteboa", presentado baixo o pseudónimo de Cerca Trova. María Orge Fernández 2º A  Bach.


Asemade, o Xurado acordou conceder mencións aos seguintes relatos en virtude da súa calidade e orixinalidade e aconsella que sexan incluídos en futuras e posíbeis recompilacións e/ou publicacións.

Categoría A: "Emma" de Amalia Alfonsín Ambroa de 1º ESO C e "Haití no corazón" de Gabriel Gestido Hervés  2º A ESO


Categoría B: "As oracións expresan ideas" e "Plumas e loureiros" ambos os dous de Cintia Cabada Malvar  4º ESO A


Por outra parte, recomendamos que os seus títulos e os das obras premiadas figuren nos murais da Biblioteca, ao que hai que xuntarlle " O segredo de Blodifara" de Brais Gómez Martín  2º ESO B como recoñecemento á súa orixinalidade.


                               En Pontevedra, a 9 de Maio de 2012





Ningún comentario: