ACTA DO XURADO
DO II CERTAME DE NARRATIVA "Mª VICTORIA MORENO"
DO IES GONZALO TORRENTE BALLESTER DE PONTEVEDRA
En Pontevedra, sendo as 10:15 horas do día 9 de Maio de 2012, reúnense, no IES Gonzalo Torrente Ballester, os membros do xurado do "Segundo Certame da Narrativa Mª Victoria Moreno" co obxecto de elixir as narracións gañadoras.
Compoñen o Xurado: Dona Nahid Brikat, Dona Lucía Carbajales, Dona Patricia Escudero, Don Manuel Lourenzo, Don Samuel Saeta e Don Xurxo Pereira que actúa como secretario.
Tras varias deliberacións o xurado acordou outorgar os seguintes premios:
Categoría A ( 1º ciclo de ESO)
1º PREMIO: "O saber si ocupa lugar", presentado baixo o pseudónimo de Pesego, o lurpio. Julien Fabrice Coucier Cortegoso 2º ESO A
2º PREMIO: "Misterio no museo", presentado baixo o pseudónimo de Cristy.com. Cristina Rodríguez González 1º ESO A
Categoría B (2º ciclo de ESO)
1º PREMIO: "Unha vocación para a historia", presentado baixo o pseudónimo Papagena. Aldara Otero López 3º ESO A
2º PREMIO: "O mestre da vila", presentado baixo o pseudónimo de País de papel. Sara Vidal García 4º ESO A
Categoría C (Bacharelato, exalumn@s)
1º PREMIO: "Pinga de Tintura", presentado baixo o pseudónimo de O neno da Teucra. Daniel Mora Félix 2º B Bach.
2º PREMIO: "Nioteboa", presentado baixo o pseudónimo de Cerca Trova. María Orge Fernández 2º A Bach.
Asemade, o Xurado acordou conceder mencións aos seguintes relatos en virtude da súa calidade e orixinalidade e aconsella que sexan incluídos en futuras e posíbeis recompilacións e/ou publicacións.
Categoría A: "Emma" de Amalia Alfonsín Ambroa de 1º ESO C e "Haití no corazón" de Gabriel Gestido Hervés 2º A ESO
Categoría B: "As oracións expresan ideas" e "Plumas e loureiros" ambos os dous de Cintia Cabada Malvar 4º ESO A
Por outra parte, recomendamos que os seus títulos e os das obras premiadas figuren nos murais da Biblioteca, ao que hai que xuntarlle " O segredo de Blodifara" de Brais Gómez Martín 2º ESO B como recoñecemento á súa orixinalidade.
En Pontevedra, a 9 de Maio de 2012
Ningún comentario:
Publicar un comentario