luns, 31 de xaneiro de 2011
xoves, 27 de xaneiro de 2011
I CERTAME DE NARRATIVA
A Biblioteca Mª Victoria Moreno xunto co EDLG do IES Gonzalo Torrente Ballester ven de convocar o
I CERTAME DE NARRATIVA
No que poderán participar alumn@s e ex-alumn@s do centro.
Se estades interesados mirade as bases que andan penduradas polos corredores e tabuleiros do Instituto.
Os premios son moi interesantes, e ademais....... o voso nome poderá aparecer nas pinturas que decoran a Biblioteca.

mércores, 26 de xaneiro de 2011
martes, 25 de xaneiro de 2011
30 de Xaneiro, Día da paz
DECÁLOGO PARA MEDRAR NA PAZ
1. Es alguén moi importante. Quérete a ti mesmo.
2. Valora aos teus amigos. Daralles seguridade.
3. Descubre todo o que te une aos demais por riba do que te separa.
4. Respecta as opinións. Así contribuirás ao diálogo.
5. Aprende a escoitar, comprenderás mellor aos demais.
6. Esfórzate por terminar ben as túas tarefas. Gozarás co resultado.
7. Cumpre coas túas responsabilidades, os demais necesítano.
8. Traballa en grupo. Ninguén sabe máis que todos xuntos.
9. Comparte as túas cousas cos demais. Farate moi feliz.
10. Pon paz dentro de ti, desta forma estarás poñendo tamén paz ao teu redor.

martes, 14 de decembro de 2010
sábado, 11 de decembro de 2010
venres, 10 de decembro de 2010
venres, 26 de novembro de 2010
Novo Premio Cervantes
ANA MARÍA MATUTE CONVÍRTESE NA TERCEIRA MULLER QUE GAÑA O PREMIO CERVANTES.
A escritora de "Los Abel", "Los hijos muertos", "La torre vijía", "Olvidado rey Gudú", "Los niños tontos", "Tres y un sueño" ou "Paulina, el mundo y la pizarra" ven de ser galardoada co Premio Cervantes 2010.
Parabéns, Ana María!!!!
Queres ler algunha das súas obras? pasa logo pola biblioteca.
Se queres saber máis sobre esta escritora, mesmo escoitar coa súa voz algún dos seus contos ,clica no seu nome e chegarás a súa páxina.

xoves, 25 de novembro de 2010
25 de Novembro
"LAPSUS"
O meu pai dicía sempre que eu nacera por un “lapsus”, o día do casamento do seu irmán, que el e a miña nai beberan un pouco e xa se sabe. Tamén, polo que se ve, foi un “lapsus” do coordinador de planta que non me incluíse nas listas para renovar os contratos e o avogado do seguro dixo que fora un “lapsus” do rapaz aquel que me turrou co coche no semáforo e deixou o meu para o desmantelamento. Así que cando o meu Fernando me deu aquela torta en plena cara con toda a súa manaza aberta e despois dixo con vociña de bo aquilo de “non mo tomes en conta, bonita, só foi un “lapsus”, pois pensei que xa fora bastante. E por iso estou aquí, señora xuíza, porque non aguanto máis “lapsus”.

Etiquetas:
Dereitos humanos,
Días especiáis,
Mulleres
luns, 22 de novembro de 2010
Un pouco de astronomía
mércores, 17 de novembro de 2010
Decálogo contra a violencia
A violencia exercida contra as mulleres é un fenómeno universal que persiste en todos os países do mundo. Así mesmo, non é un problema recente: estivo presente ao longo de toda a historia, sendo aceptada, tolerada e normalizada social e xurídicamente debido a que se cría que pertencía exclusivamente ao ámbito privado das relacións da parella.
A incansábel loita do movemento de mulleres e de organizacións polos dereitos humanos conseguiu sacar á luz o problema da violencia contra as mulleres, considerándoa a consecuencia máis grave da desigualdade entre homes e mulleres e a expresión dramática dun sistema de poder (patriarcado) que colocou ás mulleres en situación de inferioridade respecto aos homes.
CONSTRUAMOS unha sociedade xusta, libre e igualitaria, na que non haxa que lamentar máis asasinatos por violencia machista.
NON Á VIOLENCIA MACHISTA
Etiquetas:
Dereitos humanos,
Días especiáis,
Mulleres
mércores, 10 de novembro de 2010
Legado Mª Victoria Moreno
Estes días a nosa biblioteca é un maremagnun de caixas, de libros que soben e baixan, de estanterias que se baleiran para volver encherse de libros.... e é que, por fin, xa podemos empezar a colocar o legado que nos deixou María Vitoria Moreno.
Logo de todo o traballo que supuxo inventariar os seus libros, introducilos na base de datos, ampliar o espazo físico, habilitar un lugar especial para colocalos, organizalos.....empezamos a ver que todo este esforzo está a se notar na biblioteca.
Falta aínda moito por facer, esperamos que ao terminar este curso estea todo en orde, pero mentres tanto xa podedes tocar, ler, consultar...... algunhas desas xoias que a nosa compañeira e mestra deixounos tan xenerosamente.
O equipo de Biblioteca

Novidades da biblioteca
LA LLAVE DEL TIEMPO
de Ana Alonso e Javier Pelegrín
![]() |
Novidades da biblioteca
Reckless. Carne de Pedra de Cornelia Funke
De que vai Reckless? Pois é a historia de dous irmáns, Jacob e Will (os nomes non son ao azar xa que remiten directamente a outra parella de irmáns) e as súas aventuras no mundo que se esconde detrás dun espello do despacho do seu pai. Basicamente son as aventuras de Jacob por salvar ao seu irmán Will de converterse nun ser de pedra. Todo cunha guerra entre razas por medio, por un mundo máxico sacado dos contos dos irmáns Grimm, pero moito máis óscuro, un par de historias de amor, unhas intrigas polo poder e criaturas marabillosas.

Novas da biblioteca
A estrada de Cormac McCarthy
Un pai e o seu fillo emprenden unha viaxe de salvación buscando o mar.
Desde as montañas do interior, o chairo e a costa, percorren unha paisaxe arrasada, infinitamente queimado e cuberto de cinzas onde a única presenza con vida é a dos homes e a do ladrido dun can. Todo o demais, ao redor e visto desde a estrada, está morto e extinguido.
A súa viaxe, de vida e de morte permanente, vese ameazado pola ausencia de alimentos e pola presenza de bandas de caníbales. Só téñense o un ao outro, sendo a razón da existencia de ambos a vida do outro.

A pensión Eva de Andrea Camilleri:
Inspirado polos recordos da súa infancia, Andrea Camilleri escribiu unha deliciosa novela de iniciación sentimental e erótica, descrita polo mesmo autor como «unhas vacacións narrativas [?] na inminencia dos meus oitenta anos». O argumento vira en torno ao espertar á vida dun raparigo algo inxenuo, a finais dos anos trinta, sobre o transfondo do mundo provinciano e soñoliento de Vigàta, a cidade imaxinada polo autor para situar ao comisario Salvo Montalbano.
Coas súas persianas permanentemente pechadas, a misteriosa casa de nome tan suxestivo é como un imán irresistible para o adolescente Nenè e os seus amigos da alma, Ciccio e Jacolino, que fantasean co que ocorre no interior da pensión e soñan con acceder algún día a ese mundo descoñecido que imaxinan rebosante de sensualidade. Cando, ao cabo duns anos, conseguen traspasar inesperadamente as súas portas, descobren un cúmulo de personaxes e historias difíciles de esquecer. A guerra vai cobrando protagonismo ata que a súa presenza vólvese abafadora e, finalmente, tráxica. Entón, o amor e a amizade aparecen como o único sentimento capaz de devolvernos a ilusión e a vontade de vivir. A pensión Eva é unha nova mostra da vitalidade narrativa de Camilleri. Co seu socarronería habitual e o seu estilo irónico e vivaz, o gran autor siciliano mergúllanos nunha historia colmada de humanidade, que consegue divertirnos e conmovernos á vez

martes, 19 de outubro de 2010
xoves, 7 de outubro de 2010
Novas na Biblioteca
Todos estes libros están agardando por ti no andel de novidades dende hoxe mesmo.
Anda axiña por eles que escapan de contado......
martes, 21 de setembro de 2010
Benvida
Un novo curso acaba de comenzar, e coma sempre o equipo de BIBLIOTECA do "INSTI" deséxavos a todos, en especial aos que chegades por primeira vez ao noso Centro, que tiverades unha moi boa entrada, e xa sabedes
¡¡¡¡¡¡ Esperamos as vosas visitas!!!!!!.
Temos moitas cousas para vos emprestar, non so os libros de lectura obrigada, tamén hai pelis, novidades de lectura xuvenil.......
Xa sabedes aquí estaremos para vos axudar en todo canto precisedes, so tedes que pedir e trataremos de vos complacer en todo o que nos sexa posible.
¡¡¡¡Bo comenzo de curso para todas e todos!!!!!

xoves, 16 de setembro de 2010
Agatha Christie estaría de cumpreanos
É a creadora de "Hércules Poirot", un detective retirado que sempre ten gran cantidade de traballo, e sempre busca resolver misterios que lle atraian pola súa complexidade intelectual e "Miss Marple" unha anciá solterona e solitaria, pero optimista e a pesar da súa idade, idealista , que axuda a descubrir moitos casos imposibles ata para os máis importantes inspectores de Scotland Yard.
As súas novelas policíacas foron levadas en numerosas ocasións ao cine.

QUE MELLOR FORMA DE COMENZAR O CURSO QUE LENDO!!!!!!!!!!
mércores, 23 de xuño de 2010
Os máis emprestados neste curso
Como nos imos de vacacións queremos obsequiarvos cunha camiseta para ir á praia e pensamos que quedarían moi "chulas" coas portadas dos libros que este curso máis nos solicitastes.
Que cada quen pase a elixir a súa
Hai para todos os gustos podes escoller entre :Enderezo descoñecido, Don Quijote de La Mancha, Trece anos de Branca, Cartas de Inverno, Un millón de vacas, A revolta dos animais, Despertar, Alexandros, Made in Galiza, Bel Amor, Más allá de la muerte, La casa de verano ou El circo de los extraños.
(Cada emblema preséntase en diferentes cores)
Feliz verán a tod@s
martes, 22 de xuño de 2010
venres, 18 de xuño de 2010
xoves, 17 de xuño de 2010
Mural da biblioteca
Mirade que fermoso vídeo elaborou Pedro recollendo instantáneas do novo mural da Biblio xunto cos seus creadores, parabéns aos alumnos de 4ºB da Eso e ao seu profe de debuxo Manuel Martí que os dirixiu.
Estamos moi orgullosos da vosa obra.
mércores, 2 de xuño de 2010
Remata o servizo de préstamo da biblioteca
martes, 25 de maio de 2010
Acto de fin de estudos 2º de Bacharelato e Ciclos
Como en anos anteriores toda a Comunidade Educativa do IES Gonzalo Torrente Ballester, vestímonos de gala para despedir aos alumnos que rematan os seus estudos no noso Centro.
Nun acto moi emotivo, no que nos honrou coa sua presenza o Sr. Inspector D. José Daniel Rodríguez Alleres; todos, Familias, Profesores, Equipo Directivo, Persoal non Docente e, como non podía ser menos, @s alumn@s homenaxead@s seguimos con moito interese todas as intervencións .
Falou o DIRE, a representante das FAMILIAS ,e os alumnos Sara Canosa Rodiño e José Luis García Gómez que, en nome dos compañeiros, quixeron agradecer os desvelos de todos para que poidera chegar este día tan importante para eles.
Rubén Gómez Dopazo de 3ª de ESO (ao piano) e Iria Gómez Dopazo de 1º de ESO (ao violín) puxeron a nota musical neste acto.
Nin que dicir ten que os dous momentos estelares foron a proxección audiovisual coa que comenzamos e a entrega de agasallos aos alumnos orlados por parte dos respectivos titores; foi todo un desfile de alta costura, elas e eles elegantísimos, pois a ocasión non era para menos.
Con ledicia, pero o mesmo tempo con tristura dicímosvos ata pronto, pois non dubidamos de que tod@s sabedes que, nosoutros, os vosos "profes", seguimos quedando aquí para o que nos necesitedes.
BOA SORTE E PARABÉNS
xoves, 20 de maio de 2010
Teatro No Instituto
Como vedes a representación teatral dirixida polo profe Xabier Paredes foi todo un éxito.As actrices e os actores traballaron a reo pero valeu a pena.
So un pequeno adianto, en poucos días máis!!!!

xoves, 13 de maio de 2010
GALILEO GALILEI
Hai 400 anos publicouse o que poderiamos considerar o primeiro libro de divulgación científica da historia:
O "Sidereus Nuncius" é dicir "O mensaxeiro dos astros", no que Galileo Galilei conta, nunha linguaxe sinxela, o que observou ó dirixir ó ceo o seu rudimentario telescopio.
Neste fermoso texto dinos que a Lúa ten cráteres e montañas, que Xúpiter está rodeado de satélites e Venus presenta fases. Relata tamén que o sol ten manchas e que A Vía Láctea está formada por un número incontable de estrelas.
Estes descubrimentos levárono a desafiar os vellos saberes, destruíndo o ata entón intocable universo de Aristóteles e Ptolomeo. Esta ousadía custoulle burlas e a condena da Inquisición.
Desde o Instituto Gonzalo Torrente Ballester queremos celebralo realizando unha lectura dramatizada dos tres primeiros actos da obra "Galileo Galilei" do autor alemán Bertolt Bretch.
A elección da data da lectura nas vésperas do día das Letras Galegas non é casual, ten que ver con outra celebración: A publicación por primeira vez da citada obra en galego, feito que se vai producir o vindeiro mes de Xuño.

Salón de Actos
Venres 14 de Maio de 2010
ACTORES E ACTRICES ( Por orde de aparición)
Narrador: Sara Canosa Rodiño
Galilei: Paula Facal Regueiro
Andrea: Marta Gómez Martín
Sra Sarti: Rocío Ledo García
Ludovico: Jaime González Bujía
Secretario: Noelia Regueira Pazos
Rexedor: Sara Canosa Rodiño
Dux: Ramón Escudeiro Tilve
Sagredo: Marta Gómez Martín
Coordinador: Xabier Paredes
luns, 10 de maio de 2010
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)