O "Sidereus Nuncius" é dicir "O mensaxeiro dos astros", no que Galileo Galilei conta, nunha linguaxe sinxela, o que observou ó dirixir ó ceo o seu rudimentario telescopio.
Neste fermoso texto dinos que a Lúa ten cráteres e montañas, que Xúpiter está rodeado de satélites e Venus presenta fases. Relata tamén que o sol ten manchas e que A Vía Láctea está formada por un número incontable de estrelas.
Estes descubrimentos levárono a desafiar os vellos saberes, destruíndo o ata entón intocable universo de Aristóteles e Ptolomeo. Esta ousadía custoulle burlas e a condena da Inquisición.
Desde o Instituto Gonzalo Torrente Ballester queremos celebralo realizando unha lectura dramatizada dos tres primeiros actos da obra "Galileo Galilei" do autor alemán Bertolt Bretch.
A elección da data da lectura nas vésperas do día das Letras Galegas non é casual, ten que ver con outra celebración: A publicación por primeira vez da citada obra en galego, feito que se vai producir o vindeiro mes de Xuño.
Salón de Actos
Venres 14 de Maio de 2010
ACTORES E ACTRICES ( Por orde de aparición)
Narrador: Sara Canosa Rodiño
Galilei: Paula Facal Regueiro
Andrea: Marta Gómez Martín
Sra Sarti: Rocío Ledo García
Ludovico: Jaime González Bujía
Secretario: Noelia Regueira Pazos
Rexedor: Sara Canosa Rodiño
Dux: Ramón Escudeiro Tilve
Sagredo: Marta Gómez Martín
Coordinador: Xabier Paredes
Ningún comentario:
Publicar un comentario