Mandrágora de Laura Gallego García:
A historia comeza na corte do rei Héctor, que busca un novo sabio para substituír a Cornelius, o erudito real, que desapareceu misteriosamente.
Á corte chegan o sabio Zacarías e a súa filla Miriam para cubrir o posto vacante pero, sobre todo, para tratar de pescudar que sucedeu con Cornelius. Miriam, que é unha rapariga intelixente e culta, pero plebeya, trata de encaixar na corte, onde a princesa Ángela e as súas doncelas desprézana, e o aposto príncipe Marco non parece notar a súa existencia.
Pero pronto estes problemas quedarán ao carón cando Miriam e o seu pai descubran unha escura trama destinada a destronar ao rei, e na que interveñen tamén perversos conjuros de maxia negra .
É unha novela de misterio ambientada nunha corte medieval imaxinaria, onde a protagonista descubrirá un terrible secreto acerca da súa verdadeira identidade
Mendigo en la playa de Oro de Jordi Sierra i Fabra:
Claudio ten dezaoito anos e un espírito solidario. Por esta razón, nos seus intres libres, atende a persoas con dificultades para valerse por si mesmas. A súa vida vai cambiar cando coñeza a Ricardo Pedraza, un insoportable ancián que, mentres convalece dunha operación de cadeira, faralle enfrontarse ás súas propias pantasmas. Pero non só cambiará Claudio. O seu novo compañeiro tamén deberá enfrontarse ao seu presente, o seu pasado... e o seu futuro.
Los ojos del alma de Jordi Sierra i Fabra:
Edurne ten dezasete anos e é unha triunfadora. A súa gran meta competir nos Xogos Olímpicos. Campioa desde a infancia, está disposta a relacionarse coas mellores e regresar cunha medadilla. O seu mundo derrúbase cando lle diagnostican unha enfermidade incurable: unha retinosis pigmentaria que acabará por deixala practicamente cega. Cando cre que a súa vida xa non ten sentido, o seu adestrador proponlle algo inesperado: competir nos Xogos?Paralímpicos. Desde ese momento, a vida de Edurne volve ter sentido.Un a novela baseada nun feito real sucedido á máis novo medallista de ouro española dos xogos Paralímpicos de 2004. Un exemplo de superación, coraxe e valor. É unha novela baseada nun feito real sucedido á máis novo medallista de ouro española dos Xogos Paralímpicos 2004, un exemplo de superación, coraxe e valor - Jordi Sierra i Fabra é un dos autores máis coñecidos dentro da literatura infantil e xuvenil española. Foi premio Nacional de literatura Infantil e Xuvenil 2007 .
Desde hoxe na biblioteca
Ningún comentario:
Publicar un comentario