domingo, 20 de febreiro de 2011

luns, 14 de febreiro de 2011

martes, 8 de febreiro de 2011

Xullo Verne


Xullo Verne

( Nantes, 1828 - Amiens, 1905) Escritor francés, considerado o fundador da moderna literatura de ciencia ficción. Predixo con gran precisión nos seus relatos fantásticos a aparición dalgúns dos produtos xerados polo avance tecnolóxico do século XX, como a televisión, os helicópteros, os submarinos ou as naves espaciais.

Os seus inicios literarios foron difíciles pero coñece ao editor Hetzel, quen se interesa polos seus textos e publicalle "Cinco semanas en globo" (1862), obra que o lanzou ao éxito e estimulouno a proseguir coa temática da novela de aventuras e fantasía. O mesmo editor encargoulle unha colaboración regular para a revista ·Magazine déducation et de récréation", e en pouco tempo alcanzou unha gran celebridade.


Entre as súas numerosas obras, pódense citar:

Cinco semanas en globo, Viaxe ao centro da terra, Da terra á lúa, Os fillos do capitán Grant, 20.000 leguas de viaxe submarina, A volta ao mundo en oitenta días, Miguel Strogoff, Un capitán de quince anos ou As tribulacións dun chinés na China,


Na biblioteca podes atopar algúns libros deste escritor que hoxe estaría de aniversario.

luns, 7 de febreiro de 2011

venres, 4 de febreiro de 2011

Novidades na biblioteca

Tres novos libros dende hoxe na biblioteca

"Contos e poemas para un mes calquera"


Contos e poemas para un mes cualquera é o resultado da feliz unión entre narrativa e poesía; 31 contos e outros tantos poemas inchados de fantasía, que permiten viaxar polo máis insólito dos universos: o da palabra e os sentimentos.

  "A expedición dos libros"

Uns ladróns levaron da biblioteca familiar o primeiro tomo das Obras completas de Jules Verne, aproveitando que os donos da casa se mudaron á Gran Cidade. Que poden facer o resto dos libros? Organízanse e unha expedición sae na súa axuda para rescatalo.
"Agardarei por ti en África"


Rogelio medra nun pazo galego, nunha casa chea de ausencias (o pai é un militar sempre ausente; a nai está morta) e de misteriosos silencios ( a tía Josefina vive recluída no seu cuarto; o avó nunca abre a boca). A figura omnipresente da avoa e o seu bastón como símbolo de poder e orde parecen implacables. Todo cambia cuando rogelio coñece a Lissete, filla de vermellos, e a Andrés, un mendigo que vive medio morto en vida.

A que esperas para pedilos? Son para ti!

luns, 31 de xaneiro de 2011

xoves, 27 de xaneiro de 2011

I CERTAME DE NARRATIVA

A Biblioteca Mª Victoria Moreno xunto co EDLG do IES Gonzalo Torrente Ballester ven de convocar o   
                                         
                             I CERTAME DE NARRATIVA

No que poderán participar  alumn@s e ex-alumn@s do centro.

Se estades interesados mirade as bases que andan penduradas polos corredores e tabuleiros do Instituto.

Os premios son moi interesantes, e ademais....... o voso nome poderá aparecer nas pinturas que decoran a Biblioteca.

mércores, 26 de xaneiro de 2011

Novidades de Xaneiro


martes, 25 de xaneiro de 2011

30 de Xaneiro, Día da paz

DECÁLOGO PARA MEDRAR NA PAZ

1. Es alguén moi importante. Quérete a ti mesmo.

2. Valora aos teus amigos. Daralles seguridade.

3. Descubre todo o que te une aos demais por riba do que te separa.

4. Respecta as opinións. Así contribuirás ao diálogo.

5. Aprende a escoitar, comprenderás mellor aos demais.

6. Esfórzate por terminar ben as túas tarefas. Gozarás co resultado.

7. Cumpre coas túas responsabilidades, os demais  necesítano.

8. Traballa en grupo. Ninguén sabe máis que todos xuntos.

9. Comparte as túas cousas cos demais. Farate moi feliz.

10. Pon paz dentro de ti, desta forma estarás poñendo tamén paz ao teu redor.



martes, 14 de decembro de 2010

Nadal con libros

sábado, 11 de decembro de 2010

Nadal 2010

venres, 10 de decembro de 2010

venres, 26 de novembro de 2010

Novo Premio Cervantes

ANA MARÍA MATUTE CONVÍRTESE NA TERCEIRA MULLER QUE GAÑA O PREMIO CERVANTES.

A escritora de "Los Abel", "Los hijos muertos", "La torre vijía", "Olvidado rey Gudú", "Los niños tontos", "Tres y un sueño" ou "Paulina, el mundo y la pizarra" ven de ser galardoada co Premio Cervantes 2010.

Parabéns, Ana María!!!!

Queres ler algunha das súas obras? pasa logo pola biblioteca.

Se queres saber máis sobre esta escritora, mesmo escoitar coa súa voz algún dos seus contos ,clica no seu nome e chegarás a súa páxina.

xoves, 25 de novembro de 2010

25 de Novembro

"LAPSUS"

O meu pai dicía sempre que eu nacera por un “lapsus, o día do casamento do seu irmán, que el e a miña nai beberan un pouco e xa se sabe. Tamén, polo que se ve, foi un “lapsus” do coordinador de planta que non me incluíse nas listas para renovar os contratos e o avogado do seguro dixo que fora un “lapsus” do rapaz aquel que me turrou co coche no semáforo e deixou o meu para o desmantelamento. Así que cando o meu Fernando me deu aquela torta en plena cara con toda a súa manaza aberta e despois dixo con vociña de bo aquilo de “non mo tomes en conta, bonita, só foi un “lapsus”, pois pensei que xa fora bastante. E por iso estou aquí, señora xuíza, porque non aguanto máis “lapsus”.

luns, 22 de novembro de 2010

Un pouco de astronomía


 
Mirade que imaxes máis fermosas me chegaron via e-mail, so con velas pensei que debía compartilas e, aí están para que todos podades gozar delas.

mércores, 17 de novembro de 2010

Decálogo contra a violencia


En 1981 celebrouse en Bogotá o Primeiro encontro feminista de Latinoamerica e o Caribe. As feministas alí reunidas acordaron propor o 25 de novembro como Día Internacional de Non violencia contra as mulleres. A data foi escollida en lembranza das tres irmás Mirabal, brutalmente asasinadas en 1960 por orde do presidente da República Dominicana Rafael Trujillo.

A violencia exercida contra as mulleres é un fenómeno universal que persiste en todos os países do mundo. Así mesmo, non é un problema recente: estivo presente ao longo de toda a historia, sendo aceptada, tolerada e normalizada social e xurídicamente debido a que se cría que pertencía exclusivamente ao ámbito privado das relacións da parella.

A incansábel loita do movemento de mulleres e de organizacións polos dereitos humanos conseguiu sacar á luz o problema da violencia contra as mulleres, considerándoa a consecuencia máis grave da desigualdade entre homes e mulleres e a expresión dramática dun sistema de poder (patriarcado) que colocou ás mulleres en situación de inferioridade respecto aos homes.

CONSTRUAMOS unha sociedade xusta, libre e igualitaria, na que non haxa que lamentar máis asasinatos por violencia machista.

                                          NON Á VIOLENCIA MACHISTA

mércores, 10 de novembro de 2010

Legado Mª Victoria Moreno

Estes días a nosa biblioteca é un maremagnun de caixas, de libros que soben e baixan, de estanterias que se baleiran para volver encherse de libros.... e é que, por fin, xa podemos empezar a colocar o legado que nos deixou María Vitoria Moreno.

Logo de todo o traballo que supuxo inventariar  os seus libros, introducilos na base de datos, ampliar o espazo físico, habilitar un lugar especial para colocalos, organizalos.....empezamos a ver que todo  este esforzo está a se notar na  biblioteca.

Falta aínda moito por facer, esperamos que ao terminar este curso estea todo en orde, pero mentres tanto xa podedes  tocar, ler, consultar...... algunhas desas xoias que a nosa compañeira e mestra deixounos tan xenerosamente.

O equipo de Biblioteca

Novidades da biblioteca




LA LLAVE DEL TIEMPO
de Ana Alonso e Javier Pelegrín

http://www.lallavedeltiempo.es/ Neste enlace poderás topar todo sobre os títulos desta serie e os seus autores

Novidades da biblioteca

Reckless. Carne de Pedra de Cornelia Funke

De que vai Reckless? Pois é a historia de dous irmáns, Jacob e Will (os nomes non son ao azar xa que remiten directamente a outra parella de irmáns) e as súas aventuras no mundo que se esconde detrás dun espello do despacho do seu pai. Basicamente son as aventuras de Jacob por salvar ao seu irmán Will de converterse nun ser de pedra. Todo cunha guerra entre razas por medio, por un mundo máxico sacado dos contos dos irmáns Grimm, pero moito máis óscuro, un par de historias de amor, unhas intrigas polo poder e criaturas marabillosas.

Novas da biblioteca

A estrada de Cormac McCarthy

Un pai e o seu fillo emprenden unha viaxe de salvación buscando o mar.
Desde as montañas do interior, o chairo e a costa, percorren unha paisaxe arrasada, infinitamente queimado e cuberto de cinzas onde a única presenza con vida é a dos homes e a do ladrido dun can. Todo o demais, ao redor e visto desde a estrada, está morto e extinguido.


A súa viaxe, de vida e de morte permanente, vese ameazado pola ausencia de alimentos e pola presenza de bandas de caníbales. Só téñense o un ao outro, sendo a razón da existencia de ambos a vida do outro.

Novas da biblioteca

A pensión Eva de Andrea Camilleri:
Inspirado polos recordos da súa infancia, Andrea Camilleri escribiu unha deliciosa novela de iniciación sentimental e erótica, descrita polo mesmo autor como «unhas vacacións narrativas [?] na inminencia dos meus oitenta anos». O argumento vira en torno ao espertar á vida dun raparigo algo inxenuo, a finais dos anos trinta, sobre o transfondo do mundo provinciano e soñoliento de Vigàta, a cidade imaxinada polo autor para situar ao comisario Salvo Montalbano.
Coas súas persianas permanentemente pechadas, a misteriosa casa de nome tan suxestivo é como un imán irresistible para o adolescente Nenè e os seus amigos da alma, Ciccio e Jacolino, que fantasean co que ocorre no interior da pensión e soñan con acceder algún día a ese mundo descoñecido que imaxinan rebosante de sensualidade. Cando, ao cabo duns anos, conseguen traspasar inesperadamente as súas portas, descobren un cúmulo de personaxes e historias difíciles de esquecer. A guerra vai cobrando protagonismo ata que a súa presenza vólvese abafadora e, finalmente, tráxica. Entón, o amor e a amizade aparecen como o único sentimento capaz de devolvernos a ilusión e a vontade de vivir. A pensión Eva é unha nova mostra da vitalidade narrativa de Camilleri. Co seu socarronería habitual e o seu estilo irónico e vivaz, o gran autor siciliano mergúllanos nunha historia colmada de humanidade, que consegue divertirnos e conmovernos á vez

martes, 19 de outubro de 2010

xoves, 7 de outubro de 2010

Novas na Biblioteca


Todos estes libros están agardando por ti no andel de novidades dende hoxe mesmo.
Anda axiña por eles que escapan de contado......

martes, 21 de setembro de 2010

Benvida

Un novo curso acaba de comenzar, e coma sempre o equipo de BIBLIOTECA do "INSTI" deséxavos a todos, en especial aos que chegades por primeira vez ao noso Centro, que tiverades unha moi boa entrada, e xa sabedes 

 ¡¡¡¡¡¡ Esperamos as vosas visitas!!!!!!.

Temos moitas cousas para vos emprestar, non so os libros de lectura obrigada, tamén hai pelis, novidades de lectura xuvenil.......

Xa sabedes aquí estaremos para vos axudar en todo canto precisedes, so tedes que  pedir e trataremos de vos complacer en todo o que nos sexa posible.
¡¡¡¡Bo comenzo de curso para todas e todos!!!!!

xoves, 16 de setembro de 2010

Agatha Christie estaría de cumpreanos

 É a creadora de "Hércules Poirot", un detective retirado que sempre ten gran cantidade de traballo, e sempre busca resolver misterios que lle atraian pola súa complexidade intelectual e "Miss Marple" unha anciá solterona e solitaria, pero optimista e a pesar da súa idade, idealista , que axuda a descubrir moitos casos imposibles ata para os máis importantes inspectores de Scotland Yard.
As súas novelas policíacas foron levadas en numerosas ocasións ao cine.
 PODES LER ALGUNHA DAS SÚAS NOVELAS, na BIBLIO temos varias,
QUE MELLOR FORMA DE COMENZAR O CURSO QUE LENDO!!!!!!!!!!

mércores, 23 de xuño de 2010

Os máis emprestados neste curso

Como nos imos de vacacións queremos obsequiarvos cunha camiseta para ir á praia e pensamos que quedarían moi "chulas" coas portadas dos libros que este curso máis nos solicitastes.

Que cada quen pase a elixir a súa

Hai para todos os gustos podes escoller entre :Enderezo descoñecido, Don Quijote de La Mancha, Trece anos de Branca, Cartas de Inverno, Un millón de vacas, A revolta dos animais, Despertar, Alexandros, Made in Galiza, Bel Amor, Más allá de la muerte, La casa de verano ou El circo de los extraños.
(Cada emblema preséntase en diferentes cores)

                                                   Feliz verán a tod@s

martes, 22 de xuño de 2010

venres, 18 de xuño de 2010

AVISO IMPORTANTE








Recorda que tés que devolver os materiais  da "BIBLIO"que tes emprestados o día 21, como máis tarde.

xoves, 17 de xuño de 2010

Mural da biblioteca


Mirade que fermoso vídeo elaborou Pedro recollendo instantáneas do novo mural da Biblio xunto cos seus creadores, parabéns aos alumnos de 4ºB da Eso e ao seu profe de debuxo Manuel Martí que os dirixiu.

Estamos moi orgullosos da vosa obra.

mércores, 2 de xuño de 2010

Remata o servizo de préstamo da biblioteca

subir imagenes
O próximo luns, día 7 de xuño, cérrase o sevizo de préstamo da Biblioteca, pero se precisades algún libro falade con Pedro ou Mª Jesús