mércores, 13 de xuño de 2012

Xa están aquí!


Xa están aquí!, algúns agardabádelos con impaciencia...
Pasen e vexan! Ide elixindo os que vos gusten que son todos para vós.
Boas lecturas!

Traballo interdisciplinar


Os alumnos de 3º ESO D, dirixidos polo profesor do Ámbito Socio-lingüístico Pedro Iturburua e o de EPV Manuel Couso, elaboraron este traballo no que nos poñen ao día de todo o que está a acontecer na Eurocopa 2012.
Grazas a eles decatámonos dun montón de información sobre os diferentes países participantes, pois quixeron compartilo con todo o Instituto colocando no "hall" estes paneis resultado de toda a información que foron recollendo.
Bo traballo mozos! e....

Bo traballo "profes"!

Estatísticas de préstamo neste curso

Estamos a piques de rematar o curso. É un bo momento para coñecer os préstamos que fixemos este ano na Biblioteca. Aquí tedes as estatísticas deste ano cun moi breve comentario do que consideramos máis interesante delas.

Bo verano cheo de historias.

venres, 8 de xuño de 2012

Libros frescos para o verán



Estes libros estarán na Biblioteca para préstamo a partir do día 20 de xuño. Anímate!!!

guía de novidades para o verán


guía de novidades para o verán


martes, 5 de xuño de 2012

Libros para o verán





Este ano tamén nos gustaría moito que aproveitases as vacacións para ler, por iso queremos facerche un
       "Préstamo especial verán"
Só tes que pasar por a biblioteca e elixir aqueles libros que terías querido ler durante o curso e non puideches, as vacacións son estupendas para facelo.
                  Pásate nas datas indicadas a recollelo.

                       Tamén haberá novidades 


                                                 O equipo de Biblioteca

venres, 25 de maio de 2012

Exposición do traxe galego e visita de Iria Morgade á Biblioteca


Mirade que ben resultou o encontro coa escritora Iria Morgade, a Biblio estaba moi animada, todos mostrastes moito interese polo que nos contou e inda máis por recibir os premios que, moi merecidamente, gañastes no concurso de Narrativa e na Olimpiada.

Como podedes observar, a "Biblio" vestiuse para a ocasión, grazas a xenerosa cesión do secretario da Asociación do traxe Galego duns marabillosos traxes galegos. Moitos de vos, orientados polo voso profe de Debuxo Manuel Martí, non so poidestes admiralos senon que tamén os debuxastes.
Parabéns para todos, e novamente moitas grazas a Iria por compartir con nos uns momentos moi agradables.
Xa sabedes, o ano que ben máis!!!
 Seguimos querendo engadir máis nomes vosos nos murais da Biblioteca, inda quedan moitos libros a espera de Título e Autor. 

mércores, 16 de maio de 2012

II Certame de Narrativa "Mª Victoria Moreno"

Non se pode mostrar o resumo. No seu lugar, podes ver a publicación.

And the winners are!





IV OLIMPIADA DO SABER


 Gañadores do primeiro ciclo

LA FAROLA  (36 puntos)

-Antía Ares 2º ESO A
-Antía López 2º ESO C
-Lucía Martínez 2º ESO C
-Kidist Rios 2º ESO C

Gañadores do segundo Ciclo

TRAFICANTES DEL SABER ( 37 puntos)

-Antonio Rodríguez 4º ESO B
-Manuel García 4º ESO B 
-Juan Manuel Araujo 4º ESO B

Segundos clasificados "ex aequo"
Primeiro ciclo

LOS SINNOMBRE

-Adrián Pereiro 1º ESO C
-Xavier Lima 1º ESO C
-Laura Bravo 1º ESO C
-Adrián Arzúa 1º ESO C

HOLMES

-Julien Cortegoso 2º ESO A
-Gabriel Gestido 2º ESO A
-Héctor Gestido 2º ESO A
-Fikremariam Mendoza 2º ESO C

Segundos clasificados "ex aequo"
Segundo ciclo

A CABEZA NON PARA

-Noelia Riveiro 3º ESO A
-Maite Cachafeiro 3º ESO A
-Lucía Souto 3º ESO A
-Aldara Otero 3º ESO A

LOS TELETUBIES

-Enrique Dios 4º ESO C
-Cristian Flores 4º ESO C
-Jaime Rodríguez 4º ESO C





PARABÉNS A TOD@S!!!!!!

Iria Morgade visita a nosa Biblioteca



Hoxe, a nosa exalumna, Iria Morgade, honrounos coa súa presenza na Biblioteca.
Ante un público composto por profesores e alumnos do Centro presentounos a súa  novela "Verbas no ar", recordou como foi o seu paso polo Instituto e como, estimulada por algúns dos seus profesores, comezou a presentarse a diferentes concursos literarios, logo falounos do premio do que foi gañadora.
Tamén explicou a todos os presentes  os pasos que seguiu ata chegar á publicación, desta, a súa primeira novela.
Os alumnos estiveron moi interesados, facéndolle numerosas preguntas ao respecto, ás que ela contestou con cariño e os animou a que sigan interesados pola literatura tanto lendo coma escribindo.


Abusando da súa amabilidade fíxonos de madriña entregando os premios aos gañadores do II certame de Relatos "Mª Victoria Moreno" e da IV Olimpíada Cultural organizados ambos os dous polo equipo de Biblioteca en colaboración co EDLG.


Resultou un acto moi entrañable.


Grazas, Iria, por este agasallo que nos fixeches hoxe e.... Xa sabes, este segue sendo o teu Insti.

xoves, 10 de maio de 2012

mércores, 9 de maio de 2012

Abril-Maio con libros



Mirade que repleta está nestes días a  biblioteca.
Non fai case nada que estabamos coa novela negra e xa cambiamos.


 Dende hai uns días Rosalía e Paz Andrade están connosco.


Estes meses de Abril e Maio son para nós dunha febril actividade, mirade se non


 O día 16 visitaranos unha exalumna, Iria Morgade, presentaranos a súa primeira novela, fará entrega dos premios aos gañadores da IV olimpíada do saber e aos gañadores do segundo certame de narrativa  Mª Victoria Moreno.


Tamén teremos unha interesantísima exposición do "Traxe galego"


Ánimo!!! Pasa pola Biblioteca!!!


Hai moito que ver!!!

De Rosalía a Paz Andrade








O Equipo de Biblioteca xunto co EDLG do Centro ven de elaborar estas actividades que che axudarán no  percorrido que podes facer por os carteis que dende o día 4 de Maio e ata o día 14 están na biblioteca do Centro, se che resulta máis cómodo pódelas descargar nun documento de docs , tes a ligazón nun gadgts que tes no lateral.
Bo percorrido!!!

venres, 4 de maio de 2012

Entre o Libro e as Letras

Aquí tedes o programa de actividades que estamos a realizar na Biblioteca nos meses de abril e maio.

mércores, 2 de maio de 2012

Literatura e espellos

 




Este luns no intituto realizamos unha actividade interdisciplinar,o Equipo de Biblioteca xunto co Departamento de Física e Química quixemos facer ver que  ciencia e literatura teñen moitas cousas en común.


 Eliximos como eixo conductor o tema dos espellos e puidemos ver que numerosos  escritores se aproveitaron de elementos científicos para transportarnos á maxia da literatura.


Resultou moi interesante tanto polas lecturas como polo traballo que realizou o profesor Xabier amosándonos unha chea de actividades feitas con espellos.


 Moitas Grazas Profe Xabier por nos ilustrar de forma tan amena!!!!!!

xoves, 26 de abril de 2012

Valentín Paz Andrade




En colaboración co EDLG do Centro elaboramos esta pequena presentación do autor ao que se adica este ano o Día das Letras Galegas, esperamos que vos guste e vos sirva para coñecer mellor a este polifacético home.

domingo, 22 de abril de 2012

O Garaxe Hermético

Noraboa a este grupode persoas, encabezados por Kiko da Silva, que, nestes tempos, son tan quixotes de poñer en funcionamento una escola de Banda Deseñada, e eiquí, en Pontevedra. Deixovos unha imaxe e o enlace á fecebook desta escola. Sorte.

Día da Terra

                                                               clica para saber máis

mércores, 18 de abril de 2012

Semana negra na biblioteca

Esta mañá o instituto amenceu cheo de sangue, pegadas, sombreiros, pistolas, lupas e detectives..... 
Na biblioteca encontrámonos cun cadáver.... 


Que acontecería a noite pasada?


 Non vos asustedes que non asasinamos a ninguén, simplemente queremos recordarvos que

o día 23 é a celebración do Día Internacional do Libro


 O grupo de biblioteca, este ano, quere suxerirvos que vexades todos os fondos dos que dispoñemos de novela negra, por iso  témolos sacados dos estantes e están nunha zona especial esperando  que os veñades coller e os leades.


Para que saibades máis sobre este tipo de novelas colocámosvos unha serie de paneis informativos que xenerosamente nos  cedeu o Instituto Alexandre Bóveda de Vigo  e que agradecemos enormemente.


           Boa lectura a tod@s!!!!!!!!

luns, 16 de abril de 2012

IV OLIMPIADA DO SABER




Hoxe  comezou a cuarta edición da olimpíada do saber, sodes 18 equipos os inscritos.


Esperamos que volo pasedes 
estupendamente ao longo destas tres semanas ao tempo que aprendades cousas curiosas, pensedes e busquedes información en toda a biblioteca.

Moita sorte a todos os



 participantes!!!!!




 O equipo de biblioteca

xoves, 12 de abril de 2012

IV OLIMPIADA DO SABER


O próximo luns,14 de Maio, dará comezo unha nova Olimpíada do Saber, será xa a IV edición.


Este ano ten como eixes principais a ciencia,o enxeño e o cine.


Xa hai bastantes equipos inscritos pero ata mañá tes tempo para pasar pola biblio se queres  participar


ÁNIMO!!!! HABERÁ MOITOS PREMIOS!!!!

mércores, 21 de marzo de 2012

Día mundial da poesía

La vida es sueño

Es verdad, pues: reprimamos
esta fiera condición,
esta furia, esta ambición,
por si alguna vez soñamos.
Y sí haremos, pues estamos
en mundo tan singular,
que el vivir sólo es soñar;
y la experiencia me enseña,
que el hombre que vive, sueña
lo que es, hasta despertar.
                      (Don Pedro Calderón de la Barca)



El pájaro

Un silencio de aire, luz y cielo.
En el silencio transparente
el día reposaba:
la transparencia del espacio
era la transparencia del silencio.
La inmóvil luz del cielo sosegaba
el crecimiento de las yerbas.
Los bichos de la tierra, entre las piedras,
bajo la luz idéntica, eran piedras.
El tiempo en el minuto se saciaba.
En la quietud absorta
se consumaba el mediodía.

Y un pájaro cantó, delgada flecha.
Pecho de plata herido vibró el cielo,
se movieron las hojas,
las yerbas despertaron...
Y sentí que la muerte era una flecha
que no se sabe quién dispara
y en un abrir los ojos nos morimos.
(Octavio Paz)

luns, 19 de marzo de 2012

Bo aniversario


A primeira Constitución española cumpre 200 anos

A Constitución española de 1812, coñecida popularmente como "La Pepa", foi promulgada polas Cortes Xerais de España, reunidas extraordinariamente en Cádiz, o 19 de marzo de 1812. Outorgóuselle unha grande importancia histórica por tratarse da primeira constitución promulgada en España, ademais de ser unha das máis liberais do seu tempo. Respecto á orixe do seu sobrenome, a Pepa, non está moi claro aínda, pero parece que foi un recurso indirecto tras a súa derrogación para referirse a ela, debido a que se promulgou o día de San José.
Oficialmente estivo en vigor só dous anos, dende a súa promulgación ata a súa derrogación en Valencia, o 4 de maio de 1814. Posteriormente volveuse aplicar durante o Trienio Liberal (1820-1823), así como durante un breve período en 1836-1837, baixo o goberno progresista que preparaba a Constitución de 1837.
A constitución establecía a soberanía na Nación (xa non no rei), a monarquía constitucional, a separación de poderes, a limitación dos do rei, o sufraxio universal masculino indirecto, a liberdade de imprenta, a liberdade de industria, o dereito de propiedade ou a fundamental abolición dos señoríos, entre outras cuestións, polo que non incorporou unha táboa de dereitos e liberdades, pero si recolleu algúns dereitos dispersos no seu articulado".
Pola contra, o texto consagraba a España como Estado confesional católico, prohibindo expresamente no seu art.º 12 calquera outra religión, e o rei o seguía sendo "pola graza de Deus e a Constitución". Do mesmo modo, este texto constitucional non considerou o recoñecemento de ningún dereito para as mulleres, nin sequera o de ciudadanía8 (a palabra "muller" mesma aparece escrita unha soa vez, nunha cita accesoria dentro do art.º 22), aínda que con iso estaban en plena sintonía coa maioría da sociedade española e a Europa do momento.


                         ¡VIVA LA PEPA! 
 É o berro co que  proclamaban os liberais españois a súa adhesión á Constitución de Cádiz.
A gran popularidade que tivo, a súa rotundidade e a súa facilidade de difusión mesmo en circunstancias de represión política como as que chegaron entre 1814 e 1820 (restauración absolutista de Fernando VII) e entre 1823 e 1833 (Década Ominosa) o converteron posiblemente no primeiro lema político da idade contemporánea.

sábado, 17 de marzo de 2012

Salón do libro de Pontevedra


O día 13 de marzo fomos un grupo de alumnos do IES visitar o Salón do Libro de Pontevedra, primeiro poidemos asistir a unha representación do grupo "Mofa e Befa" que nos gustou moito e logo fomos percorrendo as diferentes salas onde estabas expostos os traballos que este ano enviaron diferentes centros. Pasámolo moi ben.

venres, 24 de febreiro de 2012

Celebramos o antroido comendo e disfrazándonos






Aquí vos queda unha pequena mostra de como resultou toda esta festa

luns, 13 de febreiro de 2012

De amor e desamor


Este bo traballo chegounos vía mail dende a biblioteca do IES de Poio. Grazas por compartilo.

venres, 10 de febreiro de 2012

Presentación "Petiscos 2011"


Nun emotivo acto, hoxe, na Biblioteca, realizouse a entrega de exemplares do libro "Petiscos 2011" aos alumnos autores do mesmo.
Este libro, que recolle relatos escritos e ilustrados  por alumnos do centro, puido ver a luz grazas a colaboración  do EDL, do departamento de EPV, da ANPA,  da Biblioteca e do equipo Directivo do IES.Toda a comunidade educativa do Torrente Ballester, como dixo o noso "Dire", sentímonos moi orgullosos deste traballo.
Aquí vos queda unha mostra do que foi a presentación

venres, 3 de febreiro de 2012