Algunhas ideas para un magnífico verán
luns, 21 de xuño de 2021
venres, 11 de xuño de 2021
AVENTURA NA BIBLIO!!!
Participa en persoa ou a través da aula virtual na Olimpíada 2021
Podes entrar como convidado con este enlace
Ánimo!!
Etiquetas:
Actividades:
Olimpíada
venres, 4 de xuño de 2021
Parabéns!!!
De novo o alumnado do Torrente demostrou todo o seu potencial!!!
Hoxe vos lembramos o ben que o fixeron nos certames deste curso.
Felicitamos así os premiados e animámosvos a todos a que sigades participando!
domingo, 12 de xaneiro de 2020
II certame de ilustración
Feliz ano a tod@s! Voltamos a biblioteca un ano máis e o
facemos cunha nova entrega do certame de ilustracíón!

II Certame de ilustración

A Biblioteca María Victoria Moreno, o Departamento
de Artes Plásticas, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega e
a ANPA do IES Gonzalo Torrente Ballester convocan o II certame
de ilustración, no que poderán participar alumnos/as e ex-alumnos/as do
instituto.
Qué técnicas podedes empregar?
A técnica sera libre, podendo ser incluso fotografía.
Lembrade que as obras deben ser orixinais e inéditas.
Qué categorías hai?
Haberá dúas categorías:
A. Primeiro, segundo e terceiro cursos da ESO.
B. Cuarto curso da ESO, Bacharelato, Ciclos Formativos, e
ex-alumnos/as.
Cal é a temática?
As obras presentadas deberá estar relacionadas co eixo das
actividades da Biblioteca neste curso escolar: Piratas. Concretamente,
deberán realizarse como ilustración da portada das seguintes obras:
Categoría A: Peter Pan (de J. M. Barrie)
Categoría B: Morning Star (de Xosé Miranda)
En qué formato poden presentarse as obras?
O formato de presentación das obras será libre,
recomendándose como máximo, o tamaño DIN A-3 (297 x 420 mm).
Cal é o prazo de presentación?
O prazo de presentación de orixinais comezará
o 30 de xaneiro, Día da Ilustración, e rematará o 24 de febreiro de
2020.
Onde se poden entregar as nosas obras?
As obras presentaranse na biblioteca do instituto
nun sobre pechado en cuxo exterior figurará un lema ou pseudónimo e a
categoría pola que se participa. Entregarase outro sobre pechado co lema ou
pseudónimo no exterior e en cuxo interior figurarán os seguintes datos do/a
autor/a: nome e apelidos, curso e grupo (no seu caso). No caso de presentarse a
obra en formato dixital enviarase un correo electrónico á dirección ies.torrente.ballester@edu.xunta.es indicando no asunto
“II certame de ilustración” e no corpo da mensaxe o lema ou pseudónimo;
engadiranse dous arquivos, un coa obra que se presenta ao certame, e outro co
lema ou pseudónimo como nome do arquivo e no que consten o nome e apelidos,
curso e grupo (no seu caso) do/a autor/a.
Quén xulgará as obras e decidirá aos gañadores?
Un xurado integrado por profesorado, membros da
ANPA e alumnado do centro seleccionará as obras gañadoras. A tal efecto,
establécense dous premios (1º e 2º) en cada categoría. O xurado
poderá conceder mencións a outras obras ou deixar algún premio deserto.
Cales son os premios?
Os
premiados recibirán un agasallo e un vale para mercar material escolar,
deportivo, informático… en tendas de Pontevedra. O xurado tamén
seleccionará un máximo de catro obras que pasarán a formar
parte da decoración da Biblioteca.
Cando entregaranse os premios?
Os premios serán entregados no mes de maio, coincidindo coas
actividades do “Día das Letras Galegas”.
Etiquetas:
Acontecementos,
Biblioteca,
CERTAME ILUSTRACION,
concurso,
Concursos
xoves, 21 de novembro de 2019
Biblioteca escolar, vivero de ciudadanía
EFECTIVAMENTE!!!
As Bibliotecas Escolares de Galicia escolleron para este ano o lema “BIBLIOTECA ESCOLAR, VIVERO DE CIDADANÍA”,
destacando a importancia da Biblioteca como elemento dinamizador da formación
en habilidades sociais e valores democráticos, na formación de cidadáns
responsables e críticos, dispostos a unha participación activa para unha
sociedade máis xusta.
E así imos nós
traballando, especialmente desde que hai
catro cursos iniciamos a andaina da materia de Voluntariado Escolar no Bacharelato. Unha oportunidade que o
alumnado aproveitou para desenvolver proxectos diversos, segundo os seus
intereses ou os temas de actualidade.
Outras veces, chamando a
atención sobre problemas como os dos migrantes que atravesan o Mediterráneo
camiño de Europa ou as dificultades para defender a liberdade de prensa e de
expresión.
Recollendo alimentos, xoguetes ou tapóns de plástico para organizacións sen
ánimo de lucro, ou aportacións para UNICEF.
E sempre valorando as múltiples posibilidades de acción, e reflexionando sobre a importancia da acción individual e colectiva na construción dunhs sociedad máis xusta, máis equitativa e máis libre.
Etiquetas:
Biblioteca,
Dereitos humanos. Conmemoracións,
Noticias
domingo, 18 de xuño de 2017
Día das letras galegas 2018 María Victoria Moreno!
Qué boa nova!
O Día das Letras Galegas de 2018 estará dedicado á escritora e profesora María Victoria Moreno Márquez (Valencia de Alcántara, Cáceres, 1941 – Pontevedra, 2005). A decisión adoptouse no Pleno ordinario da Real Academia Galega celebrado este sábado na Coruña, no que tamén se nomeou académica de honra a Marina Mayoral e académicos e académicas correspondentes a Takekazu Asaka, Marcos Bagno, Olga Castro, Helena González, Kirsty Hooper, Helena Villar Janeiro e Helena Zernova.
(Diario de Pontevedra)
O Día das Letras Galegas de 2018 estará dedicado á escritora e profesora María Victoria Moreno Márquez (Valencia de Alcántara, Cáceres, 1941 – Pontevedra, 2005). A decisión adoptouse no Pleno ordinario da Real Academia Galega celebrado este sábado na Coruña, no que tamén se nomeou académica de honra a Marina Mayoral e académicos e académicas correspondentes a Takekazu Asaka, Marcos Bagno, Olga Castro, Helena González, Kirsty Hooper, Helena Villar Janeiro e Helena Zernova.
(Diario de Pontevedra)
Chega o Verán!
Chega o verán e con él as nosas recomendacións!
Etiquetas:
Recomendacións para o Verán
A BIBLIO NAS ONDAS
Xa hai tempo que a nosa Biblioteca se converteu nun estudio de radio.
Visitounos Onda Cero, para emitir desde aquí en directo un programa que celebraba o Día das Letras Galegas. Contamos coa presencia do concelleiro responsable da área de normalización lingüística e mesmo co alcalde de Pontevedra.
Xunto a alumnado de 1º e de 4º de ESO participaron no programa o profesor de Lingua e Literatura Galega Xosé Álvarez e a responsable da Biblioteca, Cristina Ogando.
(RE)ENCONTROS COS AUTORES
Nesta ocasión non falaremos de encontro, senón de reencontro. Porque o autor que nos visita é Tomás González Ahola, antigo alumno do noso IES.
Ademais de lembrar vellos tempos e mesmo falar con algún antigo profesor, estivo transmitíndolles as súas experiencias ao alumnado de 1º de ESO, que lera “Alaia e a deusa”, unha das obras escritas por el.
Moitas grazas, Rubén, e ata sempre!!!
Etiquetas:
autores,
Encontro con autores,
encontros,
Tomás González Ahola
martes, 6 de xuño de 2017
mércores, 5 de abril de 2017
POLO MEDITERRÁNEO
O alumnado de Voluntariado Escolar organizou o venres 24 de marzo, en colaboración coa ONG AGARESO (Asociación Galega de Reporteiros Solidarios), unha acción do que se soe chamar “comunicación de guerrilla”, para chamar a atención sobre as penalidades polas que pasan os migrantes que, buscando fuxir da morte e a opresión, arriscan as súas vidas para chegar a unha Europa que non os está a recibir con brazos abertos.
Aquí tedes algunhas fotografías / un vídeo / unha presentación sobre o seu traballo.
Mediterráneo from biblioteca victoria moreno on Vimeo.
Aquí tedes algunhas fotografías / un vídeo / unha presentación sobre o seu traballo.
Mediterráneo from biblioteca victoria moreno on Vimeo.
I CERTAME ILUSTRACIÓN
O xurado integrado por profesorado, membros da ANPA e alumnado do centro ven de facer público as obras gañadoras do I CERTAME DE ILUSTRACIÓN:
Categoría A:
1º Premio Sabela Alonso Freire (3ºC)
2º Premio Jennifer Macedo Malvido (3ºA)
Accésits Samia Baait El Khalgi (3ºA)
Ada Fernández García (3ºB)
Manuel Tomé Antelo (3ºB)
Categoría B:
1º Premio Ariana Vergaray Armas (1ºbachA)
2º Premio Catalina Fariña Fernández (2ºbachB)
Accésits Tamara Iglesias Varela (4ºB)
Ana Peón Pousa (4ºA)
PARABÉNS AOS PREMIADOS E MOITAS GRAZAS A TODOS POR PARTICIPAR!!!!
As obras presentadas foron realizadas como ilustración da portada das seguintes obras:
Categoría A: Marcovaldo ou as estacións na cidade (de Italo Calvino)
Categoría B: O sol do verán (de Carlos Casares)
![]() |
| SABELA ALONSO |
![]() |
| JENNIFER MACEDO |
![]() |
| ARIANA VERGARAY |
![]() |
| CATALINA FARIÑA |
xoves, 22 de decembro de 2016
Encontros cos autores. A
Ilustración.
O pasado venres estivo na Biblioteca
falando co alumnado de Debuxo Artístico o ilustrador Marcos
Viso (http://marcosvisoilustracion.com/).
Compartiu con nós tanto cuestións técnicas, sobre o
desenvolvemento do seu traballo como ilustrador, como outras máis
persoais: como chegou á ilustración, o que supón adicarse a un
oficio creativo, as dificultades, as dúbidas, as satisfacións…
Trouxo orixinais das súas obras xa publicadas (Todos os soños,
Unha casiña branca, Parar o mundo, Vaite xa…)
ou en proxecto, e explicou tanto técnicas artísticas como os pasos
que hai que dar na relación cos autores, as editoriais…
A charla terá continuidade nas
vindeiras semanas cun formato de obradoiro.
luns, 5 de decembro de 2016
COMPAÑEIROS
Por esas cousas que pasan, resulta que nos demos conta de que no noso blogue faltaba algo fundamental: un enlace ao blogue do Equipo de Dinamización da Lingua Galega que, dirixido por Mariló, traballa arreo no noso IES.
Remediamos inmediatamente o lapso e aquí tedes o enlace
directo ao blogue, na marxe esquerda da nosa páxina principal . Seguiremos en
contacto…
xoves, 17 de novembro de 2016
VII CERTAME DE NARRATIVA
Como cada ano, e van sete, a Biblioteca, o EDL, a AMPA e diversos Departamentos didácticos colaboran na organización de diversos certames. Neste curso, seguindo o eixe ESTACIÓNS CON ARTE, proporemos varios, empezando co VII CERTAME DE NARRATIVA.
Tedes a información nas aulas e as escaleiras, pero aquí vai
tamén. AGARDAMOS AS VOSAS OBRAS!!!!
BIBLIOTECA MARÍA VICTORIA
MORENO
VII
CERTAME DE NARRATIVA
1.- A Biblioteca María Victoria Moreno, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega e a ANPA
do IES Gonzalo Torrente Ballester convocan o VI certame de narrativa,
no que poderán participar alumnos/as e ex-alumnos/as do instituto.
2.- As obras serán narracións orixinais e inéditas dun mínimo
de 1 folio e un máximo de 5 folios, escritos a dobre espazo e por unha soa
cara.
3.- O tema das
historias deberá estar relacionado co eixo das actividades da Biblioteca neste
curso escolar: Estacións.
4.- As obras deberán incluír en calquera parte o
seguinte fragmento da obra “O SOL DO VERÁN” de CARLOS CASARES: “A
partir daquel instante, o mundo borrouse dos meus ollos e dos meus oídos, a luz
ferinte do sol convertiuse en néboa…”
5.- O título das
obras presentadas ao concurso terá un máximo
de cinco palabras.
6.- Establécense as
seguintes categorías:
A.
Primeiro, segundo e terceiro cursos da ESO.
B.
Cuarto curso da ESO, Bacharelato, Ciclos Formativos, e ex-alumnos/as.
7.- O prazo de presentación de orixinais
comezará o 4 de novembro e rematará
o 2 de decembro de 2016. As obras
presentaranse na biblioteca do
instituto nun sobre pechado en cuxo
exterior figurará un lema ou pseudónimo e a categoría pola que se participa.
Entregarase outro sobre pechado co lema ou pseudónimo no exterior e en cuxo
interior figurarán os seguintes datos do/a autor/a: nome e apelidos, curso e
grupo (no seu caso).
8.- Un xurado
integrado por profesorado, membros da ANPA e alumnado do centro seleccionará as
obras gañadoras. A tal efecto, establécense dous premios (1º e 2º) en cada categoría. O xurado poderá conceder
mencións a outras obras ou deixar algún premio deserto.
9.- Os premios serán os seguintes:
·
Os premiados recibirán un vale para mercar material escolar, deportivo,
informático… en tendas
de Pontevedra.
·
O xurado
seleccionará un máximo de 10 títulos das obras participantes que serán
utilizados para rotular os lombos dos libros dos murais da biblioteca.
10.- Os premios serán entregados
no mes de maio, coincidindo coas actividades do “Día das Letras Galegas”.
Subscribirse a:
Comentarios (Atom)



















