Encontros cos autores. A
Ilustración.
O pasado venres estivo na Biblioteca
falando co alumnado de Debuxo Artístico o ilustrador Marcos
Viso (http://marcosvisoilustracion.com/).
Compartiu con nós tanto cuestións técnicas, sobre o
desenvolvemento do seu traballo como ilustrador, como outras máis
persoais: como chegou á ilustración, o que supón adicarse a un
oficio creativo, as dificultades, as dúbidas, as satisfacións…
Trouxo orixinais das súas obras xa publicadas (Todos os soños,
Unha casiña branca, Parar o mundo, Vaite xa…)
ou en proxecto, e explicou tanto técnicas artísticas como os pasos
que hai que dar na relación cos autores, as editoriais…
A charla terá continuidade nas
vindeiras semanas cun formato de obradoiro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario