Como cada ano, e van sete, a Biblioteca, o EDL, a AMPA e diversos Departamentos didácticos colaboran na organización de diversos certames. Neste curso, seguindo o eixe ESTACIÓNS CON ARTE, proporemos varios, empezando co VII CERTAME DE NARRATIVA.
Tedes a información nas aulas e as escaleiras, pero aquí vai
tamén. AGARDAMOS AS VOSAS OBRAS!!!!
BIBLIOTECA MARÍA VICTORIA
MORENO
VII
CERTAME DE NARRATIVA
1.- A Biblioteca María Victoria Moreno, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega e a ANPA
do IES Gonzalo Torrente Ballester convocan o VI certame de narrativa,
no que poderán participar alumnos/as e ex-alumnos/as do instituto.
2.- As obras serán narracións orixinais e inéditas dun mínimo
de 1 folio e un máximo de 5 folios, escritos a dobre espazo e por unha soa
cara.
3.- O tema das
historias deberá estar relacionado co eixo das actividades da Biblioteca neste
curso escolar: Estacións.
4.- As obras deberán incluír en calquera parte o
seguinte fragmento da obra “O SOL DO VERÁN” de CARLOS CASARES: “A
partir daquel instante, o mundo borrouse dos meus ollos e dos meus oídos, a luz
ferinte do sol convertiuse en néboa…”
5.- O título das
obras presentadas ao concurso terá un máximo
de cinco palabras.
6.- Establécense as
seguintes categorías:
A.
Primeiro, segundo e terceiro cursos da ESO.
B.
Cuarto curso da ESO, Bacharelato, Ciclos Formativos, e ex-alumnos/as.
7.- O prazo de presentación de orixinais
comezará o 4 de novembro e rematará
o 2 de decembro de 2016. As obras
presentaranse na biblioteca do
instituto nun sobre pechado en cuxo
exterior figurará un lema ou pseudónimo e a categoría pola que se participa.
Entregarase outro sobre pechado co lema ou pseudónimo no exterior e en cuxo
interior figurarán os seguintes datos do/a autor/a: nome e apelidos, curso e
grupo (no seu caso).
8.- Un xurado
integrado por profesorado, membros da ANPA e alumnado do centro seleccionará as
obras gañadoras. A tal efecto, establécense dous premios (1º e 2º) en cada categoría. O xurado poderá conceder
mencións a outras obras ou deixar algún premio deserto.
9.- Os premios serán os seguintes:
·
Os premiados recibirán un vale para mercar material escolar, deportivo,
informático… en tendas
de Pontevedra.
·
O xurado
seleccionará un máximo de 10 títulos das obras participantes que serán
utilizados para rotular os lombos dos libros dos murais da biblioteca.
10.- Os premios serán entregados
no mes de maio, coincidindo coas actividades do “Día das Letras Galegas”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario