Open publication - Free publishing
luns, 22 de abril de 2013
xoves, 18 de abril de 2013
Catálogo da exposición sobre Manuel Lourenzo González
Aquí tedes un catálogo cos paneis e obxectos que temos nestes días na Biblioteca.
luns, 15 de abril de 2013
Actividades " ENTRE O LIBRO E AS LETRAS"
Aquí temos o programa de actividades da Biblioteca para os próximos 40 días. Ainda quedan cousas por confirmar. Xa vos contaremos. Manuel Lourenzo González e Roberto Vidal Bolaño son os nomes destacados deste ano no noso centro. Estades todas e todos invitados.
Etiquetas:
actividades,
dia do libro,
letras galegas 2013
Presentación de "Dominicanas somos"
O próximo mércores, día 17, Enrique Mauricio e Carlos Taboada veñen o centro, a presentar o alumnado de 1º ESO, a súa banda deseñada "Dominicanas somos".
Etiquetas:
banda deseñada,
presentacións,
racismo
V Olimpíada do saber: Música, cine e inxenio

Este ano varias probas estarán adicadas ao mundo da música e o cine.
As probas comezan o martes, 23 de abril ( día do libro. Bo día).
Animádevos!!!
Etiquetas:
actividades,
concurso,
Formación de usuarios
I Certame de Deseño de Portadas de Libros
Co gallo da exposición sobre Manuel Lourenzo González que temos no centro, o EDLG e o Equipo da Biblioteca, co patrocinio da ANPA "El pino", convocan o I Certame de Deseño de Portadas de libros. As bases as tes a continuación.
venres, 12 de abril de 2013
8 de Abril, día internacional do pobo xitano
Exposición de paneis cedidos pola Fundación do Pobo xitano.
Traducción libre da letra :
-
-
-
- Anduve por muchos caminos,
- en ellos encontré Rom afortunados
- en sus coloridas carpas.
- También me encontré con Rom pobres.
- ¿De dónde vienen
- con sus tiendas coloridas, recorriendo
- los caminos?
- ¡Oh Rom!,
- ¡Oh muchachos!
- Rom, hermano,
- una vez también yo tuve una gran familia,
- Vengan conmigo Rom del mundo entero,
- nuevamente los caminos
- se han abierto.
- Ahora es el tiempo.
- ¡Oh Rom!,
- ¡Oh muchachos!
- Recorramos nuevos caminos.
- ¡Vamos! que la esperanza de tiempos mejores
- es la que nos guía cada día
-
-
De Catamarca a Atl
Manuel Lourenzo from Biblioteca Torrente Ballester on Vimeo.
O Equipo de Dinamización da Lingua Galega e o Equipo de Biblioteca do instituto elaboraron e montaron na biblioteca unha exposición sobre a persoa e a obra do noso compañeiro Manuel Lourenzo González. Esta exposición pretende ser un xeito de recoñecer o seu labor como escritor, unha carreira que nos últimos anos foi distinguida con diferentes premios (Xerais 2008, Barco de Vapor 2011 e Blanco Amor 2011). A mostra, que permanecerá montada ata os últimos días do mes de maio, inclúe paneis informativos sobre a súa vida e a súa obra, unha selección dos seus textos publicados e unha pequena colección de "obxectos dunha realidade ficticia".
Etiquetas:
animación á lectura,
Escritores,
Exposicións
martes, 26 de marzo de 2013
Visitamos o Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra
XIV Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra from Biblioteca Torrente Ballester on Vimeo.
O xoves 21 de marzo fomos ao SALÓN DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL de Pontevedra, este áno dedicado ás máquinas: A TODA MÁQUINA.
Alí vimos os traballos presentados polos centros de ensino de Pontevedra, unha exposición sobre Marilar Aleixandre e unha serie de inventos ao longo da historia que lle debemos a persoas como Leonardo da Vinci.
Ademais, Kiko da Silva falounos do seu Garaxe Hermético, unha escola galega de ilustración, creada por el, para formar nesta profesión, ata o de agora autodidacta, dado que non se imparte na docencia universitaria por non considerar o cómic unha arte. Tamén nos amosou algunhas das súas bandas deseñadas e explicounos o laborioso proceso de transformar as ideas en imaxes e palabras.
Foi moi interesante.
venres, 8 de marzo de 2013
8 de Marzo
Un 8 de marzo de 1857, un grupo de obreiras téxtiles tomou a decisión de saír ás rúas de Nova York a protestar polas míseras condicións nas que traballaban.
Distintos movementos sucedéronse a partir desa data. O 5 de marzo de 1908, Nova York foi escenario de novo dunha folga polémica para aqueles tempos. Un grupo de mulleres reclamaba a igualdade salarial, a diminución da xornada laboral a 10 horas e un tempo para poder dar de mamar os seus fillos. Durante esa folga, pereceron máis dun centenar de mulleres queimadas nunha fábrica de Sirtwoot Cotton, nun incendio que se atribuíu ao dono da fábrica como resposta á folga.
En 1910, durante a Segunda Conferencia Internacional de Mulleres Traballadoras celebrada en Copenhaguen (Dinamarca) máis de 100 mulleres aprobaron declarar o 8 de marzo como Día Internacional da Muller Traballadora.
Actualmente, celébrase como o Día Internacional da Muller.
Distintos movementos sucedéronse a partir desa data. O 5 de marzo de 1908, Nova York foi escenario de novo dunha folga polémica para aqueles tempos. Un grupo de mulleres reclamaba a igualdade salarial, a diminución da xornada laboral a 10 horas e un tempo para poder dar de mamar os seus fillos. Durante esa folga, pereceron máis dun centenar de mulleres queimadas nunha fábrica de Sirtwoot Cotton, nun incendio que se atribuíu ao dono da fábrica como resposta á folga.
En 1910, durante a Segunda Conferencia Internacional de Mulleres Traballadoras celebrada en Copenhaguen (Dinamarca) máis de 100 mulleres aprobaron declarar o 8 de marzo como Día Internacional da Muller Traballadora.
Actualmente, celébrase como o Día Internacional da Muller.
mércores, 27 de febreiro de 2013
mércores, 13 de febreiro de 2013
Entroido 2013
Entroido 2013 no IES Torrente Ballester from Biblioteca Torrente Ballester on Vimeo.
Xa é unha tradición no noso instituto celebrar a chegada do Entroido, e este ano non podiamos faltar a este acontecemento, así que nos vestimos de gala carnavalesca e saímos das aulas para que toda a comunidade educativa nos vise, tampouco fallou o tan esperado concurso de sobremesas típicas que nos adozan a ocasión, con todos estes ingredientes pasámonolo fenomenal.
Este vídeo é unha pequena mostra de todo canto aconteceu.
Xa é unha tradición no noso instituto celebrar a chegada do Entroido, e este ano non podiamos faltar a este acontecemento, así que nos vestimos de gala carnavalesca e saímos das aulas para que toda a comunidade educativa nos vise, tampouco fallou o tan esperado concurso de sobremesas típicas que nos adozan a ocasión, con todos estes ingredientes pasámonolo fenomenal.
Este vídeo é unha pequena mostra de todo canto aconteceu.
martes, 29 de xaneiro de 2013
Okapi, nova revista na biblioteca
Unha preciosa historia da música
Con permiso do equipo de Biblioteca do IES Pedras Rubias de Salceda de Caselas. Merece a pena difundilo.
venres, 25 de xaneiro de 2013
Fina, Académica da Lingua.
xoves, 17 de xaneiro de 2013
Paseo virtual polo futuro cercano da Biblioteca
No instituto, temos a sorte de ter compañeiros que traballan programas espectaculares. Un bo amigo da Biblioteca, Francisco Otero, regalounos unha montaxe virtual de como queremos que quede a nosa biblioteca ao final de curso. Mirádea. É un luxo de traballo.
Adicado a Mª Jesús que, pola súa "mala pata", ten que velo desde casa.
Adicado a Mª Jesús que, pola súa "mala pata", ten que velo desde casa.
venres, 21 de decembro de 2012
Libos e Postais no Nadal
Libros e Postais para o Nadal from Biblioteca Torrente Ballester on Vimeo.
Como todos os anos por estas datas o Instituto vístese de gala para recibir o Nadal. Os alumnos do Centro, animados pola profesora de Relixión e os profesores de EPV traballaron sen descanso para presentar as súas postais ao concurso que convoca o EDLG e, A Biblioteca, únese á celebración propoñéndovos lecturas, recén chegadas, para que as gocedes nestes días de Vacacións.
Bo nadal e mellor aninovo para tod@s !!!!!
Etiquetas:
Animación a lectura,
Concursos,
traballos feitos polos alumnos
martes, 18 de decembro de 2012
Lecturas para un tempo de lecer.
É tempo de lecer... e de ler. Temos libros novos na Biblioteca, pero tamén presentamos algunhas suxestións para regalar. Boas vacacións.
mércores, 12 de decembro de 2012
xoves, 29 de novembro de 2012
Día mundial da SIDA
Catro novelas que tratan o tema da SIDA. Non debemos esquecer que este problema non está resolto.
A información é formación.
A información é formación.
Etiquetas:
Animación a lectura,
Conmemoracións,
Dereitos humanos
luns, 26 de novembro de 2012
25 Novembro II
Imaxes da entrega de premios do certame de cartas, exposición de materiais e audiovisual mostrado na bibiblioteca. Noraboa a Yolanda García Ferradás e a Marta Gómez Martín polos seus premios. Preme na imaxe.
xoves, 22 de novembro de 2012
25 de novembro
Co gallo do Día Internacional contra a violencia cara as mulleres, na Biblioteca temos montada unha pequena exposición cos documentos que tratan este tema. O próximo luns, faremos no recreo, unha presentación audiovisual e entregaremos os premios do certame
“Se ti non tes voz, eu teño palabras”.
Aquí tedes un adianto do vídeo que se proxectará
25N from Biblioteca Torrente Ballester on Vimeo.
Etiquetas:
Conmemoracións,
Exposicións,
Violencia
xoves, 8 de novembro de 2012
O Samaín no Torrente Ballester
Xa tedes a reportaxe gráfica do que aconteceu no Insti entre os días 30 e 31 de Outubro, este ano tivemos moita colaboración como podedes ver.
mércores, 31 de outubro de 2012
luns, 29 de outubro de 2012
Samaín 2012
Samaín... xa está aquí.
Mañá, martes e o mércores, o instituto estará cheo de trasnos,osos, cabazas, músicas de ultratumba , sonidos terroríficos, libros que fan tremer e...medo. MOITO MEDO.
A semana que ven, veredes imaxes .
Graciñas aos colabodadores. O que podedes ver, escoitar e... sufrir é traballo de moita xente.
martes, 23 de outubro de 2012
domingo, 21 de outubro de 2012
martes, 9 de outubro de 2012
Novidades para o outono 2012
Xa temos na biblioteca esas novidades que ao comezar o curso vos prometeramos.
Aquí deixámosvos un pequeno adianto, pero chegarán máis.
Vide a buscalas rápido que voan do estante!!!!!!
martes, 18 de setembro de 2012
Benvida
Como todos os anos, en setembro, comezamos un novo curso cheos de ilusións e proxectos que queremos compartir convosco.
O equipo de Biblioteca deséxavos un feliz comezo de curso e esperamos a vosa visita con impaciencia.
Teremos moitas novidades!!
O equipo de Biblioteca deséxavos un feliz comezo de curso e esperamos a vosa visita con impaciencia.
Teremos moitas novidades!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)







25 N






