mércores, 13 de febreiro de 2013

Entroido 2013

Entroido 2013 no IES Torrente Ballester from Biblioteca Torrente Ballester on Vimeo.

Xa é unha tradición no noso instituto celebrar a chegada do Entroido, e este ano non podiamos faltar a este acontecemento, así que nos vestimos de gala carnavalesca e saímos das aulas para que toda a comunidade educativa nos vise, tampouco fallou  o tan esperado concurso de sobremesas típicas que nos adozan a ocasión, con todos estes ingredientes pasámonolo fenomenal.
 Este vídeo é unha pequena mostra de todo canto aconteceu.

martes, 29 de xaneiro de 2013

Okapi, nova revista na biblioteca


Agora, xa non temos razóns para non ler en francés. Desde este mes, temos esta revista no recuncho de lectura relaxada da biblioteca, para estar ao día na lingua de Asterix e Tintin.

Unha preciosa historia da música

Con permiso do equipo de Biblioteca do IES Pedras Rubias de Salceda de Caselas. Merece a pena difundilo.

venres, 25 de xaneiro de 2013

Fina, Académica da Lingua.

Dende a Biblioteca do IES G. Torrente Ballester engadímonos aos parabéns para esta escritora e mestra, de tanta xente, e que vén de conseguir que a L.I.X. teña o seu oco nas altas institucións da lingua.

NORABOA!


xoves, 17 de xaneiro de 2013

Paseo virtual polo futuro cercano da Biblioteca

No instituto, temos a sorte de ter compañeiros que traballan programas espectaculares. Un bo amigo da Biblioteca, Francisco Otero, regalounos unha montaxe virtual de como queremos que quede a nosa biblioteca ao final de curso. Mirádea. É un luxo de traballo.
  Adicado a Mª Jesús  que, pola súa "mala pata", ten que velo desde casa.

venres, 21 de decembro de 2012

Libos e Postais no Nadal


Libros e Postais para o Nadal from Biblioteca Torrente Ballester on Vimeo.

Como todos os anos por estas datas o Instituto  vístese de gala para recibir o Nadal. Os alumnos do Centro, animados pola profesora de Relixión e os profesores de EPV traballaron sen descanso para presentar as súas postais ao concurso que convoca o EDLG e, A Biblioteca,  únese á celebración propoñéndovos lecturas, recén chegadas, para que as gocedes nestes días de Vacacións.

Bo nadal e mellor aninovo para tod@s !!!!!

martes, 18 de decembro de 2012

Lecturas para un tempo de lecer.

É tempo de lecer... e de ler. Temos libros novos na Biblioteca, pero  tamén presentamos algunhas suxestións para regalar. Boas vacacións.



mércores, 12 de decembro de 2012

Nadal 2012

Novidades da Biblioteca para os próximos días.



xoves, 29 de novembro de 2012

Día mundial da SIDA

Catro novelas que tratan o tema da SIDA. Non debemos esquecer que este problema non está resolto.
A información é formación.

luns, 26 de novembro de 2012

25 Novembro II







Imaxes  da entrega de premios do certame de cartas, exposición de materiais e audiovisual mostrado na bibiblioteca. Noraboa a Yolanda García Ferradás e a Marta Gómez Martín polos seus premios. Preme na imaxe.

xoves, 22 de novembro de 2012

25 de novembro



Co gallo do Día Internacional contra a violencia cara as mulleres, na Biblioteca temos montada unha pequena exposición cos documentos que tratan este tema. O próximo luns, faremos no recreo, unha presentación audiovisual  e entregaremos os premios do certame
              “Se ti non tes voz, eu teño palabras”.
                Aquí tedes un adianto do vídeo que se proxectará

25N from Biblioteca Torrente Ballester on Vimeo.

xoves, 8 de novembro de 2012

O Samaín no Torrente Ballester


Xa tedes a reportaxe gráfica do que aconteceu no Insti entre os días 30 e 31 de Outubro, este ano tivemos moita colaboración como podedes ver.

mércores, 31 de outubro de 2012

Que sei? Xogo do Samaín

                           Bases do concurso

luns, 29 de outubro de 2012

Samaín 2012

Samaín... xa está aquí.  
Mañá, martes e o mércores, o instituto estará cheo de trasnos,osos,  cabazas, músicas de ultratumba , sonidos terroríficos, libros que fan tremer e...medo. MOITO MEDO
 
A semana que ven, veredes imaxes . 
 

Graciñas aos colabodadores. O que podedes ver, escoitar e... sufrir é traballo de moita xente.

martes, 23 de outubro de 2012

Formación de usuarios 2012-13


Concurso do Samaín



ESPERÁMOSTE!!!!!!

domingo, 21 de outubro de 2012

Achégase o Samaín.

Un pouco de música para entrar nun mundo de medo...

martes, 9 de outubro de 2012

Novidades para o outono 2012


Xa temos na biblioteca esas novidades que ao comezar o curso vos prometeramos.
Aquí deixámosvos un pequeno adianto, pero chegarán máis.

Vide a buscalas rápido que voan do estante!!!!!!

martes, 18 de setembro de 2012

Benvida

Como todos os anos, en setembro, comezamos un novo curso cheos de ilusións e proxectos que queremos compartir convosco.

O equipo de Biblioteca deséxavos un feliz comezo de curso e esperamos a vosa visita con impaciencia.

Teremos moitas novidades!!

mércores, 12 de setembro de 2012

Marabillosa curtametraxe


Navegando por a rede atopei esta marabillosa curtametraxe que conta a historia dun zapato boneca.
Disfrutade dela. Merece a pena

martes, 3 de xullo de 2012

imaxes en prezi



Toca na imaxe e verás unha presentación de imaxes da biblioteca.





sábado, 23 de xuño de 2012

Os máis emprestados


Gustaríache levar á praia unha camiseta coa portada do teu libro preferido?
 Na "Biblio" quixemos facer esta montaxe para que poidas ver como quedaría, eliximos as portadas dos libros máis emprestados neste curso.
  A que mola!




                      O EQUIPO DE BIBLIOTECA

xoves, 21 de xuño de 2012

mércores, 20 de xuño de 2012

A modo de resumo...

Emili Teixidor. Tot un amic

Foise Emili Teixidor. O escritor que ademais de múltiples historias de ficción (como Pa negre, que dou lugar á premiada película) escribiu ese libro de referencia para os mediadores, La lectura y la vida. Cómo incitar a los niños y adolescentes a la lectura: una guía para padres y maestros,  e o artigo "Estrategias del deseo o trucos para leer" publicado no suplemento Culturas do diario La Vanguardia, que resultou ganador do VI Premio Xornalístico da Fundación Germán Sánchez Ruipérez no 2005 sobre lectura.
Emili Teixidor acompañaranos nunha das actividades de formación de bibliotecas escolares. As súas palabras resultaron sabias e poderosas, igual que a súa presenza.
Hai unhas semanas volveunos acompañar, neste caso a través do libro citado que formaba parte dos materiais entregados ao profesorado participante na V Xornada dos Clubs realizada o 9 de xuño no Palacio de Congresos. Así de forte é o vínculo que nos unía e nos une a alguén que tanto dixo e escribiu sobre eses temas que tanto nos interesan. Un bo momento para volver ás súas obras, para seguir os seus consellos... 

--
Publicado por  Asesoría Bibliotecas Escolares  para  Rede Lectura  el  6/20/2012

sábado, 16 de xuño de 2012

Cursos de verán en "O garaxe hermético"




Estamos a piques de entrar no verán. É tempo de facer aquelas cousas que durante o curso non as fixemos. Tanto para rapaces como para adultos, "O garaxe hermético", a escola de banda deseñada de Pontevedra, ofrécenos cursos para aprender e pasalo ben. Clica aquí e terás toda a información.  Atrévete!!!

venres, 15 de xuño de 2012

Fomentando a lectura en Forcarei

Fantástico vídeo sobre "fomento da lectura", feito no IES Chano Piñeiro de Forcarei. Graciñas a Anxo e a Gracia por facer cousas tan bonitas e sentidas. Noraboa.

Un traballo sobre a Constitución

Antes de rematar o curso non queremos terminar sen mostrar o traballo que fixeron os alumnos de 3º Diversificación co gallo do Día da Constitución. Estivo en paneis pero agora o tedes en formato libro. Tarde pero seguro

xoves, 14 de xuño de 2012

Eurocopa II


En cada país, tedes o enlace do traballo que fixeron os alumnos e alumnas de 3º D, sobre os participantes na Eurocopa. É unha labor ben feita e querémola mostrar:

Alemania, República Checa, Croacia, Dinamarca, España,Francia, Grecia, HolandaInglaterra, Irlanda, Italia, Polonia,Portugal,SueciaUcrania.

Bo traballo, e noraboa para Nerea, Iago, Elena, Beatriz, Christian e Alberto. Os mellores.