xoves, 26 de abril de 2012
Valentín Paz Andrade
domingo, 22 de abril de 2012
O Garaxe Hermético
Noraboa a este grupode persoas, encabezados por Kiko da Silva, que, nestes tempos, son tan quixotes de poñer en funcionamento una escola de Banda Deseñada, e eiquí, en Pontevedra. Deixovos unha imaxe e o enlace á fecebook desta escola. Sorte.
mércores, 18 de abril de 2012
Semana negra na biblioteca
Esta mañá o instituto amenceu cheo de sangue, pegadas, sombreiros, pistolas, lupas e detectives.....
Na biblioteca encontrámonos cun cadáver....
Que acontecería a noite pasada?
Non vos asustedes que non asasinamos a ninguén, simplemente queremos recordarvos que
o día 23 é a celebración do Día Internacional do Libro
O grupo de biblioteca, este ano, quere suxerirvos que vexades todos os fondos dos que dispoñemos de novela negra, por iso témolos sacados dos estantes e están nunha zona especial esperando que os veñades coller e os leades.
Para que saibades máis sobre este tipo de novelas colocámosvos unha serie de paneis informativos que xenerosamente nos cedeu o Instituto Alexandre Bóveda de Vigo e que agradecemos enormemente.
Na biblioteca encontrámonos cun cadáver....
Que acontecería a noite pasada?

o día 23 é a celebración do Día Internacional do Libro
O grupo de biblioteca, este ano, quere suxerirvos que vexades todos os fondos dos que dispoñemos de novela negra, por iso témolos sacados dos estantes e están nunha zona especial esperando que os veñades coller e os leades.

Boa lectura a tod@s!!!!!!!!
luns, 16 de abril de 2012
IV OLIMPIADA DO SABER
Hoxe comezou a cuarta edición da olimpíada do saber, sodes 18 equipos os inscritos.
Esperamos que volo pasedes
estupendamente ao longo destas tres semanas ao tempo que aprendades cousas curiosas, pensedes e busquedes información en toda a biblioteca.
Moita sorte a todos os
participantes!!!!!
O equipo de biblioteca
Moita sorte a todos os
participantes!!!!!
O equipo de biblioteca
xoves, 12 de abril de 2012
IV OLIMPIADA DO SABER
O próximo luns,14 de Maio, dará comezo unha nova Olimpíada do Saber, será xa a IV edición.
Este ano ten como eixes principais a ciencia,o enxeño e o cine.
Xa hai bastantes equipos inscritos pero ata mañá tes tempo para pasar pola biblio se queres participar
ÁNIMO!!!! HABERÁ MOITOS PREMIOS!!!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)