xoves, 17 de novembro de 2011

Xa na Biblioteca

O mundo secreto de Basilius Hoffman: O ladrón de soños

 Autor: Fernando Cimadevila e Ivan Valladares

O mundo secreto de Basilius Hoffman comprende un ambicioso proxecto de fantasía que abrangue varios medios artísticos, centrados todos eles arredor dunha serie de cinco novelas ilustradas da que agora se publica o seu primeiro título: O ladrón de soños.
Desde esta primeira historia mergullámonos nun mundo estraño e complexo, un universo onde o profesor Hoffman: arqueólogo, historiador, lingüista e, sobre todo, explorador de mundos ocultos, serve de guía ao seu novo sobriño Peter nunha viaxe na que as lendas e os mitos de moi diferentes culturas do noso propio mundo conflúen cara a unha única e asombrosa revelación que marcará o destino da humanidade.
Entre os demais proxectos atópase tamén a publicación de varias novelas derivadas, nas que se profundizará noutros aspectos da historia e dos personaxes, varios álbumes de banda deseñada e a creación dunha banda sonora, que xa ten a súa primeira achega nesta novela cunha peza a piano.

O mundo secreto de Basilius Hoffman pretende chegar tanto a un público xuvenil como adulto, seguindo o legado de Michael Ende cunha lectura de dobre profundidade, na que os máis novos gocen da aventura e os maiores poidan recuperar aquela maxia das súas primeiras lecturas no xénero da fantasía, sempre, e como manda a tradición, cun pano de fondo que reivindica o poder da creatividade e da imaxinación.
( A rede social galega do Libro)



Ningún comentario: