Feliz ano a tod@s! Voltamos a biblioteca un ano máis e o
facemos cunha nova entrega do certame de ilustracíón!
II Certame de ilustración
A Biblioteca María Victoria Moreno, o Departamento
de Artes Plásticas, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega e
a ANPA do IES Gonzalo Torrente Ballester convocan o II certame
de ilustración, no que poderán participar alumnos/as e ex-alumnos/as do
instituto.
Qué técnicas podedes empregar?
A técnica sera libre, podendo ser incluso fotografía.
Lembrade que as obras deben ser orixinais e inéditas.
Qué categorías hai?
Haberá dúas categorías:
A. Primeiro, segundo e terceiro cursos da ESO.
B. Cuarto curso da ESO, Bacharelato, Ciclos Formativos, e
ex-alumnos/as.
Cal é a temática?
As obras presentadas deberá estar relacionadas co eixo das
actividades da Biblioteca neste curso escolar: Piratas. Concretamente,
deberán realizarse como ilustración da portada das seguintes obras:
Categoría A: Peter Pan (de J. M. Barrie)
Categoría B: Morning Star (de Xosé Miranda)
En qué formato poden presentarse as obras?
O formato de presentación das obras será libre,
recomendándose como máximo, o tamaño DIN A-3 (297 x 420 mm).
Cal é o prazo de presentación?
O prazo de presentación de orixinais comezará
o 30 de xaneiro, Día da Ilustración, e rematará o 24 de febreiro de
2020.
Onde se poden entregar as nosas obras?
As obras presentaranse na biblioteca do instituto
nun sobre pechado en cuxo exterior figurará un lema ou pseudónimo e a
categoría pola que se participa. Entregarase outro sobre pechado co lema ou
pseudónimo no exterior e en cuxo interior figurarán os seguintes datos do/a
autor/a: nome e apelidos, curso e grupo (no seu caso). No caso de presentarse a
obra en formato dixital enviarase un correo electrónico á dirección ies.torrente.ballester@edu.xunta.es indicando no asunto
“II certame de ilustración” e no corpo da mensaxe o lema ou pseudónimo;
engadiranse dous arquivos, un coa obra que se presenta ao certame, e outro co
lema ou pseudónimo como nome do arquivo e no que consten o nome e apelidos,
curso e grupo (no seu caso) do/a autor/a.
Quén xulgará as obras e decidirá aos gañadores?
Un xurado integrado por profesorado, membros da
ANPA e alumnado do centro seleccionará as obras gañadoras. A tal efecto,
establécense dous premios (1º e 2º) en cada categoría. O xurado
poderá conceder mencións a outras obras ou deixar algún premio deserto.
Cales son os premios?
Os
premiados recibirán un agasallo e un vale para mercar material escolar,
deportivo, informático… en tendas de Pontevedra. O xurado tamén
seleccionará un máximo de catro obras que pasarán a formar
parte da decoración da Biblioteca.
Cando entregaranse os premios?
Os premios serán entregados no mes de maio, coincidindo coas
actividades do “Día das Letras Galegas”.
Animádevos e xa sabedes: A PARTICIPAR!