mércores, 2 de maio de 2012

Literatura e espellos

 




Este luns no intituto realizamos unha actividade interdisciplinar,o Equipo de Biblioteca xunto co Departamento de Física e Química quixemos facer ver que  ciencia e literatura teñen moitas cousas en común.


 Eliximos como eixo conductor o tema dos espellos e puidemos ver que numerosos  escritores se aproveitaron de elementos científicos para transportarnos á maxia da literatura.


Resultou moi interesante tanto polas lecturas como polo traballo que realizou o profesor Xabier amosándonos unha chea de actividades feitas con espellos.


 Moitas Grazas Profe Xabier por nos ilustrar de forma tan amena!!!!!!

1 comentario:

Dept.Biblioteca dixo...

Vaia,vaia, seica contastes coa colaboración de Xabier PAREDES, así calquera se asegura o éxito dunha actividadeeeee!!!!.
Parabéns polo traballo ben feito.
Biblio IES Poio