domingo, 18 de xuño de 2017

Día das letras galegas 2018 María Victoria Moreno!

Qué boa nova!

 O Día das Letras Galegas de 2018 estará dedicado á escritora e profesora María Victoria Moreno Márquez (Valencia de Alcántara, Cáceres, 1941 – Pontevedra, 2005). A decisión adoptouse no Pleno ordinario da Real Academia Galega celebrado este sábado na Coruña, no que tamén se nomeou académica de honra a Marina Mayoral e académicos e académicas correspondentes a Takekazu Asaka, Marcos Bagno, Olga Castro, Helena González, Kirsty Hooper, Helena Villar Janeiro e Helena Zernova.

(Diario de Pontevedra)

Chega o Verán!

Chega o verán e con él as nosas recomendacións!

A BIBLIO NAS ONDAS

Xa hai tempo que a nosa Biblioteca se converteu nun estudio de radio. Visitounos Onda Cero, para emitir desde aquí en directo un programa que celebraba o Día das Letras Galegas. Contamos coa presencia do concelleiro responsable da área de normalización lingüística e mesmo co alcalde de Pontevedra. Xunto a alumnado de 1º e de 4º de ESO participaron no programa o profesor de Lingua e Literatura Galega Xosé Álvarez e a responsable da Biblioteca, Cristina Ogando.

(RE)ENCONTROS COS AUTORES

Nesta ocasión non falaremos de encontro, senón de reencontro. Porque o autor que nos visita é Tomás González Ahola, antigo alumno do noso IES. Ademais de lembrar vellos tempos e mesmo falar con algún antigo profesor, estivo transmitíndolles as súas experiencias ao alumnado de 1º de ESO, que lera “Alaia e a deusa”, unha das obras escritas por el. Moitas grazas, Rubén, e ata sempre!!!

martes, 6 de xuño de 2017