A Biblioteca Mª Victoria Moreno xunto co
EDLG do
IES Gonzalo Torrente Ballester ven de convocar o
I CERTAME DE NARRATIVA
No que poderán participar alumn@s e ex-alumn@s do centro.
Se estades interesados mirade as bases que andan penduradas polos corredores e tabuleiros do Instituto.
Os premios son moi interesantes, e ademais....... o voso nome poderá aparecer nas pinturas que decoran a Biblioteca.
DECÁLOGO PARA MEDRAR NA PAZ
1. Es alguén moi importante. Quérete a ti mesmo.
2. Valora aos teus amigos. Daralles seguridade.
3. Descubre todo o que te une aos demais por riba do que te separa.
4. Respecta as opinións. Así contribuirás ao diálogo.
5. Aprende a escoitar, comprenderás mellor aos demais.
6. Esfórzate por terminar ben as túas tarefas. Gozarás co resultado.
7. Cumpre coas túas responsabilidades, os demais necesítano.
8. Traballa en grupo. Ninguén sabe máis que todos xuntos.
9. Comparte as túas cousas cos demais. Farate moi feliz.
10. Pon paz dentro de ti, desta forma estarás poñendo tamén paz ao teu redor.