martes, 25 de maio de 2010

Acto de fin de estudos 2º de Bacharelato e Ciclos



Como en anos anteriores toda a Comunidade Educativa do IES Gonzalo Torrente Ballester, vestímonos de gala para despedir aos alumnos que rematan os seus estudos no noso Centro.

Nun acto moi emotivo, no que nos honrou coa sua presenza o Sr. Inspector D. José Daniel Rodríguez Alleres; todos, Familias, Profesores, Equipo Directivo, Persoal non Docente e, como non podía ser menos, @s alumn@s homenaxead@s seguimos con moito interese todas as intervencións .

Falou o DIRE, a representante das FAMILIAS ,e os alumnos  Sara Canosa Rodiño e José Luis García Gómez que, en nome  dos compañeiros, quixeron agradecer os desvelos de todos para que poidera chegar este día tan importante para eles.

Rubén Gómez Dopazo de 3ª de ESO (ao piano) e Iria Gómez Dopazo de 1º de ESO (ao violín)   puxeron a nota musical  neste acto.

Nin que dicir ten que os dous momentos estelares foron a proxección audiovisual coa que comenzamos e a entrega de agasallos aos alumnos orlados por parte dos respectivos titores; foi todo un desfile de alta costura, elas e eles elegantísimos, pois a ocasión non era para menos.

Con ledicia, pero o mesmo tempo con tristura dicímosvos ata pronto, pois non dubidamos de que tod@s sabedes que, nosoutros, os vosos "profes", seguimos quedando aquí para o que nos necesitedes.

BOA SORTE E PARABÉNS

Chegan máis novidades á Biblioteca


xoves, 20 de maio de 2010

Teatro No Instituto





Como vedes a representación teatral dirixida polo profe Xabier Paredes foi todo un éxito.As actrices e os actores traballaron a reo pero valeu a pena.
So un pequeno adianto, en poucos días máis!!!!

xoves, 13 de maio de 2010

GALILEO GALILEI

     Hai 400 anos publicouse o que poderiamos considerar o primeiro libro de divulgación científica da historia:                   
 O "Sidereus Nuncius" é dicir "O mensaxeiro dos astros", no que Galileo Galilei conta, nunha linguaxe sinxela, o que observou ó dirixir ó ceo o seu rudimentario telescopio.
     Neste fermoso texto dinos que a Lúa ten cráteres e montañas, que Xúpiter está rodeado de satélites e Venus presenta fases. Relata tamén que o sol ten manchas e que  A Vía Láctea está formada por un número incontable de estrelas.
    Estes descubrimentos levárono a desafiar os vellos saberes, destruíndo o ata entón intocable universo de Aristóteles e Ptolomeo. Esta ousadía custoulle burlas e a condena da Inquisición.

     Desde o Instituto Gonzalo Torrente Ballester queremos celebralo realizando unha lectura dramatizada dos tres primeiros actos da obra "Galileo Galilei" do autor alemán Bertolt Bretch.

     A elección da data da lectura nas vésperas do día das Letras Galegas non é casual, ten que ver con outra celebración: A publicación por primeira vez da citada obra en galego, feito que se vai producir o vindeiro mes de Xuño.

Salón de Actos
Venres 14 de Maio de 2010

ACTORES E ACTRICES ( Por orde de aparición)
Narrador: Sara Canosa Rodiño
Galilei: Paula Facal Regueiro
Andrea: Marta Gómez Martín
Sra Sarti: Rocío Ledo García
Ludovico: Jaime González Bujía
Secretario: Noelia Regueira Pazos
Rexedor: Sara Canosa Rodiño
Dux: Ramón Escudeiro Tilve
Sagredo: Marta Gómez Martín

Coordinador: Xabier Paredes

luns, 10 de maio de 2010

Uxío Novoneyra


Na  Biblioteca  podes encontrar algunhas obras súas preme neste enlace para ver  

xoves, 6 de maio de 2010

Nova sección na Biblioteca

Estamos de estrea, contamos cunha nova sección, CINE, nela poderás atopar pelis, documentáis...., de momento non temos moitos fondos pero, pouco a pouco, irán medrando, prometido.

martes, 4 de maio de 2010

Novidades

Mandrágora de Laura Gallego García:


A historia comeza na corte do rei Héctor, que busca un novo sabio para substituír a Cornelius, o erudito real, que desapareceu misteriosamente.
Á corte chegan o sabio Zacarías e a súa filla Miriam para cubrir o posto vacante pero, sobre todo, para tratar de pescudar que sucedeu con Cornelius. Miriam, que é unha rapariga intelixente e culta, pero plebeya, trata de encaixar na corte, onde a princesa Ángela e as súas doncelas desprézana, e o aposto príncipe Marco non parece notar a súa existencia.
Pero pronto estes problemas quedarán ao carón cando Miriam e o seu pai descubran unha escura trama destinada a destronar ao rei, e na que interveñen tamén perversos conjuros de maxia negra .
É unha novela de misterio ambientada nunha corte medieval imaxinaria, onde a protagonista descubrirá un terrible secreto acerca da súa verdadeira identidade

                             Mendigo en la playa de Oro de Jordi Sierra i Fabra:


Claudio ten dezaoito anos e un espírito solidario. Por esta razón, nos seus intres libres, atende a persoas con dificultades para valerse por si mesmas. A súa vida vai cambiar cando coñeza a Ricardo Pedraza, un insoportable ancián que, mentres convalece dunha operación de cadeira, faralle enfrontarse ás súas propias pantasmas. Pero non só cambiará Claudio. O seu novo compañeiro tamén deberá enfrontarse ao seu presente, o seu pasado... e o seu futuro.
                           
                                     Los ojos del  alma de Jordi Sierra i Fabra:

Edurne ten dezasete anos e é unha triunfadora. A súa gran meta competir nos Xogos Olímpicos. Campioa desde a infancia, está disposta a relacionarse coas mellores e regresar cunha medadilla. O seu mundo derrúbase cando lle diagnostican unha enfermidade incurable: unha retinosis pigmentaria que acabará por deixala practicamente cega. Cando cre que a súa vida xa non ten sentido, o seu adestrador proponlle algo inesperado: competir nos Xogos?Paralímpicos. Desde ese momento, a vida de Edurne volve ter sentido.Un a novela baseada nun feito real sucedido á máis novo medallista de ouro española dos xogos Paralímpicos de 2004. Un exemplo de superación, coraxe e valor. É unha novela baseada nun feito real sucedido á máis novo medallista de ouro española dos Xogos Paralímpicos 2004, un exemplo de superación, coraxe e valor - Jordi Sierra i Fabra é un dos autores máis coñecidos dentro da literatura infantil e xuvenil española. Foi premio Nacional de literatura Infantil e Xuvenil 2007 .

                            Desde hoxe na biblioteca