mércores, 16 de maio de 2012

Iria Morgade visita a nosa Biblioteca



Hoxe, a nosa exalumna, Iria Morgade, honrounos coa súa presenza na Biblioteca.
Ante un público composto por profesores e alumnos do Centro presentounos a súa  novela "Verbas no ar", recordou como foi o seu paso polo Instituto e como, estimulada por algúns dos seus profesores, comezou a presentarse a diferentes concursos literarios, logo falounos do premio do que foi gañadora.
Tamén explicou a todos os presentes  os pasos que seguiu ata chegar á publicación, desta, a súa primeira novela.
Os alumnos estiveron moi interesados, facéndolle numerosas preguntas ao respecto, ás que ela contestou con cariño e os animou a que sigan interesados pola literatura tanto lendo coma escribindo.


Abusando da súa amabilidade fíxonos de madriña entregando os premios aos gañadores do II certame de Relatos "Mª Victoria Moreno" e da IV Olimpíada Cultural organizados ambos os dous polo equipo de Biblioteca en colaboración co EDLG.


Resultou un acto moi entrañable.


Grazas, Iria, por este agasallo que nos fixeches hoxe e.... Xa sabes, este segue sendo o teu Insti.

Ningún comentario: