xoves, 21 de novembro de 2019

Biblioteca escolar, vivero de ciudadanía


  


  EFECTIVAMENTE!!!

As Bibliotecas Escolares de Galicia escolleron para este ano o lema “BIBLIOTECA ESCOLAR, VIVERO DE CIDADANÍA”, destacando a importancia da Biblioteca como elemento dinamizador da formación en habilidades sociais e valores democráticos, na formación de cidadáns responsables e críticos, dispostos a unha participación activa para unha sociedade máis xusta.

E así imos nós traballando, especialmente desde que hai catro cursos iniciamos a andaina da materia de Voluntariado Escolar no Bacharelato. Unha oportunidade que o alumnado aproveitou para desenvolver proxectos diversos, segundo os seus intereses ou os temas de actualidade.

Así, algúns traballos centráronse no entorno máis próximo, colaborando na xestión da Biblioteca.

Outras veces, chamando a atención sobre problemas como os dos migrantes que atravesan o Mediterráneo camiño de Europa ou as dificultades para defender a liberdade de prensa e de expresión.

Recollendo alimentos, xoguetes ou tapóns de plástico para organizacións sen ánimo de lucro, ou aportacións para UNICEF.




  
E sempre valorando as múltiples posibilidades de acción, e reflexionando sobre a importancia da acción individual e colectiva na construción dunhs sociedad máis xusta, máis equitativa e máis libre.

Ningún comentario: