martes, 16 de decembro de 2014

Nadal de Libros

Mañá comeza a campaña de lecturas para Nadal. Recomendacións, libros solicitados e novidades na Biblioteca. Boas festas e boas lecturas.

xoves, 13 de novembro de 2014

Presentación de "Corazóns e Coitelos"

O pasado martes día 11 de novembro, na Casa das Campás, tivo lugar a presentación do libro "Corazóns e coitelos". A obra consta dunha selección de textos literarios feitos polo alumnado do IES Gonzalo Torrente Ballester. O libro foi apadriñado polo escritor vigués Pedro Feijoo, prologuista da obra, o xornalista e crítico literario Ramón Rozas e o director do propio centro J. Ramón Couto. No acto, que presentou o vicedirector Óscar Pedrido, resaltouse a importancia de levar a cabo este tipo de iniciativas nun momento onde o eido cultural semella estar moi abandonado, tal e como sinalaron algúns dos convidados á mesa. Tamén se salientou a importancia da escrita como resultado dun proceso que empeza na lectura e que conforma un todo na aprendizaxe dunha lingua. PARABÉNS A TODOS!

presentación libro from biblioteca victoria moreno on Vimeo.

xoves, 6 de novembro de 2014

Presentación de "Corazóns e coitelos"

Primeiro foi, "Petiscos"; agora chega " Corazóns e coitelos". O próximo martes, día 11, presentamos a nova recompilación de relatos gañadores de distintos concursos feitos no IES nos últimos anos. Deste xeito,con inaprezable pracer, volvemos a mostrar que temos unha nova xeración ou "tropa" de futuros escritores que saben plasmar con palabras este mundo tan complexo no que habitamos. Noraboa a todos os que se atopan no libro e tamén, ós futuros, que, de seguro, estarán en novas publicacións. E como di Pedro Feijoo Barreiro, prologuista de excepción desta obra: " Aquí vos deixamos esta antoloxía, praza de diálogo futuro. Que sexa do voso gusto!"
.

mércores, 11 de xuño de 2014

xoves, 5 de xuño de 2014

Novidades para o verán.

Aquí tedes algunhas das novidades para este verán. A partir do día 17 de xuño podes pedilas na Biblio. Lembrade que as devolucións faranse en setembro.

mércores, 23 de abril de 2014

Bases do IV Certame de Narrativa Mª Victoria Moreno

Chegamos a IV edición. Esperamos e estamos seguros dun novo éxito na convocatoria. Sobre o inicio da novela " A memoria da choiva", tedes que inventar un relato. Sorte e acertade cun "tiro axeitado". Estas son as bases:

Entre o libro e as letras 2014

Aquí temos o programa de actividades da Biblioteca para estes días. Igual que outros anos, temos un autor homenaxeado, neste caso Pedro Feijoo, cunha pequeña exposición feita no centro sobre a súa vida, e con traballos literarios e pictóricos baseados na súa obra " A memoria da choiva".

xoves, 12 de decembro de 2013

Guía de recomendacións de Nadal

Libros para ler, libros para regalar, libros para soñar. Xa están na biblioteca.  Estas son as nosas recomendacións para as próximas festas. Preme na imaxe de Lucía Souto Esmorís, alumna do centro, e que serve tamén para desexarvos unhas boas vacacións e un feliz Aninovo.

http://issuu.com/pelloitur/docs/gu__as_libros_nadal_2013/1?e=0





martes, 26 de novembro de 2013

Guía da Biblioteca para familias

No mes de novembro presentamos ás familias do instituto a nova guía da biblioteca. Aquí a mostramos por se non tedes o tríptico.

venres, 22 de novembro de 2013

Ler ciencia

Aquí tedes imaxes da exposición de libros que fixemos no día da biblioteca.

luns, 18 de novembro de 2013

Formación de Usuarios

Formación de usuarios 2013 from Biblioteca Torrente Ballester on Vimeo.

Como vén sendo habitual no primeiro trimestre do curso, o equipo de biblioteca presta unha atención especial aos alumnos de nova incorporación,  aos de primeiro de ESO e Bacharelato sobre todo, celebrando unhas xornadas nas que se lles dan indicacións do funcionamento da "biblio" e de como está organizada, para que poidan ser autosuficientes á hora de buscar os materiais que precisen.

Aquí tedes unha pequena mostra da formación de usuarios deste curso.

xoves, 7 de novembro de 2013

O samaín nas aulas

Vimos de iniciar o curso na biblioteca do IES coa incorporación de novos colaboradores, redución do horario de atención e máis ordenadores para os usuarios. Queremos hoxe presentarvos a primeira das actividades programadas. Trátase da celebración do Samaín.


mércores, 6 de novembro de 2013

Día dos mortos

A biblioteca do IES dedicoulle este ano a celebración do Samaín a México e outras culturas non tan afastadas como Exipto, Nepal, etc.
Con este motivo celebramos unha serie de actividades como un concurso chamado "Eu que sei" do que vos deixamos o tríptico que utilizaron os alumnos para buscar a información.



A biblioteca engalanouse para a ocasión cun altar de mortos. Ao pé del estaba a nosa Catrina velando a memoria do seu home, o pobre Ensino Público. Aquí tedes unhas imaxes do velorio.


Día dos mortos from Biblioteca Torrente Ballester on Vimeo.

O alumnado, para a ocasión, escribiu "calaveritas".¡Aiiii, que pena!


Unha exposición de literatura e películas de medo e proxeccións durante os recreos na entrada do IES completaron o acontecemento.

martes, 25 de xuño de 2013

Un ata sempre !!!!!

Chegou o momento da despedida, despois dalgúns anos nos que a Biblioteca formou parte da miña vida, tócame dicirlle ata logo a algo que vin crecer pouco a pouco co esforzo de todos os que nos ilusionamos con este proxecto. 

Foi un pracer traballar con e para vós e aínda que me sinto feliz porque gozarei dun merecido descanso, logo de tantos anos de traballo, no meu corazón gardarei sempre un canto especial para "Esta Biblioteca" á que considero un pouco miña.

 Moitos bicos e ata sempre.

 Mª Jesús

xoves, 13 de xuño de 2013

O tendal dos máis lidos no curso 2012-2013

Aquí tedes as portadas dos libros non obrigatorios máis lidos neste curso. Esta é a outra recomendación que presentamos.

mércores, 12 de xuño de 2013

Os máis lidos no curso 2012-13


Cando chegan estas datas gústanos facer balance na biblioteca e, aquí algúns resultados. Como sempre os libros de lectura obrigatoria son os máis solicitados pero tamén é certo que pouco a pouco os libros non obrigatorios van gañando terreo

luns, 10 de xuño de 2013

Lecturas de verán no Torrente

Como todos os anos, próximamente, comenzará a campaña de verán. A partir do día 20 de xuño podedes levar  da biblioteca novidades entretidas e divertidas. A disfrutar.
Preme sobre a imaxe

mércores, 29 de maio de 2013

Entrega de premios e Homenaxe a Manuel Lourenzo González

"Tarde pero seguro". Imaxes do acto feito o día 16 de maio, no que se entregaron os premios dos certames de portadas e da Olimpíada, e no que fixemos unha pequena homenaxe ao noso compañeiro e escritor, Manuel Lourenzo González.



luns, 22 de abril de 2013