luns, 25 de maio de 2015
Entrega Premios "Entre o Libro e as Letras"
O venres, día 15 de maio, e para entregar os premios do V Certame de Narrativa, II de Fotografía Matemática, I de Poesía e da VII Olimpíada Cultural, tivemos unha madriña de excepción, Sabela González, autora dunha das sagas máis exitosas da literatura galega actual, As crónicas de Landereina.Veu para entregar premios pero tamén para deleitarnos coas súas reflexións sobre a escrita e a lectura. Foi un bo día. Noraboa a tod@s @s premiados.
Etiquetas:
fomento da lectura,
Letras Galegas 2015,
premios
Entre o Libro e as Letras- 2015
Este ano, e como comentaramos no tríptico tivemos varios actuacións para celebrar o noso "Entre o libro e as letras-2015". Déixovos imaxes para lembrar uns días de moito moviemento na biblioteca. Grazas a tod@s @s que colaboraron e participaron e que permitiron que de novo, o IES fose un auténtico festival da cultura. E sobre todo, grazas ao equipo de biblioteca de CPI A cañiza que permitiunos mostrar a súa xenial exposición, "A literatura fantástica".
venres, 24 de abril de 2015
II Certame fotográfica matemática
Xa podedes votar pola fotografía que máis vos guste. Premede neste enlace VOTA e contestade a enquisa. Ánimo e que gañe o mellor.
Aquí tedes un enlace para mirar as fotos participantes.
Aquí tedes un enlace para mirar as fotos participantes.
Etiquetas:
Concursos,
fotografía,
matemáticas
mércores, 15 de abril de 2015
PLIEGUES MATEMÁXICOS
O xoves pasado, dia 9, tivemos unha fantastica sesión de xogos matemáticos cos matemagos Fernando Blanco e Miguel Ángel Vidal. O alumnado disfrutouno de manera espacial. Aquí vos deixo un collage con algunhas imaxes do acto.
Etiquetas:
actividades,
matemáticas,
maxia
luns, 13 de abril de 2015
Entre o LIBRO e as LETRAS 2015
Xá temos o programa de actividades, organizado pola Biblioteca, coa colaboración do Equipo de Dinamización da Lingua Galega e a ANPA O Pino, para as próximas datas ( Día do Libro, Día das Letras Galegas). Igual que outros anos, veñen baixo o título de "Entre o Libro e as Letras", e comprenden actividades de moi variado xeito, como concursos de narrativa ( temos que agradecer a Sabela González que, este ano,actúa como "fada madriña" do certame) e poesía ( con Lucía Novás, como presidenta do xurado. Un luxo), charlas con escritoras ( Olalla Cociña e Sabela González), exposicións e mostra de traballos feitos polo alumnado ( "Mulleres aventureiras, viaxeiras...", " A literatura fantástica", con paneis cedidos polo CIP da Cañiza, " Sabela González", " Xosé Filgueira Valverde" ) e a VII edición da nosa "Olimpíada", con preguntas que recollen temas tratados nestas xornadas. Agardamos que, como os anos anteriores, a comunidade educativa disfrute desta oferta.
Aquí vos deixo, o tríptico das xornadas:


mércores, 8 de abril de 2015
Pliegues matemáxicos
Mañá, xoves, 9 de abril, vaise celebrar, una actividade titulada : PLIEGUES MATEMÁXICOS. Dous son os magos- matemáticos: Fernando Blasco e Miguel Ángel Vidal, que desenvolverán xogos para acercar ás matemáticas ao alumnado. Este actividade realizarase no Salón de Actos, entre as 10, 25h. a 12,05 h, PARA O ALUMANDO DE 2º ESO.
Fernando Blasco é Profesor Titular de Matemática Aplicada na UPM. Está interesado na divulgación científica, a relación entre educación e divulgación e na introdución da ciencia como parte da cultura. É meigo afeccionado, membro do Círculo Máxico de Madrid da Sociedade Española de Ilusionismo. Participa asiduamente como ponente en cursos de formación de profesorado, de monitores de museos científicos e en numerosos eventos de divulgación científica, dentro e fóra de España. É autor de 'Matemagia' (2007), 'El periodista Matemático' (2009) e ' Tu hijo puede ser un genio de las mates' (2013). Ha coordinado a edición de 'Gardner para principiantes' (2014)'. Colabora con RNE no programa de divulgación 'A hombros de gigantes' e é autor do blog 'Mathedonia' na plataforma da revista “Investigación y Ciencia”.
Miguel Ángel Vidal Martín , licenciado en Matemáticas pola Universidade de Santiago de Compostela, após 19 anos dedicados a ensinar en institutos das provincias de Ávila e Pontevedra, os últimos 6 anos no IES PEDRO FLORIANI de Redondela (Pontevedra) traballando, exclusivamente, con estudantes de PDC (Programa de Diversificación de Currículo), fundamentalmente, por adolescentes con dificultades académicas diversas. Ten escrito un libro en formato cómic en cor: “Dobrando as Mates. Proxecto con papiroflexia de toda unha tribo”, no que, mediante a papiroflexia, explico coñecementos matemáticos. Deu algunhas charlas: TEDxGalicia en 2011 e en VINA Trobada de Presentació d`Experiències d`Aplicació de Pedagogia Sistèmica a lles diferents etapes i contexts educatius (UAB), en 2013. Organizou o I Festival de Origami en Redondela, para recaudar fondos para UNICEF, no que construíron un axedrez (con papel reciclado) de vinte e cinco metros cadrados de superficie e uns cen quilos de peso.
Etiquetas:
actividades,
matemáticas
mércores, 25 de febreiro de 2015
Imaxe resumo dos Encontros e outros agasallos...
Desde a Biblioteca do IES A Xunqueira II, a nosa amiga Pepa fai unha acertada crónica do que foi a xornada, dos temas que se trataron e da empatía que houbo entre escritores e público.Coma sempre, gracias, Pepa.
Etiquetas:
Acontecementos,
Animación a lectura,
Escritores
xoves, 19 de febreiro de 2015
Os Encontros na rede
Apabullados, anonadados e todos os adxectivos que querades poden ser engadidos. Sinalamos só algunhas das notas aparecidas hoxe na rede sobre os Encontros en negro.
Blog de Pedro Feijoo. Non se pode explicar mellor.
Ramón Rozas: gran presentador e bo amigo do IES.
Manuel Bragado, editor de Xerais.
E a prensa...
Gracias a todos por estar tan pretiño de nós.
Tríptico dos Encontros en Negro
Coa xornada de onte, presentábamos un triptico sobre os autores participantes. Non quedou ningunha mostra!
Etiquetas:
Acontecementos,
animación á lectura,
Escritores
ENCONTROS EN NEGRO
Fantástica a xornada que disfrutamos onte no IES, con tres grandes autores do panorama literario actual: Dolores Redondo, Domingo Villar e Pedro Feijoo. O tema era a novela negra, pero tivemos a sorte de poder escoitar falar de creación, de literatura de xéneros, de produción e de vida en definitiva. Gracias aos autores pola súa maestría e gracias ao público por acudir nun día festivo en Pontevedra.
Aquí tedes algunhas imaxes do encontro.
Etiquetas:
Acontecementos,
Escritores,
fomento da lectura
domingo, 8 de febreiro de 2015
Encontros en negro ( xornada sobre novela negra e policial)
Un auténtico luxo.Así é como o podemos definir. O mércores dezaoito de febreiro teremos no salón de actos do instituto, un deses acontecementos que non sempre son fáciles de ver nos centros de ensino. Tres dos máis recoñecidos escritores de novela, e en concreto, negra e policial, xuntaranse ás sete da tarde, para debater sobre o xénero, sobre a creación literaria ou sobre o que nos apeteza preguntarlles, pois trátase dun acto aberto á cidadanía. Dolores Redondo, autora da Triloxía de Baztán, da que se levan vendidos máis de medio millón de exemplares; Domingo Villar, creador do carismático policía vigués Leo Caldas, nas súas novelas Ollos de auga e A praia dos afogados; e Pedro Feijoo, autor da intrigante Os fillos do mar e da desasosegante A memoria da choiva, acompañarannos e seguro que coas súas anécdotas conseguirán que gocemos... ou que suframos. E con eles, un moderador de nivel: Ramón Rozas, periodista e comentarista cultural de Diario de Pontevedra.
Desde a Biblioteca, animámosvos a non perder esta oportunidade.
Etiquetas:
Acontecementos,
Novela negra,
presentacións
domingo, 1 de febreiro de 2015
Día da paz e da non violencia
Na semana pasada, celebramos no IES, con diversos actos e traballos o Día Internacional da Paz e da non violencia.-
Déixovos os carteis anunciadores. Nunha próxima entrega presentaremos máis imaxes ... 


Etiquetas:
Acontecementos,
Dereitos humanos. Conmemoracións
martes, 20 de xaneiro de 2015
Traballo "Pintando un mar para Alicia"
Xa temos un audiovisual do traballo feito neste último mes, "Pintando un mar", na Biblioteca. Leva tamén unha pequena visita ao resto das pinturas do espazo. É longo, dezasete minutos, pero o traballo o merece. Que vos guste.
Etiquetas:
Acontecementos,
Animación a lectura
venres, 16 de xaneiro de 2015
Pintando a biblio
No último mes, estivemos pintando unha nova parede da biblioteca. O alumnado de Diversificación xunto co profesor de Artes Plásticas, Manuel Martí, fixeron esta maravilla que tedes debaixo. Un mar cheo de imaxinación, de referencias, de vida e tamén, de morte. As imaxes son froito do interese do alumnado. Estades invitados. Máis adiante,faremos una presentación "como Dios manda".
mércores, 14 de xaneiro de 2015
Quince días de BD
QUINCE DIAS DE COMIC from biblioteca victoria moreno on Vimeo.
Etiquetas:
Animación a lectura,
banda deseñada
xoves, 18 de decembro de 2014
martes, 16 de decembro de 2014
Nadal de Libros
Mañá comeza a campaña de lecturas para Nadal. Recomendacións, libros solicitados e novidades na Biblioteca. Boas festas e boas lecturas.
Etiquetas:
Animación,
Recomendacións
xoves, 13 de novembro de 2014
Presentación de "Corazóns e Coitelos"
O pasado martes día 11 de novembro, na Casa das Campás, tivo lugar a presentación do libro "Corazóns e coitelos". A obra consta dunha selección de textos literarios feitos polo alumnado do IES Gonzalo Torrente Ballester.
O libro foi apadriñado polo escritor vigués Pedro Feijoo, prologuista da obra, o xornalista e crítico literario Ramón Rozas e o director do propio centro J. Ramón Couto.
No acto, que presentou o vicedirector Óscar Pedrido, resaltouse a importancia de levar a cabo este tipo de iniciativas nun momento onde o eido cultural semella estar moi abandonado, tal e como sinalaron algúns dos convidados á mesa.
Tamén se salientou a importancia da escrita como resultado dun proceso que empeza na lectura e que conforma un todo na aprendizaxe dunha lingua.
PARABÉNS A TODOS!
presentación libro from biblioteca victoria moreno on Vimeo.
Etiquetas:
Animación a lectura,
Concursos,
fomento da lectura,
premios,
presentacións
xoves, 6 de novembro de 2014
Presentación de "Corazóns e coitelos"
Primeiro foi, "Petiscos"; agora chega " Corazóns e coitelos". O próximo martes, día 11, presentamos a nova recompilación de relatos gañadores de distintos concursos feitos no IES nos últimos anos. Deste xeito,con inaprezable pracer, volvemos a mostrar que temos unha nova xeración ou "tropa" de futuros escritores que saben plasmar con palabras este mundo tan complexo no que habitamos. Noraboa a todos os que se atopan no libro e tamén, ós futuros, que, de seguro, estarán en novas publicacións. E como di Pedro Feijoo Barreiro, prologuista de excepción desta obra: " Aquí vos deixamos esta antoloxía, praza de diálogo futuro. Que sexa do voso gusto!"
.
Etiquetas:
Animación a lectura,
creación,
premios,
presentacións
sábado, 1 de novembro de 2014
mércores, 11 de xuño de 2014
luns, 9 de xuño de 2014
xoves, 5 de xuño de 2014
Novidades para o verán.
Aquí tedes algunhas das novidades para este verán. A partir do día 17 de xuño podes pedilas na Biblio. Lembrade que as devolucións faranse en setembro.
mércores, 28 de maio de 2014
venres, 23 de maio de 2014
mércores, 23 de abril de 2014
Bases do IV Certame de Narrativa Mª Victoria Moreno
Chegamos a IV edición. Esperamos e estamos seguros dun novo éxito na convocatoria. Sobre o inicio da novela " A memoria da choiva", tedes que inventar un relato. Sorte e acertade cun "tiro axeitado". Estas son as bases:
Etiquetas:
actividades,
concurso
Entre o libro e as letras 2014
Aquí temos o programa de actividades da Biblioteca para estes días.
Igual que outros anos, temos un autor homenaxeado, neste caso Pedro Feijoo, cunha pequeña exposición feita no centro sobre a súa vida, e con traballos literarios e pictóricos baseados na súa obra " A memoria da choiva".
xoves, 13 de marzo de 2014
mércores, 12 de marzo de 2014
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)




























