xoves, 19 de febreiro de 2015
ENCONTROS EN NEGRO
Fantástica a xornada que disfrutamos onte no IES, con tres grandes autores do panorama literario actual: Dolores Redondo, Domingo Villar e Pedro Feijoo. O tema era a novela negra, pero tivemos a sorte de poder escoitar falar de creación, de literatura de xéneros, de produción e de vida en definitiva. Gracias aos autores pola súa maestría e gracias ao público por acudir nun día festivo en Pontevedra.
Aquí tedes algunhas imaxes do encontro.
Etiquetas:
Acontecementos,
Escritores,
fomento da lectura
domingo, 8 de febreiro de 2015
Encontros en negro ( xornada sobre novela negra e policial)
Un auténtico luxo.Así é como o podemos definir. O mércores dezaoito de febreiro teremos no salón de actos do instituto, un deses acontecementos que non sempre son fáciles de ver nos centros de ensino. Tres dos máis recoñecidos escritores de novela, e en concreto, negra e policial, xuntaranse ás sete da tarde, para debater sobre o xénero, sobre a creación literaria ou sobre o que nos apeteza preguntarlles, pois trátase dun acto aberto á cidadanía. Dolores Redondo, autora da Triloxía de Baztán, da que se levan vendidos máis de medio millón de exemplares; Domingo Villar, creador do carismático policía vigués Leo Caldas, nas súas novelas Ollos de auga e A praia dos afogados; e Pedro Feijoo, autor da intrigante Os fillos do mar e da desasosegante A memoria da choiva, acompañarannos e seguro que coas súas anécdotas conseguirán que gocemos... ou que suframos. E con eles, un moderador de nivel: Ramón Rozas, periodista e comentarista cultural de Diario de Pontevedra.
Desde a Biblioteca, animámosvos a non perder esta oportunidade.
Etiquetas:
Acontecementos,
Novela negra,
presentacións
domingo, 1 de febreiro de 2015
Día da paz e da non violencia
Na semana pasada, celebramos no IES, con diversos actos e traballos o Día Internacional da Paz e da non violencia.-
Déixovos os carteis anunciadores. Nunha próxima entrega presentaremos máis imaxes ... 


Etiquetas:
Acontecementos,
Dereitos humanos. Conmemoracións
martes, 20 de xaneiro de 2015
Traballo "Pintando un mar para Alicia"
Xa temos un audiovisual do traballo feito neste último mes, "Pintando un mar", na Biblioteca. Leva tamén unha pequena visita ao resto das pinturas do espazo. É longo, dezasete minutos, pero o traballo o merece. Que vos guste.
Etiquetas:
Acontecementos,
Animación a lectura
venres, 16 de xaneiro de 2015
Pintando a biblio
No último mes, estivemos pintando unha nova parede da biblioteca. O alumnado de Diversificación xunto co profesor de Artes Plásticas, Manuel Martí, fixeron esta maravilla que tedes debaixo. Un mar cheo de imaxinación, de referencias, de vida e tamén, de morte. As imaxes son froito do interese do alumnado. Estades invitados. Máis adiante,faremos una presentación "como Dios manda".
mércores, 14 de xaneiro de 2015
Quince días de BD
QUINCE DIAS DE COMIC from biblioteca victoria moreno on Vimeo.
Etiquetas:
Animación a lectura,
banda deseñada
xoves, 18 de decembro de 2014
martes, 16 de decembro de 2014
Nadal de Libros
Mañá comeza a campaña de lecturas para Nadal. Recomendacións, libros solicitados e novidades na Biblioteca. Boas festas e boas lecturas.
Etiquetas:
Animación,
Recomendacións
xoves, 13 de novembro de 2014
Presentación de "Corazóns e Coitelos"
O pasado martes día 11 de novembro, na Casa das Campás, tivo lugar a presentación do libro "Corazóns e coitelos". A obra consta dunha selección de textos literarios feitos polo alumnado do IES Gonzalo Torrente Ballester.
O libro foi apadriñado polo escritor vigués Pedro Feijoo, prologuista da obra, o xornalista e crítico literario Ramón Rozas e o director do propio centro J. Ramón Couto.
No acto, que presentou o vicedirector Óscar Pedrido, resaltouse a importancia de levar a cabo este tipo de iniciativas nun momento onde o eido cultural semella estar moi abandonado, tal e como sinalaron algúns dos convidados á mesa.
Tamén se salientou a importancia da escrita como resultado dun proceso que empeza na lectura e que conforma un todo na aprendizaxe dunha lingua.
PARABÉNS A TODOS!
presentación libro from biblioteca victoria moreno on Vimeo.
Etiquetas:
Animación a lectura,
Concursos,
fomento da lectura,
premios,
presentacións
xoves, 6 de novembro de 2014
Presentación de "Corazóns e coitelos"
Primeiro foi, "Petiscos"; agora chega " Corazóns e coitelos". O próximo martes, día 11, presentamos a nova recompilación de relatos gañadores de distintos concursos feitos no IES nos últimos anos. Deste xeito,con inaprezable pracer, volvemos a mostrar que temos unha nova xeración ou "tropa" de futuros escritores que saben plasmar con palabras este mundo tan complexo no que habitamos. Noraboa a todos os que se atopan no libro e tamén, ós futuros, que, de seguro, estarán en novas publicacións. E como di Pedro Feijoo Barreiro, prologuista de excepción desta obra: " Aquí vos deixamos esta antoloxía, praza de diálogo futuro. Que sexa do voso gusto!"
.
Etiquetas:
Animación a lectura,
creación,
premios,
presentacións
sábado, 1 de novembro de 2014
mércores, 11 de xuño de 2014
luns, 9 de xuño de 2014
xoves, 5 de xuño de 2014
Novidades para o verán.
Aquí tedes algunhas das novidades para este verán. A partir do día 17 de xuño podes pedilas na Biblio. Lembrade que as devolucións faranse en setembro.
mércores, 28 de maio de 2014
venres, 23 de maio de 2014
mércores, 23 de abril de 2014
Bases do IV Certame de Narrativa Mª Victoria Moreno
Chegamos a IV edición. Esperamos e estamos seguros dun novo éxito na convocatoria. Sobre o inicio da novela " A memoria da choiva", tedes que inventar un relato. Sorte e acertade cun "tiro axeitado". Estas son as bases:
Etiquetas:
actividades,
concurso
Entre o libro e as letras 2014
Aquí temos o programa de actividades da Biblioteca para estes días.
Igual que outros anos, temos un autor homenaxeado, neste caso Pedro Feijoo, cunha pequeña exposición feita no centro sobre a súa vida, e con traballos literarios e pictóricos baseados na súa obra " A memoria da choiva".
xoves, 13 de marzo de 2014
mércores, 12 de marzo de 2014
luns, 30 de decembro de 2013
Concurso de postais de Nadal 2013
Postais from torrentegalego on Vimeo.
Etiquetas:
actividades,
Concursos
luns, 16 de decembro de 2013
xoves, 12 de decembro de 2013
Guía de recomendacións de Nadal
Libros para ler, libros para regalar, libros para soñar. Xa están na biblioteca. Estas son as nosas recomendacións para as próximas festas. Preme na imaxe de Lucía Souto Esmorís, alumna do centro, e que serve tamén para desexarvos unhas boas vacacións e un feliz Aninovo.
Etiquetas:
Animación a lectura,
Recomendacións
martes, 26 de novembro de 2013
Guía da Biblioteca para familias
No mes de novembro presentamos ás familias do instituto a nova guía da biblioteca. Aquí a mostramos por se non tedes o tríptico.
Etiquetas:
Animación,
Biblioteca,
Formación de usuarios
venres, 22 de novembro de 2013
luns, 18 de novembro de 2013
Formación de Usuarios
Formación de usuarios 2013 from Biblioteca Torrente Ballester on Vimeo.
Como vén sendo habitual no primeiro trimestre do curso, o
equipo de biblioteca presta unha atención especial aos alumnos de nova
incorporación, aos de primeiro de ESO e Bacharelato sobre todo, celebrando unhas xornadas
nas que se lles dan indicacións do funcionamento da "biblio" e de como está
organizada, para que poidan ser autosuficientes á hora de buscar os materiais que precisen.
Aquí tedes unha
pequena mostra da formación de usuarios deste curso.
xoves, 7 de novembro de 2013
O samaín nas aulas
Vimos de iniciar o curso na biblioteca do IES coa incorporación de novos colaboradores, redución do horario de atención e máis ordenadores para os usuarios. Queremos hoxe presentarvos a primeira das actividades programadas. Trátase da celebración do Samaín.
Etiquetas:
actividades,
Concursos,
Días especiáis
mércores, 6 de novembro de 2013
Día dos mortos
A biblioteca do IES dedicoulle este ano a celebración do Samaín a México e outras culturas non tan afastadas como Exipto, Nepal, etc.
Con este motivo celebramos unha serie de actividades como un concurso chamado "Eu que sei" do que vos deixamos o tríptico que utilizaron os alumnos para buscar a información.
A biblioteca engalanouse para a ocasión cun altar de mortos. Ao pé del estaba a nosa Catrina velando a memoria do seu home, o pobre Ensino Público. Aquí tedes unhas imaxes do velorio.
Día dos mortos from Biblioteca Torrente Ballester on Vimeo.
O alumnado, para a ocasión, escribiu "calaveritas".¡Aiiii, que pena!
Unha exposición de literatura e películas de medo e proxeccións durante os recreos na entrada do IES completaron o acontecemento.
Con este motivo celebramos unha serie de actividades como un concurso chamado "Eu que sei" do que vos deixamos o tríptico que utilizaron os alumnos para buscar a información.
Día dos mortos from Biblioteca Torrente Ballester on Vimeo.
O alumnado, para a ocasión, escribiu "calaveritas".¡Aiiii, que pena!
Unha exposición de literatura e películas de medo e proxeccións durante os recreos na entrada do IES completaron o acontecemento.
Etiquetas:
Animación a lectura,
Celebracións,
Concursos
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)












.jpg)





